Forcarei

De Desgalipedia
Forcarei
Bandeira de Forcarei Escudo de Forcarei
Situación
Situacion Forcarei.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.
Cita1.pngHorcarey, se dice Horca del reyCita2.png
Galicia Bilingüe sobre Forcarei

Forcarei é un concello da Galicia profunda. En breves mudará de nome xa que todo o mundo se vai pra Soutelo de Montes e outros collen o castromil pola nacional adiante pra iren ao salvaxe oeste.

Atópase nun nó de comunicación entre as distintas galicias (Galicia costeira-Galicia interior, Galicia norteña-Galicia sureña) polo que durante moitos séculos os bandoleiros e asaltantes de camiños andiveron por aquí, como Pepa a Loba, e logo agochaban seus tesouros baixo petroglifos e castros pra que así os mouros llelos protexeran.

Xeografía[editar]

Limita ao norte cun Cerdo logo coa súa Lama onde soe deixar a súa silla e descansar antes de ir pola Estrada de festa cara Lalín (algunhas veces pérdese e vai parar a Beariz onde os veciños o tentan emborrachar con licor de cereixas de Croacia).

Atópase no interior da provincia de Vigo, pero non o suficientemente cerca como pra poder facer negocio cos chalés e segundas residencias debido a que está lonxe da urbe ten moitas montañas que aproveitan pra pastorear por elas adiante perdéndose entre os campos de estramonio.

Debido a que ten os portos de Vigo e Marín ao lado aquí fabrícase o coche Ford "Tcarey" (un coche ford deseñado por Maria Carey) que ten producido miles de accidentes ao longo do multiverso.

Flora e fauna[editar]

Debido á gran praga australiana xa só queda eucalipto por todas partes, porén non veu tamén o koala nin os canguros, así que a xente ten que emigrar pra costa.

Historia[editar]

A abadesa de Aciveiro triste porque lle sacaron o nome e agora e de San Gonzalo das penas, que pena!

Forcarei foi fundada por moitos labregos cabreados polo comportamento de seus políticos e da elite social, que non facía outra cousa mais que chuchar deles polo que instalaron unha forca (que é menos sanguenta cunha guillotina) e comezaron a por orde no lugar.

Parroquias[editar]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Forcarei
Escudo de Forcarei.jpg
Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Forcarei.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
Comarca de Tabeirós – Terra de Montes
Cerdedo
Cerdedo
A Estrada
A Estrada
Forcarei
Forcarei
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa