Ferrol

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ferrol (homónimos).
Ferrol
Bandeira de Ferrol Escudo de Ferrol
Ferrolchapon.jpg
Situación
Situacion Ferrol.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia A Coruña
Comarca Ferrolauga.
Poboación Soviética. hab. (2018)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación Marciais.
Capital do concello Cuartel xeneral.
Política ()
Alcalde Darth Varehla (PPdeG)
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: Máis de 8000
PSdeG-PSOE: Outros tantos.
Outros: 0
anal óxica.
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
.ENCE
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2018, ou non.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Ferrol del PilloCita2.png
Google sobre Ferrol

Cita1.pngHierrol, se dice Hierrol!Cita2.png
Galicia Bilingüe sobre o nome de Ferrol

Ferrol é un barrio de Coruvigo, nos seus estaleiros (Astano e Bazán) construíronse os buques da federación Unida de Planetas Enterprise NCC-1701 e Entreprise NX-01, os buques da flota vogona, así como o Falcón Milenario, diferentes naves tipo Battlestar, Serenity, Great Fox, o Discovery 1 de 2001 unha odisea espacial, a nave espacial Corazón de ouro (seu campo de improbabilidade foi construido en Chindia)

Ferrol foi fundado por Ogum, deus do ferro, e de ahí lle ven seu nome, aínda que algúns herexes teimen en facer hipóteses absrudas sobre faros, faroles, santos bretóns e demais caralladas.

Historia[editar]

A famosa Semana santa de Ferrol.

Ferrol foi fundado por Breogán como o seu centro de loxístico e I+D e desde él Mil lazou a súa frota á conquista de América a través de Irlanda, levou e a cabo grandes políticas de obra pública e así erguéronse as urbnizacións de A Croa da Fontá, Castro dos mouros, Lobadiz, Tralocastro, Papoi, o Calvario, etc. Mais co Imperio Romano e o monopolio comercial do Vaticano o comercio púnico veuse abaixo e Ferrol convirtiuse nunha colonia e enchérona de escravos pra sacra ouro das minas de Covas, Doniños, Esmelle, menos mal que viñeron os suevos a liberar aos galaicos da opresión dos romanos (que coas presas esqueceron o tesouro Bedoya).

Durante a Idade Media foi bahía de piratas e os lordomani fondearon aquí erguendo unha colonia pra fundar un reino estilo Normandía pero o dono de Galicia (o arcebispo de Santiago de Compostela) non llelo permitiu e desde entón goberna estas latitudes a Inquisición española, que trouxo pra aquí a base militar pra tentar invadir Inglaterra e limpala de protestantes e demais herexes malditos de Deus, cousa que se consegiu no Universo paralelo pero neste non. O Imperio Británico tentou moitas veces conquistar isto pero debido á pestilencia das chemineas das Pontes de García Rodríguez sempre morreron en canto arribaban, sendo só conquistada por Napoleón Bonaparte porque o rei de Madrid quixo.

A praza de Gitaña coa estatua de... Stalin!!

Durante a Idade Contemporánea Ferrol seguiu a ser unha base de marines e de estaleiros, estando chea a cidade de soldados e mariñeiros nunca se chegou a producir a revolución obreira e Karl Marx perdeu certeza a partir de entón, por si fora pouco na Guerra Civil Española o almirante que estaba ao mando de Ferrol foi asasinado polos seus oficiais feixistas e pra celebralo puxéronlle á vila "El Ferrol del Pakillo", sobrenome que lle quedou de por vida, a pesar de que durante o goberno do PSOE na alcaldía llo tentaron maquillar voltou o PP e a coletiña segiu ahí.

Xeografía[editar]

Ferrol.jpg

Ferrol atópase no medio dun fiordo, onde desemboca un río contaminado e que fixo mutar aos habitantes facendo que fosen superheroes e conquistasen todo o golfo ártabro ata que Franco lle deu o poder á A Coruña nun acto esquizofrénico e así os señoritos coruñeses enviaron aquí a tódalas suxas industrias e se quedaron coa capitalidade de Galicia nos séculos escuros.

Ferrol surxiu do mar fai 666.069 millóns de anos do fondo do mar (sábese polas pegadas fósiles de Manuel Fraga en Serantes) que se veu subida a finais do cretácico cando Panxea se descolocou de novo e foi viaxando polo Océano Europeo ata bater coa Dorsal Galega e erguerse en plan Nepal sobre o mar. Debido ós volcáns do Monte Faro e Ventoso foise destruindo todo e volcando materiais ígenos polo Xuvia arriba, este proceso tan de Microsoft mudou durante o carbonífero cando o Xuvia comezou a excavar seu val e ararstrou sedimentos por todas partes, que co seu peso afundiron o val de desembocadura creando a actual Ría de Ferrol traslas grandes riadas terciarias, grazas á bosta dos dinosauros creouse a zona de esquistos en Trasancos.

Economía[editar]

Ferrol na Guerra Fórmica.

Durante centos de anos o mar foi a solución económica, xa pola pesca e comercio a ao final pola construcción de naves espaciais (trala recoversión naval deixouse de facer naves militares) trala globalización, países como Corea do Norte e Sri Lanka, grazas á súa man de obra escrava leváronse todo o traballo dos estaleiros para voltar as empresas asiáticas 50 anos despois a Ferrol a instalar estaleiros de novo, pero repoboando a zona(xa que no ano 2170 a comarca Ferrolterra estaba completamente deshabitada e foi preciso repoboala con chineses.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ferrol
Escudo de Ferrol.jpg
Brión (Santa María) | A Cabana (Santo Antonio) | Covas (San Martiño) | Doniños (San Román) | Esmelle (San Xoán) | Ferrol | A Graña (Santa Rosa de Viterbo) | Leixa (San Pedro) | Mandiá (Santa Uxía) | Marmancón (San Pedro) | San Xurxo da Mariña (San Xurxo) | Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia) | Serantes (San Salvador)

Lugares de interese[editar]

Monumentos de Ferrol[editar]

  • Praza de España: onde se dá un cúmulo de urbanismo metaloplástico.
  • Porta do Dique: se entras por ela serás detido polo KGB local e enviado a galeras!
  • Castelo acuáticos: poderosas fortalezas desde onde se tenta deter a chegada de Cthulhu (en van).
  • Conacatedral de Sanxiao: onde o marqués de Sade traduciu o Kamasutra ao europeo.
  • Teatro Jofre: nomeado así en honor ao emigrante que subvencionou a construción.
  • Cantón de Molíns: o central park ferrolán.
  • Doniños: onde se fan sacrificios humanos según os españolistas (que pensan que niños significa nenos).
  • Fonte Wallace: nela os neopagáns invocan a seres pandimensionais.
  • Seman Santa de Ferrol: O cuble de Klu Klux Klan local fai a súa Semana do orgullo racial.

Barrios de Ferrol[editar]

Maqueta Ferrol Vello.jpg
  • Esteiro: a Rusia galega, poboada por proletarios concienciados, estudantes revolucionarios e antros de birra.
  • Barrio da madalena: construida por Proust para xogar ao backgamon e ligarse algún oficial da mariña.
  • Arsenal Militar: cousa fea e castrense, onde se formaba antes aos marines.
  • A Magdalena: Onde María Magdalena pariu ao fillo de Xesús de Nazareth.
  • Ferrol Vello: andando pro estas rúas trasladaste a séculos escuros.
  • Canido: casas vellas que en breves serán cambiadas por edificios copiados de Nova York.
  • Ferrol Vello: andando pro estas rúas trasladaste a séculos escuros onde os ionkis e putas comezaron a facer erguer a economía desta cidade.

Cultura[editar]

Ferroláns famosos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Ferrol.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Ferrol
Comarca de Ferrol
Ares
Ares
Cedeira
Cedeira
Fene
Fene
Ferrol
Ferrol
Moeche
Moeche
Mugardos
Mugardos
Narón
Narón
Neda
Neda
San Sadurniño
San Sadurniño
As Somozas
As Somozas
Valdoviño
Valdoviño
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña
Provincia da Coruna en debuxo.jpg
Abegondo - Ames - Aranga - Ares - Arteixo - Arzúa - A Baña - Bergondo - Betanzos - Boimorto - Boiro - Boqueixón - Brión - Cabana de Bergantiños - Cabanas - Camariñas - Cambre - A Capela - Carballo - Cariño - Carnota - Carral - Cedeira - Cee - Cerceda - Cerdido - Cesuras - Coirós - Corcubión - Coristanco - A Coruña - Culleredo - Curtis - Dodro - Dumbría - Fene - Ferrol - Fisterra - Frades - Irixoa - A Laracha - Laxe - Lousame - Malpica de Bergantiños - Mañón - Mazaricos - Melide - Mesía - Miño - Moeche - Monfero - Mugardos - Muros - Muxía - Narón - Neda - Negreira - Noia - Oleiros - Ordes - Oroso - Ortigueira - Outes - Oza dos Ríos - Paderne - Padrón - O Pino - A Pobra do Caramiñal - Ponteceso - Pontedeume - As Pontes de García Rodríguez - Porto do Son - Rianxo - Ribeira - Rois - Sada - San Sadurniño - Santa Comba - Santiago de Compostela - Santiso - Sobrado - As Somozas - Teo - Toques - Tordoia - Touro - Trazo - Val do Dubra - Valdoviño - Vedra - Vilarmaior - Vilasantar - Vimianzo - Zas