Falange Española

De Desgalipedia
Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Falange Española e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.
Banderaespaña.png Este artículo contiene una alta dosis de humor español que probablemente
no entiendas si no provienes de la Península Ibérica o de las colonias restantes)
Si no eres de esta casta tierra, probablemente pierdas el tiempo leyendo esto.


Falange Española (BNG)
Fronte de partidos políticos inúteis de Galiza
Logo da Falanxe, onde pouco se viu a súa ideoloxía feixista colonial...
Dirixentes e organización
Líder Manuel Fraga
Mocidades Frechas e Paios.
Filiación internacional White Weapon
Historia
Fundación 1934
Posicións políticas
Ideoloxía Socialismo, Comunismo, Nazismo, Nacionalismo español, Nacionalismo marciano, Democracia Orgánica, gorenat pola resurreción do Imperio Español e contra o Pacifismo
Outros datos
Sede Catalunya
Cita1.pngEu son moi de médicos, voulles dar moito traballo ahahah!!Cita2.png
Juan Canalejo sobre seu partido

Falange Española (FE) foi un partido conservador reaccionario fundado na Prehistoria para que Benito Mussolini invadira España no seu intento de resucitar o Imperio Romano.

Orixe[editar]

Fraga fundando a Falange en 1933 nna Coruña.

Esta organización foi fundada por un hipster fillo dun dictador (Miguel Primo de Rivera) tras manter relacións amorosas en París con Mussolini e acordaren os dous que a cambio dunhas cartiños o espagnolinho fabricaría un partido feixista en España e logo entregaríao a Mussolini pra resucitaren parte do Imperio Romano.

Historia[editar]

Tras esta reunión segreda Primo de Rivera Jr. foi a Madrid, e alí xuntou á súa pandilla nun botellón e comezoulles a contar que España ía mal e que habia que facer algo se non a esquerdas ían facer de España o paraíso na terra, asi que fundaron o partido, á hora de poñerllo nome decidiron que sería un nome moi viril, asi que le puxeron "Falange" (por iso da cantidade de dedo que se metían no cando se masturbaban todos xuntos) e o adxectivo "española" (pra que á hora de buscalos na Wikipedia non lles saíse fotos de dedos, e o que realemnte se fai con eles.

Durante a IIª República Española tentaron acceder ao poder mediante as receas de Mussolini que a Hitler tan ben lle deran efecto en Alemaña, pero como no Estado Español xa viviran a experiencia dunha dictadura ninguén botou por eles, tiveron que esperar a que varios militares descontentos se les achegaran e os utilizaran pra dar o golpe de estado e shockear á poboación civil coa súa verborrea e o cheiro que desprendían dos sobacos cando saudaban estilo romano. Grazas a isto gañaron a Guerra Civil Española e un dos militares golpistas, Francisco Franco, serviuse deles pra afianzarse no poder no primeiro momento e obter miradiñas de amor dos réximes feixistas de Italia e Alemaña.

Durante o Franquismo tiveron moito peso, pero foron apratdaos por si asustabana Míster Marshall e logo foron perdendo mais poder fronte aos do Opus Dei, a pesares d eter algún peso pesado como Manuel Fraga do seu lado. Durante a Transición (ou segunda Restauración Borbónica) Falange tentou que o votasen mediante técnicas feixistas (atentados, coaccións, demagoxia...) mais non conseguiron ren, soamentes en algúns concellos conseguiron concellais e algún alcalde.

A Falange Española en Galicia[editar]

Falanxista.jpg

Falange estivo ben organizada a pesar da súa marxinalidade, na Galicia republicana, en todas as capitais e cidades e en vilas, e promoveu desordes numerosos e mesmo ocasionou mortos incluso antes da Guerra Civil; estaba composta por fillos de papá, pijos, algún cultureta desnortado, españolistas, imperialistas, terroristas, homosexualistas e bigotistas (estilo Chaplin).

Estos mozos non tiñan mellor forma de pasar o tempo durante a IIª República que de ir a disparar a manifestacións dos obreiros, disparara sedes de partidos de esquerdas ou anarquistas, facer orxías con monxas (previo permiso bispal offcourse).. todos estes comportamentos non lle auguraban moito futuro, pero debido á súa alianza cos soldados descontentos (sobre todo oficiais que querían ascender rápidamente) organizáronse pra reprimir calquera reacción contra do golpe de estado do 36, chegando a tomar polas armas algún concello coa excusa de que ían repartir armas á poboación, e así pillaron a moitos gobernadores civís en gayumbos. Durante a Guerra Civil algúns formaron milicias e foron ao fronte, invadindo Asturias e a Teruel (onde moitos desapareceron debido á inexistencia deste lugar), os que quedaron seguiron a facer paseos á luz da lúa con opositores políticos e algún que outro mestre, é durante esta época que Falange Española ten o maior número de militantes debido ás persoas que entran no partido pra que non as fusilen coma coellos. A pesares diso os de aldea pasaron como da merda diles e a maioría de falanxistas eran señoritos da cidade.

Durante o franquismo fixeron grandes cousas en Galicia:

  • Regaláronlle un pazo á familia de Franco.
  • Fixéronse alcaldes así mesmos.
  • Puxeron nomes a rúas con nomes dos do seu bando.
  • Ensalzaron a criminais.
  • Ergueron lápidas co seu logotipo en tódalas fontes das aldeas de Galicia.
  • Permitiron que Hitler enviara nazis a furar en todas partes pra levaren wolfram.
  • Permitiron que moitos criminais de guerra nazis fuxiran polos portos de Coruvijo.
  • Asulagaron vales pra que FENOSA tivera mais feudos.
  • Convirtiron o país nun loop merdieval.
  • Maquilláronse e así conseguiron saír ben no Libro de familia da Transición.

Durante a Transición e grazas ao seu traballo de colonización, non fixo falla facer publicidade en Galicia e botaron todos a Manuel Fraga, asi que só se adicaron a vir a GZ a tomar marisco, ir a orxías cos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego e dar algunha que outra malleira a algún hipster galeguista.

Ideoloxía[editar]

Debido a que seu líder non tiña moito tempo libre (tiña que ir aos casinos de botellón) fixo un refrito de feixismo, catolicismo conservador, voltar a resucitar os dominios do Imperio Español, tradicionalismo católico, etc.

O seu programa baséabase nunha mezcla de marxismo con nazismo e o xudaísmo sionista, as súas reformas sociais pasaban por facer que Estado se encargue de todo e que o individuo desapareza na burocracia e si no.. "dialéctica do puño e as pistolas". Debido á súa teima de refacer o Imperio Español foi vixilado pola OVRA (por iso de si Ozé Antunio quería invadirlle Nápoles e Sicilia ao Benito). O seu Estado está só pra que España non se rompa e di prohibir a democracia (ao mesmo tempo que di apoiar a liberdade humana).

Falanxistas famosos[editar]

  • Juan Canalejo: curuñés, fillo de papá qe solucionaba todo a tiros e se eran maís ca el corría a agocharse ao forno de seu pai, exmilitar retirado meteuse en política e foi famoso por facer tragar gasolina a seus rivais. Estando de putas en Madrid cos militares Franco deu o golpe de estado e él foi preso polo goberno debido a que seu partido político estaba dando un golpe de estado offcourse, foi morto por uns anarquistas incontrolados en Paracuellos.
  • Osama Bin landen: que quere implantar un goberno autoritario, centralista, unificado e confesional.
  • Francisco Franco.
  • Stalin: Idem.
  • Angel Colmeiro Laforet: Xuíz de Compostela que gostaba de foder masóns.
  • Rouco Varela.
  • Manuel Fraga.
  • Anxo Quintana.
  • Falanglisto: un listo que trala guerra consigiu un estanco de tabaco e ser funcionario sen pasar polas oposicións.
  • M.G. Zahera: que primeiro estivo no partido de Miguel Primo de Rivera na dictablanda, despois fíxose republicano e cando o golpe do 36 fíxose falanxista e andivo por Lugo matando tantos funcionarios e sindicalistas que os mesmo franquistas o tiveron que engaiolar.
  • Fernando Ónega.
  • Gloria Lago.
  • Rosa Díez.
  • Manuel Gutiérrez Torres:alcalde falangista de Cerdedo, en 2007 seus familiares denunciaron a un historiador por decir de él que fora un "presunto" asasino dos seus veciños, o historiador foi absolto en 2009.
  • Eu.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Falange Española.

Outros artigos falanxistas[editar]