Frédéric Chopin

De Desgalipedia


Federico Chopin é o aeroporto de Varsovia e tamén un compositor famoso de Dance, sobre todo de sintetizador.

Vida e obras[editar]

Os primeiros anos[editar]

Federico naceu na Polonia ocupada (polo vodkiano Imperio Ruso) seu pai era un gabacho e súa nai a bisavoa de Marie Curie. O seu pai fixo o mesmo co pai de Wolfgang Amadeus Mozart, Marisol e Joselito... aproveitáronse destes nenos para convertilo en freaks de feira e pasealos por tódalas cidades tocando cal virtuosos dalgún isntrumento, o pai de Chopin adestrouno no uso do piano, un instrumento que inventaran facía pouco. Grazas a iso conseguiu o mecenazgo de Grażyna Kulczyk e a súa fama medrou no ambiente polonés.

Entre Varsovia, Viena e París[editar]

Asi que o KGB tsarista tentouno captar polo que Chopin fuxiu a París onde vivía grazas a seus concertos de piano e logo publicando discos de música clásica pero iso aumentou os seus gastos polo que tivo que dar clases ás fillas dos burgueses, namorando da filla don cliente seu menor de idade ata que o pai decatouse e lla tentou vender pero como Chopin nin tiña cartos nin era francés foi rexeitado.

Chopin virou tolo e case se fai gay e nesas casou con George Sand que el pensaba que era un home pero en realidade era toda unha condesa, con esta muller botou dez anos vivindo en concubinato ata que o deixaron e liouse cunha alumna súa que o levou a Inglaterra onde morreu de inflamación da pataca.

Discografía[editar]

  • Concerto nº 1: subtitulada Pianola en mi menor sobre contos da Selva negra e os macizos sudetes.
  • Concerto nº 2 : subtitulado en fa menor para a libertaçom da Polonia Polonia ceive poder eclesial!!!
  • Mazurca para un nacionalista que non un nazionalista.
  • Polonesas contra o absolutismo ruso.
  • Preludio das gotas de choiva: composta cando a baronesa parisina case o pilla cunha monxa.
  • Nocturnos: esrá cheo de LPs moi bailables... pero só bailables con éxtase líquido polo medio.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Frédéric Chopin.

Outros artigos[editar]