Fiódor Dostoievski

De Desgalipedia
Fiódor Dostoievski

Fedorento Dostoievski
Datos persoais
Nacemento 11 de novembro de 1821 Non lembro...
Lugar Moscova, Rusia
Falecemento 9 de febreiro de 1881 Non sei.
Lugar San Petersburgo, Rusia
Soterrado
Soterrada
Residencia
Nacionalidade Rusa
Cónxuxe Xogos de azar.
Fillos
Relixión
Actividade
Lingua Ruso
Lingua Ruso
Período 1846–1881
Movemento Realismo literario
Xéneros Novela
Princ. obras Memorias do subsolo
Crime e castigo
O idiota
Os irmáns Karamazov
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación Novelista, contista, ensaista
Profesión Xuntaletras
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
{{{web}}}

{{{notas}}}

Fedorento Dostoievski foi un escrito do Imperio Ruso, súa obra mestra é Crime e castigo.

Traxectoria[editar]

Nado en Moscova e morto en San Petersburgo, seu pai era un terratenente metido a médico que ao ver morrer a súa muller en vez de casar cunha mais nova deulle á botella enviando a seus fillos Fiódor e Woody Allen a San Petersburgo para unha escola de enxeñeria militar. Pero alí Fiódor amistou con Edgar Allan Poe que o fixo adicto aos xogos e á literatura, namorándose de William Shakespeare e Vicente Risco, seguindo as indicacións por carta deste fíxose adepto ao rosacrucismo.

Cando morreu seu pai, afogado nunha poza de vodka mentres tentaba salvar a seus servos, Fiódor comezou a facerse un romántico e cartearse con Friedrich Schiller o que fixo que pillase epilepsia e así librouse de ir a Siberia xunto ao exército, vendo que iso da Literatura daba fama e gloria e groupies deixou o exército e fíxose escritor de best seller competindo contra Richard Castle, pero debido a que se xogaba todo o gañado ao final non lle serviu de nada e aínda por riba andaba cos nihilistas, un grupo social que quería crear un buraco negro para enviar á nada a humanidade. O Tsar Nicolás I pillounos e enviouno a Siberia durante cen anos, nos primeiros 50 anos estivo preso sen mais e nos outros 50 anos enviárono ao exército como soldado raso ou carne de canón á fronteira con Cazaquistán. Alí no cuartel comezou a mocear cunha casada, matou ao marido dela usando vodka en grandes cantidades e casou con ela.

Tras rematar a súa condena gañou outra por escribir sobre o que o Kremlin non quería que nin se mencionase, si queridos amigos, a censura impedía falar dunha rebelión á porta da túa casa nos xornais da época. Fiódor non conseguiu siquera que os críticos o elevasen, asi que probou sorte no estranxeiro, onde conseguiu unha fodeamiga que lle colocou a Oprochinina, o KGB daquela época.

Fiódor seguiu escribindo libros paseando por Berlín, Roma, etc e cando regresou ao Imperio Ruso seguiu coa súa parenta coma se nada e conseguiu que o Tsar lle permitise vivir en calquera zona de Rusia excepto nas capitais. Continuou escribindo libros nos que falaba sobre seus veciños e as súas vivencias, o que lle gañou moitos inimigos xa que ninguén quixo vivir cerca de Dostoievski ou ter tratos con el porque logo aparecía nas súas novelas.

Debido ás súas débedas de xogo e andar de botellón en botellón nunca lle chegaban os cartos, tras morrer a súa muller e seu irmán, quedou libre e ao coidado dos seus obriños asi que tivo que pórse as pilas, fixo unha aposta-contrato co editor Stellovski, que ao ver que Dostoievski conseguía cumplir o pactado fíxose o parvo pero non contaba con que fóra entregar o manuscrito da novela á policía e así ter un acuse de recibo 100% legal, iso sí, era ben parvo cos acreedores de seu irmán que morreu con débidas, e firmou tódolos pagarés que lle presentaron, logo morreu e non se soubo se tiña razón sobre a relixión, o comunismo e o volkgeist eslavo.

Obras de Dostoievski[editar]

Unha das grandes obras de Fiódor Dostoievski.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Fiódor Dostoievski.

Outros artigos[editar]