Friedrich Schiller

De Desgalipedia

Friedrich Schiller (pronúnciase Fridig Shiler) foi un cantante pop de Alemaña, famoso pola seu himno á Eurovisión... ou era sobre a III Internacional?

Vida e pufos[editar]

Schiller naceu na selva negra, seu pai estaba de picnic coa parenta e alí naceu entre as piñas, os esquíos velenosos e os cantos de aguia imperialista a finais do século XVIII polo que xa naceu coa maioría de idade, seus pais querían que fose crego pero o duque do seu länder meteuno na academia militar a estudar artes escénicas de camuflaxe. Pero Schiller non quería prostituír o arte asi que aprovetando a mudanza de edificio da academia traspapelou seus papeis e púxose na academia de medicina, alí aprendeu a facer sangrías e arrincar tumores, sendo moi popular en tódolos botellóns grazas ás súas enervantes sangrías onde esnifaba tabaco, ou sexa, que se facía nevaditos (cocaína na punta dun cigarro) e daquela como eran moi inxenuos pois non ían a putas (grazas a iso non colleu a sífile como todos os gabachos) senón que escribían obras de teatro.

Durante a Revolución francesa apoiou con enormes sumas de diñeiro aos revoltosos e cando viu que degolabana s eu rei pediulles unha litografía de 6 x 2 para tela no salón e ensinarlla ás súas visitas, que foi cando compuxo a "Oda á alegría" e casou cunha tal Carlota, que era unha friqui otaku e o obrigou a escribir mais poemas de yaoi e obras de teatro sobre a liberdade estilística, ou sexa a liberdade de cravarlle un estilete e quen ela quixera. Grazas a seu enchufes coa nobreza petrimete conseguiu ennobrecerse e ter cartos de por vida, ademais diso e para poder mercarse un BMW con tapicería de coiro siberiano cobraba dereitos á hora de posar bravamente para as enciclopedias de éxito da época e para as estatuas que poñíannas cidades co fin de culturizar a tódolos kartoffen da Xermania e posar nos selfies xunto a Johann Wolfgang von Goethe.

Obras[editar]

  • Die Räuber: obriña sobre uns bandidos anarkas que rouban aos ricos para darlle aos burgueses.
  • Intriga e amor: folletín onde todos follaban a distro e sinistro, esta estratexia copiaríalle logo autoras como Sherrylin Kenyon.
  • Don Carlos: Schiller amosa a Carlos, fillo de Filipe II como un heroe romántico que loita por liberar a Bélxica do Imperio Español e que fundar o día de San Valentín!
  • Fiesco: uns burgueses lánzanse á revolución encabezados por un nobre... absurdo non? Pois si, por eso na obra o acaban matando os burgueses.
  • Oda á ledicia: Schiller invítanos ao imperialismo astronáutico!!!

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Friedrich Schiller.

Outros artigos[editar]