Francelos, Ribadavia

De Desgalipedia
{{#if: |
Francelos
San Xes de Francelos vista xeral.jpg
Capela de San Xes de Francelos
Concello Ribadavia
Área - km²
Poboación 798 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 2 (Satán e MarceloGaynard24)

Santa María Madanela de Francelos é unha parroquia aldea anexionada por Ribadavia.

Historia[editar]

Fundada sobre o Río Miño pra ter peixe fresquísimo polos mouros, durante a dominación do Imperio Romano montouse unha extractora de ouro do río, pero os escravos revoltáronse contra deles, facendo unha pequena república de homes libres, ata que se unieron aos Suevos pra pagar menos impostos.

Durante o reino Suevo ergueuse alí un mosteiro (actual capela de San Xés de Francelos) fundado por San Martiño de Dumio que gostaba moito de poñer cirios aos cotos), na Idade Media foi territorio do rei ata que Afonso VII lle regalou estas terras ao mosteiro de Melón(que dominaba este lugar desde a granxa do Outeiro, que en 1837 mercou o alcalde de Leiro Benigno Borrajo).

Xa na Idade Moderna formouse unha chaira no monte coñecido agora como "chan da Moura", polo visto había unha moura que andaba de penca nunha pía onda un coto de penedos alí peiteándose en noites sinaladas, un rapaz foi alí e claro, en vez dunha moura putona apareceulle unha serpe grande cun cravel na boca avanzando cara él e que lle envolvía todo o corpo cos seus aneis e presentoulle a flor cerca da súa boca, pero o parvo do rapaz deulle medo e noxo e liberouse da serpe, que caeu morta e nese mesmo intre o monte no que estaba tremeu cun estrondo tremendo e fíxose chairo (plano) como está hoxe.

Xeografía[editar]

Flora e fauna[editar]

Destacan os grandes peixes siluros, o monstro Nessie e entre a flora sobrancea o monte sagrado de aciñeiras da Raíña Lupa.

Economía[editar]

Os francelenses viven de pasar viaxeiros dun lado a outro do Miño, da pesca e de pasar fariña de Colombia cara o interior do Ribeiro; así como enviar persoal de formación en plantación de viñas a Abkhazia.

Lugares e parroquias[editar]

Lugares de Francelos[editar]

V  C  E h
Lugares da parroquia de Francelos no concello de Ribadavia (Ourense)

Francelos | Prexigueiro


Parroquias de Ribadavia[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ribadavia
Ribadavia escudo.jpg
Campo Redondo (Santo André) | Esposende (Santiago) | Francelos (Santa María Madanela) | Ribadavia (San Domingos de Fóra) | Ribadavia (San Domingos) | San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo) | Sanín (San Pedro) | Ventosela (San Paio)

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]