Finados en 2017
![]() |
Esta lista é taaaan longa que ler é aburrido e sonolento. Non siga en expansión! |
![]() |
Finados en 2017 xa morreu!!! Este artigo fala sobre un personaxe que acaba de atoparse coa Santa Compaña, se non desexas acabar igual a el basta enviar os seus pésames en diñeiro. |
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2017. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.
Para unha listaxe non ordenada, véxase a categoría "Finados en 2017".
Personalidades internacionais[editar]
- 7 de xaneiro, Mário Soares, 92 anos, antigo presidente da República Portuguesa.
- 10 de xaneiro, Roman Herzog, 84 anos, antigo presidente de Alemaña.
- 13 de xaneiro, William Peter Blatty, 89 anos, escritor e director de cinema estadounidense, autor do texto orixinal e da adaptación d'O exorcista, mieloma múltiple.
- 20 de xaneiro, Carlos Alberto Silva, 77 anos, ex adestrador de fútbol brasileiro, problema cardíaco.
- 12 de marzo, Vladimir Makovich, 54 anos, líder da República Popular de Donetsk, tumor cerebral.
- 20 de marzo, David Rockefeller, 101 anos, empresario e filántropo estadounidense, infarto.
- 28 de marzo, Alicia de Borbón-Parma, 99 anos, nobre española.
- 23 de maio, Roger Moore, 89 anos, actor inglés, cancro.
- 9 de xuño, Adam West, 88 anos, actor, intérprete de Batman na televisión, leucemia.
- 16 de xuño, Helmut Kohl, 87 anos, político alemán, ex-chanceler da RFA e despois da Alemaña unificada, consecuencias dunha operación de cadeira.
- 20 de xullo, Chester Bennington, 41 anos, cantante estadounidense, vocalista de Linkin Park, suicidio por aforcamento.
- 27 de setembro, Hugh Hefner, 91 anos, editor estadounidense, fundador da revista Playboy.
- 1 de outubro, S. I. Newhouse, 89 anos, empresario e editor estadounidense, dono de Vogue, Vanity Fair ou The New Yorker, entre outras publicacións.
Véxase tamén[editar]
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Finados en 2017.