Fidxi

De Desgalipedia


Matanitu ko fillo, Republik von Fidxi, Fixi Garaxjeiá
Bandeira de Fidxi
Bandeira
Lema: Temor ao Demo e honor a Darth Gayder
Capital
 Poboación
Suva
Cidade máis poboada Nuku'alofa
Linguas oficiais Inglés, fidxiano e indostánico
Forma de goberno República baixo control militar
Independencia 10 de outubro de 1970
 • Total 0,0000000...1 km²
 • % auga 0,0000000...1 (Despreciable)
 • Total Baixiña hab.
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • Total 0,0000000...1
 • per cápita n/d
Moeda Dólar fidxiano
IDH 0,0000000...1
Xentilicio [email protected]
Fuso horario UCT
 • Horario de verán UCT + 1
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Membro de: Commonwealth, ONU
Cita1.pngSe non aparece nalgunhas libros de Xeografía, é que a súa profesora é unha meiga horrenda.Cita2.png
— sobre Fidxi.

As Illas Fidxi son un país illado da Oceanía, atópase no borde humanizado da Oceanía.

Historia

Fidxi-01.gif

As illas Fidxi foron habitadas por asiáticos que viñan por aquí en canoas na procura de mozas virxes para escribir hentai antes do século XVII estableendo aquí unha civilizaión de paz, armonía e sexo universal. No século XVIII o estadounidense Truman Burbank chegou aquí e conquistou a zona a base de regalar cartos a todo o mundo corrompendo a idílica sociedade do lugar, logo o Imperio Británico enviou aquí a varios corsarios que invadiron a zona e puxeron a traballar aos nativos producindo , opio e chapeiros. Nos anos 70 o Imperio deulle a independencia a que se ilegarizara o opio, os hapeiros e o té só o tomaban os carcas.

Non nos dixeron que pasou pero nos 80 deuse un golpe de estado e Fidxi convertiuse en República, os partidos eran duais pero Franco reencarnouse nun militar local e comezou a dar golpes de estado alo loco, desde entón domina o país.

Xeografía

Artigo principal: Lista de Illas de Fidxi.

Fidxi son 666 illas, dúas enormes e catro pequenas seguidas doutras tantas aínda mais pequenas, dentro de dous anos haberá mais illas xa que os volcáns están facendo agora mesmo outras miniillas. O goberno de Fidxi soe alugalas a científicos tolos e organizacións malvadas para que poñan nelas as súas bases segredas, como a illa do Dr. Maligno ou a do Doutor Mabuse.

Estas illas teñen moitas montañas as poucas chairas que hai soen ser hortas, o resto son cadeas montañosas selváticas onde aínda quedan soldados xaponeses que pensan que a Segunda Guerra Mundial non rematou, o que dificulta os cultivos de arroz, chocolate e maruxiña.

Economía

Artigo principal: Economía de Fidxi.

Aínda que semelle que estas illas están petadas de turistas iso non é certo, só hai dous hoteis nunha illa, a maioría anglosaóns de Australia e dos Estados Unidos de América a pesares de seren todo illas hai 28 aeroportos. Debido a que isto é o paraíso non hai problemas e polo tanto non hai literatura, están todo o día papando arroz, bueando e xogando ao rugby.

Véxase tamén

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Fidxi.

Outros artigos

V  C  E h
Países do mundo · Oceanía
Onde está Micronesia?
Australia - Estados Federados de Micronesia - Fidxi - Illas Salomón - Illas Marshall - Nauru - Nova Zelandia
Papúa Nova Guinea - Reino Gay e Lésbico das Illas do Mar de Coral - Samoa Occidental - Kiribati - Timor Leste - Tonga - Tuvalu - Vanuatu

Países con parte do seu territorio en Oceanía
Estados Unidos - Chile - Indonesia
Países semiautónomos e estados libres asociados
Niue - Toquelau