Estremadura, España

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Estremadura, Portugal.
}
Extrema y Dura.
Estremaúra
 

[[Ficheiro:|center|240px]]

 
Estado España España
Capital
 • Poboación
Mérida
Linguas
 • Oficiais
Castalán, Extremeñu
Castelán, carallo!!!
Estatus
 • Führer
Junta

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

n/d
n/d
n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade


n/d
Xentilicio extremista.
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .es
Código ISO EX
Subdivisións de España

Extremadura é unha república presidencialista do mediodía da Península Ibérica.

Xeografía física[editar]

Limita ao Norte co País Llionés, ao leste con Castela (o imperio mesetario) ao sur con Andalucía e ao oeste con Portugal (o imperio toallil).

Estremaúra atópase dividida en dúas concas hidrais, a do Texo e a do Guadiana, onde campan os extremistas protexendo o seu gando e materias primas do imperialismo de Hespañistán chegando ao extremo de provocar incendios para que Madrid e Cataluña non os invadan, debido á bravura dos seus habitantes (os extremistas) o IV Reich Hispánico inventou unha polñitica imperialista agochada baixo a seducción, usando para elo subvencións (así consiguen cabrear aos cataláns) e mediante nacionalismo españó.

Clima[editar]

Debido á protección das serras do sur e á estepa norteña hai unha enorme variedade climática, así no norte existen glaciais e no sur desertos de sal. O pico mais alto é o Calvorota, e conta con importantes paisaxes, como o Val do in-Jerte (onde se atopa a plantación mais grande do mundo de cocaína arborícola) As Hurdes(onde Luis Buñuel perdeu, aposta, a virxindade).

Xeografía política[editar]

Estremaúra atópase configurada polas provincias de Cacerola e Badboys, sendo ambas vasalas da capital, Mérida. Desde onde o radical extremista (nome do seu presidente) controla a todos e ninguén se mova, e se o fai o envía a patrullara fronteira con Portugaliza, aínda que enbreves será Badaxoz a capital tras un golpe de Estado promovido po ácratas comunistas feixistas que levarán a cabo a colectivización estatalista do campo eliminando os cacicatos do PPSOE.

Historia[editar]

Artigo principal: Historia de Estremadura.

Extremadura foi fundada por Viriato, que ergueu aquí un reino pastoril onde se vivía feliz comendo perdiz e cantando odas a belas serranas ata que veu o Imperio Romano e os conquistou coa excusa de que os lusitanos lles roubaban o trigo da meseta.

Foron liberados da escravitude dos romanos grazas aos suevos pero viñeron os visigodos a soldo dos romanos e lles reconquistaron esta zona, debido ao caracter tan simpático entre os godos (trouxeron o costume de odiar ao veciño) comezaron a reinar tamén aquí e provocar guerras civís e como morría tanta xente acabaron traendo mercenarios de África e ao final déronlle o poder a Abderramán I que reinou en toda España. Execepto nesa zona onde Ibn Marwan al-Yilliqui consegiu libertar esta zona durante décadas do poder do Islam español e fundar Badaxoz ata que estas terras caeron baixo poder dos caciques de Al-Ándalus ata que foron sustituidos polos caciques do reino de León.

DesOrganización territorial[editar]

Comarcas[editar]

Economía[editar]

Debido á sua situación xeográfica atópase dividida entre dous tipos distintos de clima, por un lado o frío norteño e do outro o calor sureño, o que fai que sexa como os Estados Unidos de América, onde a industria se atopa no Norte e o agrícola no Sur, onde se dan casos de mestizaxe entre brancos, negros, marroquinos, orcos, rumanos, nazis fuxidos da persecución xudea, etc

A súa riqueza depende do comercio internacional con Portugal, intercambiando tabaco e pimentón por toallas e escravos das vellas colonias, esta economía de troco viuse seriamente afectada cando Madrid intentou invadir Lisboa enviando á lexión ao mando de Mario Conde conquistar bancos lusos, debido a unha tropa hostil da OTAN finalmente España non puido conquistar Toallilandia e Extremadura seguiu pobre e rural, como daquela gobernaba o PSOE pois non se deixou que Buñuel Jr VI pasara polas Hurdes a rodar a miseria e supersticións do lugar para non dar mala imaxe e así poder encher o IFEBA de ricachóns/inversores e papalos a todos entre lonche e loncha de xamón celtibérico.

Coltura de Estremaúra[editar]

A cultura extremeña atópase encadrada no sector Occidental polisantista europeu, raza galega, especie sureña, que deu figura senlleiras como Domingo Frades, Robe Iniesta.

Debido á súa economía milenaria baseada na explotación da terra (suponse que para sacar ouro e petróleo dela) houbo moita inventiva e inxenio tanto na cerámica como no urbanismo, que levou a facer aldeas nos outeiros centralizados en torno a templos do Polisantismo falócrata (éste carcater ven dado polo seu falo/campanario), este esquema foi seguido incluso durante a época do Euroislam e logo acentuado coa repoboación de galegos traídos para trabalar estas terras conquistada ao Al-Ándalus.

Gastronomía extremeña[editar]

A gastronomía de Extremadura, ou gastronomía extrema, está baseada única e fundamentalmente no porco, debido a que durante séculos os extremeños tiveron que convencer á Inquisición española de que non eran xudeus nin musulmáns e por iso estaban todo o tempo comendo porco para así libarse de monxes dominicos ou franciscanos que lles querían papar todo o capital e deixaran de falar lagarteiro. Os garbanzos métense tamén para alimentar a industria bélica para encher bombas con gas peideiro contra os imperialistas de Toledo e Gitaña.

Teñen o seu Entroido (Antrueju) baseado nos chirivehis (incluso nas Hurdes teñen un semellante ao de Melón) burru antrueju, etc.

A fala[editar]

Trátase dunha variante do galego que co tempo evolucionou influido por linguas veciñas (alemán, portugués, gabacho, llionés, árabe, castelán, iidish) seica foi traído aquí por Ibn Marwan al-Yilliqui para encher con galegotes a recén fundada Badaxoz, pero xa se sabe que os da ciudá sonche uns falsarios que se venden á última moda e o abandoaron polo que agora só se conserva nos vales de Hálama e Valli con particulariais dialetalis por iso de cada persoa é un mundo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Estremadura, España.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Comunidades autónomas de España
Flag of Spain.svg
Andorra Andorra - Bandeira de Aragón.png Aragón - Asturias Asturias - Modelo:BAL - Modelo:CNR - Modelo:CNT - Modelo:CLM - Castela e León Castela e León - Cataluña Cataluña
Estremadura Estremadura - Bandeira de Galicia.jpg Galicia - Madrid Comunidade de Madrid - Modelo:MUR - Modelo:NAV - A Rioxa A Rioxa - Modelo:VLC - País Vasco País Vasco

Cidades autónomas
20px Ceuta - 20px Melilla