Fraguismo

De Desgalipedia
Historia de Galicia
Prehistoria
O megalitismo
Idade do Bronce
Idade do Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período alto-medieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
A Ilustración galega
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra Civil Española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia de Galicia
Historia da lingua galega
Gallaecia
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do reino de Galicia


Manuel Fraga e seus 5000 gaiteiros na Praza do Obradoiro festexando súa presidencia.

O Fraguismo foi unha época de dominio de Manuel Fraga e movemento social caciquil en Galicia durante os anos 1989-2005. O Fraguismo foi a segunda etapa histórica da Xunta de Galicia: Tripartito - Fraguismo - Bipartito galego - Feijóoismo.

Características e fundamentos ideolóxicos[editar]

As bases do fraguismo foron a democracia de partido, o Culto ao Líder, o caciquismo, o casposismo, o anticomunismo, e o nacionalcatolicismo. Isto permitiulle gañar moitos amigos entre as elites da burguesía ao tempo que metía o medo á xentiña con que viñan os comunistas a roubarles a terra e os bloqueiros a facer de etarras.

Debido a que o amado líder debía estar moito tempo ao temón sumáronse outros factores pra non desetabilizar seu goberno:

  • Antiliberalismo: así se querías invertir aquí antes tiñas que ser amigos deles, se tiñas unha empresa e querías facer obra pública tiñas que subornalos previamente e logo dar emprego ao sobriño parvo do alcalde de turno. Grazas á subvencións o goberno controlou o medre das empresas amigas e afundiu ás que non o eran.
  • Pseudonacionalismo: xa que permitiu que os sectores económicos clave marcharan de mans galegas (Cuota láctea, Guerra do Fletán) e así Galicia caese nas mans das quenllas capitalistas extranseiras en vez de facelo nas quenllas locais. Grazas a este estratexia de facerse pasar por galleguista destruiu o nacionalismo galego de centro (do cal se beneficiou o BNG).
  • Antiparlamentarismo: todo era en plan Antigo Réxime e debido a que os poderes non estaban separados Fraga controlaba a seus rivais externos e seus inimigos internos (sobre todo a Baltar).

Cada vez que se presentaba ás eleccións era ducindo que tiña a responsabilidade de sacar a Galicia da crise, incluso o dixo cando xa levaba mais de dez anos gobernando de forma absoluta el e seu partido Galicia, o cal significa que era tan malo pra gobernar que tiña que presentarse contra si mesmo pra solucionar os problemas de seu propio goberno.

Simboloxía do fraguismo[editar]

O Gran Maestre Fragón da venerable Loxia PP.
  • A bandeira: todo un deitado de símbolos celtocristiáns, o sancto grial arrodeado de cruces de ouro cunha ostia/deus Ra enriba.
  • Bandeira: a que elexiran os emigrantes galegos en Cuba.
  • Himno:
  • Heroes galegos: todos ben embalsamados e apresados no Panteón de Galegos Ilustres.
  • Romerías no Monte Faro de Chantada: en plan pangalaico ahí noc entro xeogréfixo da Galiza (Ramón Otero Pedrayo dixit).
  • Encehentas-mitin:

Bases políticas do réxime[editar]

O sistema político baseouse no culto á personalidade e no sistema de intervencionismo burocrático partidista. Dentro da abxecta subordinación ao Caudillo houbo diferentes grupos ou cacicatos con diversa sensibilidade política (o que hoxe chaman "baronías") tratando cada unha de influir nas decisións do Presi, que éste (seguindo o manual de Franco) confiáballes parcelas de poder limitadas pra así telas subxugadas, apoiándose nuns e outros según chovera e agasallando a uns pra afundir a outros (igual que facía coas subvencións a empresas e dación de obras públicas a unha ou outra empresa).

PP de G[editar]

Estatua de Manuel fraga na Cidade da Cultura de Galicia.

Seus membros son coñecidos como pepeiros, aínda que tamén teñen outros cariñosos apelativos como facha, [[españolista[[, europeo, casposo, comecirios, etc. Este partido foi fundado polo Amado Líder pra salvagardas as esencias patrias españolas, cando viu que non conseguía ser presidente de Españistán voltou a Galicia pra mandar nalgún sitio e aquí non había ninguén que lle fixera competencia no seu propio partido e había que sacar da Xunta de Galicia ao Tripartito. Aquí en Galicia as súas bases ean poucas pero grazas ao poder e magnetismo do noso querido Líder viñeron moitas persoas a apoialo (algúns porque vían que non podían contra del, outros porque querían medrar) e sumarse a seu proxecto.

Este partido controlou a vida social e económica dos galegos, convertindo a Galicia na despensa deles e seu maior celeiro de votos, desde as alcaldías inicous e o control sobre os sensiboes, desafectos ao amado líder, sociatas, liberais, extremistas, ecoloxistas, burgueses... pra que caesen nas redes do partido mediante enchufe, subvencións, promesas de ser conselleiro (pra que abandonasen o PSOE ou Coalición Galega) e concesión de obras públicas e privadas (si querías parchear túa vella casa púñanche trabas e non daban licencias) e así recontroladoa nivel de campo a toda a poboación pra que fosen votar (incluso votaban os mortos) e deixaran as súas ideas utópicas de mellorar o mundo (típica idea herexe de terroristas nazionalistasssshh!!!).

Estado Español[editar]

O estado español (AKA España) foi un dos seus baluartes, incluso con Felipe González (que usou a Don Manuel como pantasma asustaproletarios pra que o botasen a él) e así en vez de protexer a economía nacional subxugarona a intereses extranseiros; así prohibiuse a Galicia seguir producindo "tanta" leite pra que os gabachos nos pasaran a vender a súa, a reconversión industrial que pechou centos de fábricas producindo miles de parados (sobre todo destruiu Ferrol) e que España se desindustrializase pra pasar a depender do turismo e da calderilla que a UE lle pasaba en forma de subvencións.

Para que o nacionalismo de esquerdas non medrara fixo que se radicalizara mediante provocacións e axentes infiltrados, que levaron ao mesianismo, xurdindo grupos armados mesiánicos e tolos como o Exército Guerillheiro do Povo Galego Ceive.

Nacionalcatolicismo[editar]

A Igrexa católica seguiu a ter privilexios e gozou dun altofalante con este goberno, a cambio de manter a beatería ao pobo e acalar a curas roxos ou desterralos (a parroquias da Galicia profunda).

Os emigrantes galegos no extranseiro[editar]

Manuel Fraga foi dos primeiros presidentes autonómicos en viaxar polo estranxeiro coma se Galicia fose unha nación, nos seus viaxes a países con emigrantes galegos sempre ía con cheques en banco pros Centros Galegos e pra fundación Galicia Emigración, coa cal "financiaba" a aliados seus pra conseguir mais votos e facer banquetes-mitin nos cales enganar aos emigrantes con que Galicia iva ben e sí conseguir sacas de votos e facer votar mesmo aos mortos.

O caciquismo[editar]

Debido a que este sistema político tivo moito éxito na Historia de España durante os 60 anos anteriores á Guerra Civil Española Fraga decidiu seguir o mesmo camiño e grazas a controlar o presuposto e as subvencións creou unha rede clientelar basada en alcaldes do seu pau que daban traballo a persoas afíns. Desde os postos baixos ocontrolaran acceso aos altos, así controlabase as deputacións provinciais, organizacións estatais polas que descorren as grandes subevncións para obras públicas despois do Ministerio de Fomento. Por outra banda infiltrouse o funcionariado con pepeiros dándolle as respotas antes do exame de acceso, aumentando a antigüidade de seus enchufados mediante contratos de 3 meses que logo daban antigïdade á hora de coller praza. Iso, a elite, pros de abaixo, se querías meter un fillo na brigada antincendios forestais non tiñas mais que ir onda o alcalde, e se podía metercho nas brigadas municipais que duran todo o ano millor e senón quéimase un pouco de monte antes e xastá!

A muller no fraguismo[editar]

Fraga co seu goberno.

Debido ó conservadorismo do amado líder a muller gozou pouco, por exemplo nas aldeas as mulleres que traballaban nas propias granxas ao estar casadas sempre poñían como titular ao marido e logo non cobraban tanta pensión coma eles e iso que traballaban mais ca eles.

Costumes[editar]

  • Ir onda o alcalde a pedirlle traballo a cambio de votos.
  • Queimar montes pra que a Mancomunidade teña que buscar mais bombeiros.
  • Encher a Telegaita de programas só pra maiores de 40 anos e logo só inauguracións do amado líder e de seus conselleiros.
  • Meter como "asesores" a membros do partido e familiares (e cobrando ns miles de peseteuros ao mes).
  • Facer listas negras de indexesables (rojos, sociatas, bloqueiros, pepeiros non amigos, lesbianas progres...)

Os medios de comunicación[editar]

Pra controlalos formáronse listas negras e así os que aparecían nelas non traballaban (como Carlos Branco que pasou na radio anos sen que lle desen nada pra ver se o afundían) ou lle daban postos irrisorios pra que calasen e amordazándoos mediante o control do que dicían e as represlias seguintes.

A realidade foi maquillada, así o Prestige eran uns fiíños de gominola, as vacas tolas eran só catro (pero logo ben que se masacrou a moitas sen análises previos) subvención de libros que decían que o Holocausto dos xudeus por Hitler era mentira sionista, visitou de forma amistosa ao ditador Fidel Castro en plena Guerra Fría.

Pervivencia do Fraguismo[editar]

Debido a que este virus infectaba o 200% da administración galega o Bipartito galego rematou sendo tumbado por funcionarios réprobos, caciques de deputación inactivos e por se fora pouco, un espía españolista (Anxo Quintana) torpedeou o BNG e fixo o mesmo que Fraga (secuestro de vellos pra darlles mitins, enchentas mitineiras, romerías con baille..).

Alberto Núñez Feijóo desfíxose da imaxe fraguista debido a que coa crise económica de 2008 o panorama político mudara e o pobo vía mal cousas que antes aplaudía, e así desfíxose de certos chiringuitos políticos de pepeiros non afectos a él e instaurou o Feijóoismo, que é unha reforma do fraguismo.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]