Estado

De Desgalipedia

Estado é un ente abstracto que sin embargo pode fastidiarche a túa definición.

Historia

Debido a que sempre hai persoas que queren dominar a outras persoas fóronse creando diferentes sistemas de dominación ó longo do tempo, perfeccionando ó longo dos séculos o sistema (cacicatos, reinos, imperios, reinos absolutos, reinos parlamentarios, repúblicas presidencialistas, repúblicas parlamentarias, repúblicas federais, etc) ata conseguir dar coa palabra máxica e salvadora, o ESTADO.

Grazas a ela podo dominarte muahahahahah!! e dar incentivos e correctivos a todo o mundo, así en plan cibernético de uns e ceros: si quero que o policía MCosX reprima unha manifestación premo "1", se quero que policía MCosX fique á espreita premo "0", se quero que protestes premo "1" e se quero que cales premo "0". pero debido ós órganos de consulta popular hai que limar esta linguaxe asi que emitimos consulta spopulais, decretos, referédums, leis, leis orgánicas, etc.

Uns estados son mais ricos ca outros según o tipo de institucións que teñan e determinan as restriccións e incentivos nas interaccións das persoas, por iso a base do Estado é a propiedade privada e a seguranza xurídica, seguido da clase dirixente que haxa neses estado así como dos recursos naturais existentes no territorio estatal.

Composición

Soe estar composto por:

  • Mala leite.
  • Poder.
  • Miles de policías.
  • Mecanismos sociais e cooperativos.
  • Miles de gardas civís.
  • Institucións que só serven pra que sobrevivan parásitos (políticos, relixiosos, etc)
  • Organizacións criminais.
  • Institucións non voluntarias.
  • Edificios cheos de burócratas que che din arre ou xhó.
  • Miles policías-burócratas.
  • Trillóns de secretarios xerais.
  • Miles de Comisarios rexionais.
  • Centos de chupatintas.
  • Unidades de dominación BDSM.
  • Poderes non precisamente máxicos pero que poden ser máxicos.
  • Mala leite e chupatintas policiais con complexo de inferioridade.

Estados mais populares

Véxase tamén

Outros artigos