Estrela da Morte

De Desgalipedia
A Estrela da Morte en construción na órbita da Terra. Ou sería a Wikipedia?
Cita1.pngUnha Estrela da Morte era unha estación de batalla Imperial do tamaño dunha lúa militarmente armada cun superlaser destrutor de planetas.Cita2.png
NASA sobre Estrela da Morte.
Cita1.pngNon tanto orgullo dese terror tecnolóxico que construíu.Cita2.png
Darth Vader sobre a cita acima
Cita1.pngIso non é unha lúa!Cita2.png
Obi-wan Kenobi sobre a Estrela da Morte.

A Estrela da Morte (coñecida tamén como Estación de Batalla Orbital EM-1) foi o máis temible arma feita polo Imperio Galáctico e unha das máis poderosas armas da Galaxia. Tras a súa destrución da primeira por parte de Luke Skywalker veu a segunda Estrela da Morte.

Historia[editar]

Estrela da Morte proxecto.jpg

A poderosa estación foi buscada en Geonosis por científicos tolos e os plans gardados por Conde Dookan e entregadas a Darth Sidious en Coruscant.

A segunda Estrela da Morte foi unha xigantesca Estación Espacial, con 900 km de diámetro, practicamente unha lúa, que cargaba miles de soldados e Cazas TIE. Tal como a primeira, posuía un superláser, capaz de fritir destruír planetas. A segunda Estrela da Morte, por atoparse aínda en estado de construción con traballadores galegos, atópase protexida por un escudo defletor, emitido por unha base oculta nos bosques da lúa do planeta Endor.

Así como na primeira, a destrución da segunda Estrela da Morte comezou coa desactivación do escudo defletor por parte dun grupo de rebeldes coa axuda dun 'ben organizado' exército de Ewoks. Mentres tanto a Flota Rebelde atopaba-se con dificultade combater a Estrela da Morte e as Resto Naves.

Instalacións da Estrela da Morte[editar]

Interior dunha Estrela da Morte.

A estación é moi avanzada e ten ao seu dispor diversas instalacións, entre elas:

  • Unha ponte de mando.
  • 20 cuartos da tripulación con máis de 9000 baños públicos e 100 baños privados.
  • Un superláser.
  • 10.000 km² de espazo adicional innecesario con aparcamento cuberto para cazas Tie
  • Un hotel con antena parabólica (para ricos, famosos e luxosos) con cuartos vagos para putadas, 2 piscinas, playground para os mozos Siths e unha central clandestina de TV por cable.

Superláser[editar]

O superláser da Estrela da Morte era un tipo moi perigoso de super arma que podía unir varios feixes de láser nunha única dirección, converténdose os un único feixe maior e máis poderoso. Este dispositivo devastador foi deseñado para destruír planetas con só un disparo na potencia máxima. Con todo, outro tipo de superláser, a pequena escala, foi usado polos klingons nas súas fábricas de droides para derreter o queixo.

Desgalería de imaxes da Estrela da Morte[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]