Franquismo

De Desgalipedia
FFranco.jpg Este artículo ha sido escrito por un facha.
¡Si no te ríes, te montaremos una manifestación "a favor de la vida"
y te vincularemos con ETA, PSOE y Al-Qaeda!

¡Franco, Franco, Franco, Arriba España!
Banderaespaña.png Este artículo contiene una alta dosis de humor español que probablemente
no entiendas si no provienes de la Península Ibérica o de las colonias restantes)
Si no eres de esta casta tierra, probablemente pierdas el tiempo leyendo esto.


O Franquismo foi unha etapa da Historia de España durante a tal que España transformouse no paraíso na terra para os traballadores, onde se respetaba a Deus e aos maiores e non había corrupción nin pornografía nin drogas nin sekso nin internet nin dereitos humanos nin prensa libre nin Telecinco nin et etc

Na España usan o termo Franquismo para designar a: fachas, carcas, carlistas (excepto os carlistas socialistas autoxestionados), neocons, conservadores e demais membros da Dereita así como os nazionalistas españois.

Historia[editar]

Franco salvando a España with friends.

Todo comezou cando Franco Carrasco viu que xudeos e masóns conspiraban para destruir o Imperio Español, alertou aos seus mediante a publicación das 95 Teses, perdón, do "Manifiesto Frasquista", onde aseguraba que unha alianza do deus Hades co Demo pretendía destruir o cristianismo en España, roubar terras a Darth Alba e implantar o Capitalismo. Ninguén lle fixo caso polo que entrou na clandestinidade en 1914 (xa que Francia o buscaba para que entrase na Primeira Guerra Mundial).

Na Galicia profunda comezou a xuntar a varias persoas coas que organizou a Alianza rebelde e comezou a loitar contra as Forzas do Mal que pretendían destruir o seu fogar. Esta alianza rebelde esparexouse por toda a Segunda República Española para tomar cuarteis e mover soldados dun lado a outro cal marionetas. O malo foi que Franco Carrasco morreu en extrañas circunstancias e o mando pasou a Francisco Franco xa que aos rebeldes lles pareceu o mellor debido ao son semellante co seu predecesor e que a súa voz de pito prometía que fose facilmente manipulable. Este aproveitou e fíxose co poder durante toda a súa vida fundando o reino Franquista.

O reinado de Franco durou aproximadamente 40 anos durante os cales organizou o Estado segundo os ditados do Canon Pali creando unha sociedade segundo os ditados de dúas sociedades segredas, a Mussoliniana Orde Azul e a Sociedade Segreda da Orde de Deus.

Características e fundamentos ideolóxicos[editar]

As bases do franquismo son: o nacionalismo español, o Catolicismo da Contrarreforma, a democracia orgánica e o feudalismo militarista.

A partir da desfeita da Segunda Guerra Mundial Franco desfíxose dos falanxistas e foise cos Deístas pero seguiu utilizando a gramática imperialista e os símbolos esotéricos nazis. Durante o reinado de Franco mantivéronse certos valores:

  • Familia tradición e relixión.
  • Antirojerío, prohibiuse o color rojo (que pasou a chamarse "colorado").
  • Anticapitalismo, xa que se ouxo á liberdade de empresa, á liberdade de mercado, á liberdade de elección de sexo, etc.
  • Autoritarismo, en España sólo podía mandar a sagrada Trinidade (Franco, Franco, Franco).
  • Nacionalcatolicismo: seguiuse a dar a misa en latín a pesares do Vaticano II e cando este protestou Franco decidiu pasar a misa ao misal mozárabe.
  • Nazionalismo españól: roubáronlle o folklore á Andalucía e a música aos xitanos ao tempo que se prohibían os demais idiomas españois e se gobernaba todo desde Madrid.
  • Tradicionalismo: na escola e nos mediso de comunicación daban o coñazo todo o tempo co Siglo de oro, o Imperio español, Os Reis Católicos, Curro Jiménez matando gabachos , Cristovo Colón invadindo Xapón, cristianización de Apocalipse, etc.
  • Militarismo: todo o mundo ía en uniforme... de traballo, de cacique, de soldado, de alcalde (coa súa chaqueta branca colonialista), de monxe, etc.
  • Partido único: o reino de Franco estaba administrado pola democracia orgánica pero no parlamento español só había un partido único e todos vestían coma na súa primeira comuñón.
  • Corporativismo sindical: os sindicatos eran do partido único non facían folgas porque usaban pistolas Star e bigotes finitos para amedrontar á patronal e ésta só podía botar a un empregado se probaban que era comunista asi que traballabas nunha empresa toda a túa vida sen contratos basura nin reconversións industriais.
  • Medios de comunicación controlados mediante subvencións da UE, ai perdón, da censura e do anticapitalismo.
  • Influencia nas familias, mediante TVE, sección femininazi da FET e JONS (Federación Estúpida de Tontos e Jodidos Oscurantistas Nacional Socialistas).
  • Culto ao caudillo Franco, que se botou ao monte contra a dominación do Imperio Romano durante a Guerra Fría para fundar a República Islamista Franquista nazionalsindicalista de España.

Simboloxía do frasquismo[editar]

Bandeira de España ou Gitaña ou Asspain ou Españistán durante o Franquismo.

O reino de Franco usou unha serie de símbolos para autoidentificarse:

Pervivencia do Franquismo[editar]

A Coruña, rúa División Azul.jpg

Actualmente todavía hai xente que lle gusta Franco (non saben que si el vivira os metería no cárcere por seren demasiado perfectos franquistas xa que el pensaría que son espías do KGB facéndose pasar por españois) e queren rueiros con nomes como General Mola, Avenida del Colectivísmo, Calle de Pepe Antón, Rue del Percebe, Rúa del general Mirón Voyeur, Plaza del Frasco, avinguda Paquito el Chocolatero, General Mola Mazo, etc.

Cada 20 de novembro os fans de Franco soen reunirse nun aquelarre no Valle de los Caídos, alí no templo do Anxo Caído soen concentrarse persoas con bandeiras anarquistas e camisa azul para invocar ao Demo, proferir himnos loando a Cthulhu, berros orxiásticos e amosar o sobaco cara o sol para atufar ao astro e afundir á humanidade nas tebras.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Franquismo.

Outros artigos[editar]