Enerxía

De Desgalipedia
Se quedas sen enerxía sempre pode erguer unha antena dedal coa que captar enerxía ambiental.

A Enerxía é unha forza invisible pero que move cousas, transforma corpos e atópase en todas partes.

Concepto[editar]

Este concepto foi inventado por René Descartes e Isaac Newton tras ver un episodio de Expediente XXX no que as cousas levitaban por sí soas ou por causa dunha pantasma, polo que tras unha inxesta masiva de bourbon nun puticlú dos Países Baixos (lugar de liberdades no séc XVIII) sacaron varias teorías e uns tomos que ninguén se leu pero foron igualmente queimados pola Inquisición dos países protestantes e españois.

Tipos de enerxía[editar]

  • Enerxía clásica: a de toda a vida e que nunca pasa de moda.
  • Enerxía alternativa.
  • Enerxía mecánica.
  • Enerxía electromagnética.
  • Enerxía Reiki.
  • Enerxía termodinámica: a que sale das augas dos balnearios e por iso se te metes nela saes radioactivo perdidiño, como o Doutor Manhattan de Watchmen!
  • Enerxía do valeiro: o combustible das naves espaciais... cando atiopemsoa mordiskitos de Futurama!!
  • Enerxía de enlace: a que fai que teus a´tomos non se desunan e te desintegres!

Métodos para usala e convertila en algo útil[editar]

Enerxía conseguida polo método capitalista.

A enerxía pode almacenarse en pilas, conas e testículos debido a seu alto contido en sodio e putonio nembargantes a posición carnal fai que se dispare en fogonazos sentimentais que levan á destrución moral de seus contedores polo que existen diferentes métodos para ser enerxético e seguir vivo:

  • Método relixiosos: mediante a programación ioga, reiki ou rezar o rosario podes achegarte a estados subluz de contención de enerxía e lograr unha kamehameha de nivel 5 que pode furar canta nave espacial se achegue con intencións amlévolas.
  • Método científico: moi aburrido e para conseguir algo tes que estudar moito polo que é pouco recomendable, ademais podes rematar como Marie Curie.
  • Método hippie: mediante a mezcla de diferentes relixións e o uso incontrolado de drogas podes ampliar a túa mente e conseguir conter a túa enerxía para poder voar, enchufarte a fábricas e conseguir grandes producións, etc.. eso sí, podes acabar parvo como Cañita Brava!
  • Método pailán: consiste nun uso machote de instalacións eléctricas e nucleares coma se fose a cociña de túa nai.
  • Método galego: consiste no emprego de LK como combustible e no abuso de instrumentos musicais pseudoceltas para conseguir unificar e controlar a enerxía nunha soa canle para conseguir o trunfo do IV Reich Galego.
  • Método comunista: emprega grandes factorías automatizadas para que os traballadores poidan estar de vacacións pagadas todo o ano.
  • Método capitalista: emprega máquinas para escravizar humanos e manter o control da Plutocracia sobre o resto da humanidade mediante sistemas socioeconómicos inxustos e amorais.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Enerxía.
UnCommons
UnCommons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos[editar]