Física

De Desgalipedia

A Física é un instrumento abstracto do cal se sirve a humanidade pra conquistar TODO o universo (por iso Sheldon Cooper a quere tanto).

Historia[editar]

Ficheiro:Cientifica-01.jpg
Típica doutora en física.

Esta ciencia foi inventada por varios humanos do norte de Europa pra poder saír nas enciclopedias de ciencias naturales, logo embrollaron de tal forma ás universidades e aos filósofos de tal forma que a maioría deles se convertiron en físicos e deixaron de lado ao home pra centrarse no universo, xa que iso lles reportaría mais consideración social e nunca mais lles chamarian gais e si frikis.

Física antiga[editar]

  • Física grega: aquela que os filósofos gregos estudaban mentre sos escravos traballaban por eles na finca, grazas a ela algúns descubriron que a orixe do mundo era a auga e pelexábanse contra os que decían que a orixe do mundo era o lume, a veces éstes xuntábanse cos tomistas, que decían que todo estaba formado por átomos e remtaban por irse de putas ó mesmo puticlub que Aristófanes, e éste logo os poñía a parir nas súas obras de teatro.
  • Física medieval: apenas existiu xa que nesta época explicaban todo coa "vontade de Deus", mais algúns cabezotas como Guillerme de Okhan seguiron facendo experimentos raros e un rabino eslavo creou o Golem e a liou parda.
  • Física da Idade Moderna: nesta época o grandísimo fillo de puta de Newton comeza a furar no tecido da realidade e invéntase as leis newtonianas (primeira segunda e terceira leis de Newton) pra conseguir becas do goberno da súa graciosa maxestade.
  • Físca occidental: debido a que as máquinas e os proletarios traballaban por todo o mundo houbo mais xente pra estudar esta materia e crearon tonterías tales como a bomba atómica.

Física moderna[editar]

Actualmente e grazas ós escravos do Terceiro mundo puidose adiantar en física un montón, descubríndose a física cuántica e deixando en gaiumbos ós físicos e antano.

Usos da física[editar]

Alberto Núñez Feijóo controla ás leis da física!
  • Crear unha bomba atómica.
  • Crear enerxía atómica e pilas que duren milenios.
  • Ir a clases de educación física con gafas de pasta.

Físicos[editar]

Grandes físicos universais[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Física.

Outros artigos[editar]