Escala de Bristol

De Desgalipedia

A escala de Bristol ou escala das feces de Bristol é unha táboa visual empregada en medicina coa fin de clasificar a forma das feces humanas en sete grupos. Foi desenvolta por vez primeira por médicos coprófagos que non tiñan moito que facer na Universidade de Bristol e foi publicada no xornal da Wikipedia.

Tipos de feces[editar]

A forma das feces depende do tempo que estas pasen no colon, unha parte do intestino groso.

Os sete tipos de materia fecal son os seguintes:

  • Tipo 1: Anacos duros separados, como noces, que pasan con dificultade.
  • Tipo 2: Como unha salchicha composta de fragmentos.
  • Tipo 3: Con forma de morcilla con fendas na superficie.
  • Tipo 4: Como unha salchicha; ou serpe, lisa e branda.
  • Tipo 5: Anacos de masa pastosa con bordos definidos, que son defecados facilmente.
  • Tipo 6: Fragmentos brandos e esponxosos con bordos irregulares e consistencia pastosa.
  • Tipo 7: Acuosa, sen pedazos sólidos, totalmente líquida.

Os tipos 1 e 2 indican obstipación; os 3 e 4 son feces ideais, especialmente o 4, xa que son os máis doados de defecar; os tipos 5, 6 e 7 tenden cara á diarrea ou o cólera.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Escala de Bristol.

Outros artigos[editar]