Friedrich Nietzsche

De Desgalipedia
Este artigo fala sobre persoas que non cren en Deus
Atención: Un católico fanático sempre estragará este artigo e un ateo sempre vai ofender e comezar a chorar nel.


Federrico Níche.
Nietzsche.jpg
Información
Nacemento Probablemente 1844 (15 de outubro de 1844).
Röcken-bei-Lützen Prusia Prusia
Falecemento Weimar, Imperio Alemán
Nacionalidade Prealemán prusiano.
Ocupación Revolucionaria

Friedrich Nietzsche foi un enxeñeiro mental que fixo progresar á humanidade obrigando a todos a ler o kamasutra e así deixasen de ser un home, superarse e chegar aser un Übermensch!!!

Vida e obras[editar]

Niche naceu na Confederación Xermánica (que logo se convertiría en Alemaña) en pleno romanticismo pero en vez de andar polos claros de lúa e cantar ás vikingas de grandes trenzas louras en igrexas derruídas góticas púxose a estudar filoloxía, coa segreda fantasía de ser escritor famoso e gañar cartos sen darclle ó sacho ó mesmo tempo que participaba en orxías.

Mais súas irmás non o deixaban en paz, aínda por riba tivo que vivir de adolescente rodeado de vaxinas e iso deixa tocado a calquera ademais obrigárono a aprender a tocar o piano pra telo como escravo musical no seu salón burgués, para fuxir delas meteuse a pastor (cura protestante) pero a o demo é moi arteiro e fíxolle elexir filoloxía ó ver que ben o pasaban nas fraternidades desta facultade no San Teleco (na facultade de teoloxía só lían literatura ovina) alí coñeceu ao profesor Kinder Tolo (coñecido tamén como neno Tolo alemán) do cal se fixo amigo nas longas estadías invernais frente a unha PS3 xogando ao wolfsteim, Frídish sempre se deixaba gañar e así se fixeron íntimos amigos, Herr Crazy Kinder en agradecemento enchufouno na universidade de Suíza, onde crearon unha cátedra especialmente só pra el, con 25 anos deixouse bigote de garda civil setenteiro e segiu a investigar a anerxía escura.

Os boches vendo que ían perder a un gan investigador en armas pedantes déronlle o título de Doutorado sen exame final pero él pirouse finalmente pra Suíza, xa que lle deran título de profesor honorario, o que supuña mais estudantes cachondas nas súas clases, no país alpino seguiu coas súas investigacións filolóxicas para aplicación militar e así Prusia puido derrotar a Francia (de aquí en adiante SEMPRE a derrotaría) e Austria. Debido a que era moi feo Nietzsche estivo no hospital de campaña pra servir como enfermeiro e facía resucitar ós soldados feridos léndolles algún texto seu (os agonizantes erguíanse da cama e fuxían a seguir combatindo) este gran éxito fixo que os servizos segredos enemigos se fixasen nel e o atacasen con gas Putin, que non o matou pero o deixou con estragos polo que voltou á universidade a curarse na biblioteca lendo a Schopenhauer.

Grazas a Richard Wagner repúxose enseguida e foise con el escalar montañas nevadas, isto fíxolle gañar moitos envexosos que comezarn a criticalo ás súas costas, algún deles conseguiu ir a "tardes con Ana Kiro" e poñelo a parir, nembargantes isto fíxolle coller mais fama e seus libros de tema académico vendéronse moito mais (agún friki do cotilleo pensaba que atoparía alusións despectivas ós valdreus). Debido á guerra e ver a frivolidade da xente comezou a criticar a todo o mundo, mentres seus amigos tentaban que fose menos toxo, pero Nietzsche non soportou mais o seu círculo (sobre todo ao antisemita cristián de Wagner) e deixou a universidade, xa que os porros e as putas comezabana pasarlle factura e tiña ataques de migraña onde vía a Deus dándolle patadas no estómago.

Con 35 anos fixo como Risto Mejide, peinouse estilo Harry Kallaham con bigote de charro e adicouse a viaxar por países templados (onde sempre podería atopar estramonio) e fíxose escritor indie abrindo unha conta en Amazon, sendo o primeiro en inventar os booktrailers; pra poder vivir sen ser un mendigo fixo un libro por ano e curiosamente saiulle ben (non como a Woody Allen...) para poder falar de todo comezou a experimentar... ía a saunas e cuartos escuros, leu o Cincuenta sombras de Grey, practicou varias relixións e cada vez que publicaba un libro desatábanse grandes escándalos; mais dunha vez tivo que fuxir ó ser recoñecido por activistas do Foro da Familia e Rouco Varela tentou envelenalo con ostias maldicidas polo Papa.

Niche tras uns porros.

Debido á idade e que era un solteirón e só facía gruñir foi perdendo mais amigos, criticaba a todo o mundo e non soportaba aos nazis, o KGB enviou á súa axente Lou Andreas Salomé, que finalmente lle roubou a receta pra crear ao Superhome e seguiu ás ordes da Komintern púxose en contacto con Sigmund Freud e Nietzschealo e así provocar que o mundo progresase dunha puta vez. Fríedish aínda ficou mais gruñón, todo lle parecía mal, só se queixaba e prefería que ningunha muller se lle achegara, debido a que nunca ía de putas e non bebía alcol o seme subíuselle á cabeza e comezou a rebrandecerlle o cerebro, o que fixo que se voltase tolo xusto no intre no que a nazi de súa irmá Elisabeth Förster Nietzsche voltase a Europa e comezara a vixialo pra que seguira escribindo e así vivir os dous dos dividendos xerados polos libros. Durante 11 anos Niezsche estivo tolo, subíuselle o fumo á cabeza e críase Zaratustra e que ía salvar á humanidade e volela un Superhome, pero o seme non perdoou que non o deixase saír e morreu en 1900 en pleno agosto mentres as garotas axitan seus bans bans pola praia.

Obras[editar]

  • Homer Simpson e a literatura postmoderna.
  • O estado gregay.
  • O nacemento das snuff movies no espíritu cultural occidental.
  • Ciencia ficción da educación nacional.
  • A pornografía na época traxicómica dos gays.
  • Sobre a vaedade e a mentira nun sentido extramarital.
  • Consideracións tempestuosas sobre culturetas que coñezo.
  • Humano, humano de mais.
  • O Pelegrín e seu spiz.
  • Aurora: flexións sobre crenzas estúpidas da xente.
  • A ciencia cachonda perdida: Manuel Murguía matriculouse con este libro no gay saber.
  • Así falou Richard Strauss (serviu como base filosófica e musical ao filme "2001: unha odisea no espazo".
  • Mais alá de igrexas e partidos políticos, a moral dentro duns séculos.
  • A familia pasada da moral.
  • O Anticristo.
  • O Wagner caso.
  • O Ragnarok de Deus, o diñeiro, o sexo, etc
  • Niche contra Bagner.
  • Aquí este o home, como chegar a ser un viste santos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Friedrich Nietzsche.

Outros artigos[editar]