Familia (bioloxía)

De Desgalipedia
Unha familia de Leporidae que presentase para a foto.

A familia é, en bioloxía, a unidade sistemática ou taxonómica situada entre a orde e o xénero, ou entre a superfamilia e a subfamilia se estivesen descritas, ou non.

Niveis de clasificación (de xeral a concreto)[editar]

En botánica, as familias de plantas son moi importantes, xa que difiren, por exemplo, das gramíneas das leguminosas e das palmeiras e coco e nestes casos, a desinencia latina da familia é -aceae, e en galego -áceas, agás algunhas familias debido ao uso tradicional do nome, aínda que ninguén fala estes nomes porque pronunciar "aceae" bloquea o idioma incluso para quen é nativo en latín.

En zooloxía a desinencia latina da familia é -idae, e en galego -idos (en palabra sempre esdrúxula) e agrupan a todos os animais da mesma familia. Se a familia é moi grande ou extrañamente distinta entre si, os científicos tolos crean as subfamilias onde se usan os sufixos inae, como é o caso de Bovinae (bovinos, animais dos que se fai carne moída ou a mortadela)) e Caprinae (caprinos, animais dos que a carne está feita de Nuggets) que son unha subfamilia das Bovidae, observa como as subfamilias son máis específicas que a familia, pero todas están relativamente próximas nos estantes dos embutidos.

Igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varias familias poden agruparse en superfamilias que rematan en oidae, e os individuos dunha familia poden organizarse en subfamilias (e estes á súa vez en infrafamilias) como Family Guy, American Dad! e The Simpsons.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Familia (bioloxía).

Outros artigos[editar]