Esquerda política

De Desgalipedia
Hammer and sickle.png Atención, Kamarada!

Este artigo foi aprobado polo Consello de Protección a moral da Familia Soviética como libre de contido subversivo.
Se vandalizar aquí a marcha revolucionaria, Stalin ha che mandar ao gulag

A Esquerda política son un fato de persoas, institucións e desgobernos manipulados polo KGB que quere destruir a civilización cristiá occidental.

Historia[editar]

Esquerda política nun restaurante.jpg

Todo comezou cando a Revolución francesa, nas asembleas de todo o reino os inimigos de Francia e do seu amado rei sentaban á esquerda (porque os que estaban no lado dereito estaban marcados por francotiradores da KaGeBen) así a Nobreza, a Monarquía e o Antigo Réxime caeron destruidas pola Burguesía, os empresarios comezaron a reinar.

Estos descridos romperon a armonía internacional e inda por riba expandiron as súas ideas totalitarias por todo o planeta, afortunadamente o karma vingouse deles e a clase obreira comezou a organizarse para defenderse polo que os burgueses abandoaron a esquerda quedando só nela os obreiros.

Debido á incultura e zafiedade desta caste social durante anos andiveron con mixiricadas románticas e logo co socialismo utópico, ata que o profeta Karl Marx baixou dos Alpes coas táboas da lei, O Capital, na que propugnaba a guerra civil en cada país (loita de clases) e ditadura do proletariado (sistema socialista de goberno). Os proletarios deixaron as mixiricadas e uníronse na Internacional socialista, a burguesía ao ver isto enviou axentes segredos para romper a súa unión e mediante sobreideolixación quebraron o movemento obreiro en dous, socialistas e anarquistas. Estos comezaron a ir mais á ópera, onde se fixeron culturetas de tal forma que comezaron a usar bombas Orsini contra dos empresarios, actores e bailarinas de cabaré que alimentaban o entramado burgués.

No decorrer do século XX a esquerda seguiu evolucionando, dando lugar ao Comunismo e á Socialdemocracia, nesta última metéronse todos os que fuxían de Lenin, polo que moitos actores e escritores se pasaron ao socialismo, de tal forma que o PSOE acabou axudando á ditadura de Miguel Primo de Rivera xa que aos obreiros tanto lle tiña que tipo de goberno houbera mentes lles deran o seu salario xusto. Durante a crise de 1929 en Europa occidental radicalizouse toda a esquerda debido a que estaba de moda o death jazz e fixo que os esquerdistas comezasen a adorar a Stalin polo que os burgueses comezaron a adorar a Benito Mussolini xa que os empresarios comezaron a ver que era mais divertido unha ditadura nacionalsocialista que unha democracia liberal apestosa que non servira para parar a Primeira Guerra Mundial.

Tralas Guerras civís europeas a esquerda quedou englobada entre stalinistas e socialdemócratas, estes pactaron co demo a cambio de non apoiar a revolución e apenas conseguiron votos durante os anos 40 ata os setenta, época na cal puxeron de moda a socialdemocracia mediante catedráticos e artistas esquerdistas, vendendo así á clase obreira, a esquerda política desfíxose da cultura obreiria xa coa gauche Divine e abrazou o cosmopolitismo e a frivolidade levando a loita polos medios de producción á televisión. Foi nesta época cando a Dereita política comezou a atacar á cultura.

Economía esquerdista[editar]

A economía esquerdista está baseada en gastar pouco no personal (non ducharse, levar guedellas e ir cos pés negros) e moito en festivais, botellóns, pagar a Cineastas aburridos ou incomprensibles como Pedro Almodóvar, financiar institucións progressistas que lavan o cerebro ós neos con ideas tolas (paz, amor, ecoloxismo, satanismo) e que o Estado lle dé cartos aos vagos, putas, maleantes, artistoides, frikis e outras rémoras sociais, asi que básicamente a economía da esquerda política está no dar dar e gastar nos seus amigos e nada mais, polo que os seus desgobernos acaban sempre na ruina debido a que non saben empregar a economía contemporánea.

Sociedade[editar]

A esquerda representada no anime Zero kara Hajimeru Isekai Seikatsu.

A esquerda ve a sociedade como un todo, sen diferencias, pensa que só existe a humanidade e que hai que tratala ben e protexela, nin que fora a humanidade unha raza en perigo de extinción!! Aparte aproban o uso legal de drogas e legalizar vicios como o debeber viño ao volante (boeno, iso ía no programa de Aznar sorry!) así como que o sexo sexa libre e prohíba aos pais meter ás súas fillas para protexelas dos sátiros en mosteiros de clausura, polo que cun goberno de esquerdas aumentan as ETS e a humanidade cae no pecado mortal á vez que queren permitir a prostitución e o aborto, todas medidas antirracionais e antieuropeas (anticristián o de legalizar as putas non eh que San Agostiño as miraba ben). A pesar de subvencionar a todos dios non queren subvencionar á Igrexa católica!! Pero non ven que Deus se vai cabrear con nós se seguen facendo iso?!?!?!

Partidos políticos de Esquerda en España[editar]

  • EU
  • BNG
  • PSOE (só cando están na oposición)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Esquerda política.

Outros artigos[editar]