Eugenio Granell

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Euxenio Granell
Granell.jpg
Información
Nacemento Vai ti saber.
A Coruña Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Revolucionario e pintor.

Eugemio Granell foi un poeta e pintor galego, pasou polo comunismo e surrealismo, esta mezcla era demasiado pro padar de Franco e fuxiu por ahí adiante.

Vida e obras[editar]

Naceu en A Coruña durante a bélle époque, trala Iª Guerra Mundial foi estudar o bacharelato a Santiago de Compostela, onde estivo como tirabuleiro, de onde lle viu a paixón pola arte contemporánea(xa sabem ésa cousa que só entendes tras facer un curso de 5 anos). Como dauela a USC só producia avogados, curas e médicos Eugenio marchou a Madrid a estudar música durante os tolso anos 20, indo formarse ós cabarets e demais, pois non, a academia e orquestras onde aprendeu o oficio e se fixo comunista durante a IIª República Española,mais como estaban nun período pouco democrático e pactista foi detido porque daquela estaba o PP no goberno e un músico comunista era demasiado perigoso como pra andar solto por ahí.

Durante a Guerra Civil Española serviu no exército leal e foi destinado ó levante español contra o exército desleal. Debido a que os eu partido é ilegalizado pola presión da URSS vaise cos anarquistas a Aragón a pelexar contra os requetés vascos, afortunadamente non bateu cun baseritarra que se nón non o contaba...asi que puido fuxir a Francia ó perderen a guerra contra Franco e Hitler. No país gabacho andivo de campo de refuxiados en campo de refuxiados, vixiado polos xendarmes aínda é capaz de evadirse dos campos de concentración franceses e vagar pola Rochela mentres os nazis son axudados pola Francia profunda a seren autoinvadidos(trala guerra dirán que foron conquistados e todo o mundo era da resitánce,si si claaaro) Euxenio consegue fuxir nunbarco como polizón, e dutrante a travesía faise surrealista, xa que eraa única forma de sobrevivir un par de semanas illado noocéano e illado no barco e despois lle permitirá voltar a España como pintor(porque Salvador Dalí tamén era surreañista e mira que ben se levaba co franquismo).

Chegan a América e vivie o soño americano, indo de país en país e rematando nunha universidade de prestixio, porque o de ser comunista debeuno de esquecer durante a travesía oceánica e permitíronlle estar en todas partes, levándose só mal co neurótico ditador Trujillo, que vía con malos ollos que os exiliados republicanos se xuntasen tanto. Cando puxoo pé en Colombialand un paxaro Pi díxolle como ser o rei do mambo e consegiuno, mercándolle un cadro o MOMA, mais o paxaro PI vóou vai ti saber onde e foi perdendo fuelle, voltando á matria e morrendo a finais dos oitenta.

Obra[editar]

súa obra móvese denro do surrealismo, pero influenciado por Picasso que o leva consumir dietilamida e ver cousas raras(seica viu a Yog Sothothe lle comeu o paxaro PI) ademais o consumo diario de café e LK fai que súa spincelaas sexan fortes e fluídas, o que posibilita a entrada ao aléna través do tantra kirogui yanga, as figuras malformadas e amorfas tirando a siluetas con forma sfamiliares pero dunha suxerencia malévola fan que seu arte non sexa bó prós centros médicos e telvisivos,raón pla que apenas é coñecido.