Fragasauro

De Desgalipedia
Fragasaurus
Rango fósil: Xurásico superior
Fragasaurus.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Thyreophora
Infraorde: Stegosauria
Familia: Stegosauridae
Xénero: Stegosaurus
Marsh, 1877
Especies

Tiranna.

Un Fragasauro é unha especie de dinosauro franquista aínda non extinto, considérase o maior dinosauro carnívoro do NO da Península Ibérica pola graza de Deus.

Forma parte da familia Tiranosáurida Pperus, viviu a finais do Franquismo no que hoxe é Españistán cunha ampla difusión ao principio para logo só habitar unha esquina dela. Comúnmente abreviado como Fraga, este becho é aunha figura común na cultura PoPular, foi un dos últimos dinosauros que coñeceu a Franco antes da extinción masiva da Transición.

Como outros tiranosáuridos Fragasaurio foi un bípedo carnívoro cunha enorme fronte equilibrada por una cola sen condón en relación cos seus poderosos baróns provinciais o seu corpo eran enorme e deixou unha forte pagada no inconsciente colectivo pangalaico. Durante moito tempo foi o maior carnívoro do seu ecosistema pero sempre cunha corte de carroñeiros velocirraptores e algún delfín tentando ocupar seu posto na pirámide xerárquica da comida.

Historia do Fragasaurio[editar]

O Fragsauro atacando ao triceratops Xosé Luís Barreiro Rivas.

Ata 2034 só se atopara un especime, pero ao ano seguinte atopouse os fósiles doutro saurio (o Feijóosauro) que ao principio se pensou que eran restos de Fragasauro pero ao final descubriuse que era familiar pero non fillo.

Kevin José Lameiro describiu o Fragasauro en 1990, o nome xenérico provén das verbas en céltico Frag ("tirano") Auro("Amante dos cartos B de Bárcenas"). Ao principio pensábase que se reproducía como todos os cristiáns, pero o arqueólogo amateur Manuel Gago atopou nos cantís de Hillfort´s Breogán os fósiles que rersultaron ser o medio reproductivo do Fragasaurio... as esporas! Sí! mediante un novidoso sistema metade apatía vexetal e conservadurismo antiquímico o fragasauro campaba ás súas anchas nas taigas galegas do autononomismo conseguindo adaptarse ós cambios climoelectorais con esta astucia, algúns pensan que súa pel estaba formada por protopluma pero tras ver que semellaba andar nas cercanías de Karina Flanagan chegouse á interpretación acientífica de que mais ben a súa pel era de búnker inmovilista gatopardiano.

Primeiros descubrimentos[editar]

O Fragsauro a punto de papar a un dos The Beatles, a Ringo Starr en The Caveman durante a súa etapa como bicho de Franco.

Tódolos especimes atopáronse en Galicia, Madrid, Castela e Valencia. A finais da década dos setenta os Village People atoparon restos pélvicos en Vilalba nos oitenta atopáronse fósiles postcraneais en varias fosas de asasinados na guerra incivil así como restos de dentes no teito do Parlamento; aínda que ao principio se pensou que eran fósiles do Margarethatchersauropis logo se descubriu que eran mais ben primo primeiro do Primorriverensus.

Paleoecoloxía[editar]

O Fragasauro vivía en distintos sitios según soplaba o vento, así aínda que se considera orixinario da Galicia profunda sábese que maduraba en Castela e depredaba por tódlas costas indo morrer á costa atlántica, onde se enfangaba en lagoas de petróleo e así se descubriron moitos fósiles.

Habitaba en despachos escuros, selvas comealdeas e expandíndose cara zonas de roxerío onde dar dentelladas magníficas para logo retaerse ás súas covas do Monte Pío onde convivía con Sociatisaurus e Upegaullis, aínda que sempre rodeado da súa extensa familia á que alimentaba con subvencións, perdón, restos de carroña para así facer manipulación xenética.

O seu hábitat cotiá era en restaurantes de luxo, romerías onde ofrecer polbeirada a cambio de votos, despachos onde despachar subvencións etc.