Fidalguía

De Desgalipedia
Grazas a que se usaba a muller como vehículo d etransferencia de patrimonios fixéronse grandes familias.

A fidalguía eran a parte mais baixa da nobreza en Galicia (en Aragón eran infanzóns e en Castela Hijosdalgo); este estamento social foi un dos piares fundamentais da Historia de Galicia durante 400 anos.

Orixe[editar]

Debido a que os grandes señores de Galicia tiñan unha recua de parentes e amigos enorme tiveron que crear outros liñaxes pra colocalos en postos menores e así non pelexarse todos contra todos e de paso ter alguén da familia (de confianza) controlando que os labregos non lle roubasen á hora de pagar os foros e rendas múltiples que gravitaban sobre o rural.

Historia[editar]

Os fidalgos trouxeron novas modas.

Dende o XVI a fidalguía foi chave na formación da estrutura de clases agrarias, sendo eles unha clase intermedia entre os labregos e os grandes señores (xa fosen nobres ou mosteiros) sendo noutros países protagonistas da transición cara o capitalismo, aínda que os nobres galegos eran mais orixinais (por iso eran galegos...) e aquí comportáronse coma se fosen os grandes señores (cando só eran uns intermediarios entre o labrador e o mosteiro) aínda que sometidos á Igrexa católica (xa non eran tan bravos como os encomendeiros anteriores) e á presión dos campesiños (que á mínima lles metían nun preito de mais de 10 anos de duración) estes dous factores imposibilitáronlle ser os organizadores da economía en Galicia.

A principios do século XVI un sector da sociedade formado pola baixa nobreza, algúns deles Cregos, outros militares e tamén burócratas que estiveran á marxe das relacións de producción no campo, acceden a elas a través do logro de foros eclesiásticos, compras de bens aforados, hipotecamento campesiño, ocultar ou negamento da orixe eclesiástica das terras posuídas ou a dote dun bo matrimonio.

Este estamento social consolídase no século XVII coa creación de vínculos e morgados, polo que no XVIII consegue mais poder grazas á Real provisión de Carlos III que eterniza os foros. A lei de desvinculación de 1841 supuxo o comezo do fin da concentración de patrimonio familiar no fillo primoxénito e o comezo da extensión da propiedade da terra a mais persoas.

Aínda por riba ficaron atrapados na súa vaidade, agardando correo da Corte de Madrid (pra ocupar algún posto ou título) e vai mirrando sen convertirse en burguesía agraria ou invertir en I+D (claro, se xa podían chuchar dos foros e labregos pra que ían traballar!) e así os fidalgos seguen a recibir rendas pero non se fan funcionarios do estado, nin burgueses comerciantes, perdendo a ocasión de coller poder, algúns tiveron tempo de reconvertirse en caciques coa Restauración borbónica peor os mais ficaron nos seus pazos a velas vir ente valses.