Friqui

De Desgalipedia


Friqui
Frikis.jpg
Frikis xuntandose.
Classificación Pseudocientífica
Reino: Animallia
Filo: Tribus ciberneticas
Clase: Xogadores
Orde: Videoxogos
Familia: Frikiformes
Xénero: Fikis
Espécie: Homo
Nome Pseudocientífico
Homo frikis

Un Friki ou friqui é unha persoa cunha tara mental que o leva a meterse en submundo e crear subculturas que duran apenas uns anos e inflúen na civilización para que avanze.

Foron descubertos polo gran filósofo Cañita Brava traslevar á práctica os métodos de Aleister Crowley de exploración obxetiva da realidade. Linneo xa o previu e catalogounos coma da especie Homo pertencente á familia Lumpendae, os frikis teñen capacidades mentales que lles permiten inventar chorradas, coser disfraces de seus heroes favoritos, aprenderse diálogos de filmes de memoria e utilizar esrtuturas lingüísticas complexas pero inútiles, xa que non lles sirve pra ligar (excepto con outras frikis).

No pasado esta especie era mais homoxénea e só incluía ás razas de punkis, jipis, xevi, popis, beatniks e antes moito deles só había lectores compulsivos de literatura fina.

Morfoloxía[editar]

Friki do século pasado, a pesar diso a TV o sigue presentando como friki actual...

O friki ten dúas morfoloxías estereotipadas que conforman a todas as demais segundo o seu nivel de vida e grao de enfermidade frikil.

Por un lado están os frikis delgados e flacuchos e do outro os gordos e peludos, entre ambos están o resto de frikis que teñen características de ambolos dous. Aínda que en países altamente industrializados como Estados Unidos de América e Portugal podes atopar mulleres cachondas frikis en España, Extremadura e Galicia é altamente improbable que se dea semellante binomio.

Especies de Friki[editar]

Guia visual de Friki.jpg
  • Nerds: tribo de friki que ó ver linguaxe html e xa están a correrse de gusto. Soen vivir no nerdvana.
  • Geeks: unha evolución dos nerds, alatamente especializada no campo informatikil, son dos poucos frikis que poden vivir do que lles gusta como enxeñeiros informáticos ou roubando cartos coma hackers a través de internete.
  • Culturista: friki que non sae do ximnasio, incluso vai ó ximnasio a vomitar a comida pra aproveitar ao máximo as proteínas comidas.
  • Xevi: esta subcultura subdividiuse á súa vez en outros subniveis de frikeza:
      • Poseiro: ou wannabies, impostores que teñen demasiado tempo libre e o gastan en dsfrazarse dalgún cantante que si te veu teu pai te envía a un internados dos curas.
      • Blackmetaleiro: viste de negro e pasan horas a maquillarse o careto coma se fosen panadeiros enfariñados e plancharse o pelo, din odiar o cristianismo e algúns quixeron facer barbacoas dentro das igrexas. Dan lugar a:
  1. Metaleiros cristiáns: son o reverso tenebroso dos anteriores, din amar a Deus e escoitar sempre a un striper. Tentan convertirte en cristiano a través de mensaxes subliminares!!!
  2. Trashmetaleiro: un jevi anticapitalista que non quere ser punki por que ama a melodía sincopada.
  3. NSBM ou BMNS (valga a redundancia): xevis nazis. Só se diferencian dos anteriores en que ensinan o sobaco nos concertos e din odiar ós negros porque teñen pirolas mais grandes e apenas lles fai falta ir ó ximnasio pra teren musculatrua.
  4. RABM: metaleiros anarkoumunististsyis.
      • Emos: metaleiros choróns que queren parecerse ás nenas e ramatan sendo nenazas.
    • Furry: friki que lle gosta disfrazarse de animal cun disfraz de pés a cabeza e mesmo foder así desa facha!!
    • Mods: visten coma se estivésemos nos 60, con parkas e chapas (pero sen seren chapeiros, ou sí) e moito flekillaxe.
    • Comikeiros: teñen a casa chea de cómics ou Banda deseñada, soen ser motivo de burla de seus pais e familiares ata que ven as coleccións de hentai. Entre eles o pior son os que consumen Marvel onde hai un superheroe con poderes máxicos que sempre salva a New York). Outra subcaste é dos mangeiros, que len só manga e mesmo se fan Cosplay!!
    • Trekkies: fans dunha vella serie de televisión de ciencia ficción, algúns comunícanse en klingon pra poder insultar ós fans doutras series e matar ós fans da Guerra das Galaxias. Soen escoitar gurpos como Camarada Nimoy, digo eu...
Típico ordenador dun friki starwaseiro.
    • Starwarseiros: fans das pelis da Guerra das Galaxias, soen ter estanterías cheas con cómics e dvs e maquetas de naves espaciais desa serie de filmes, algúns mesmo se disfrazan de persoaxes (stormtroopers, emperador) e andan dando polo cos sables láser.
    • Malote: friki dos coches, motos e demais medios de locomoción sobre rodas, a pesar de iren sempre en chándal só fan deporte de motor.
    • Televiseiro: persoas de comportamento extravagante que foron aproveitados por xenios dos negocios como Javier Cárdenas, que conseguiu sacar á luz no programa Crónicas Marcianas a grandes españoles como Paco Porras, Carmen de Mairena, Leonardo Dantés, etc.

Os reportaxes marcianos tiveron éxito e os productores de televisión enviaron varios comandos de xornalistas á caza dos frikis españois. Como este método era custoso inventaron programas de tele como [[Gran Hermano]], Operación Rescate, Sabías alo que venias... que fixeron que os frikis fosen á televisión (aforrándolles a estas empresas moitos cartos a cambio do ridículo que facían) descuibrindo a grandes talentos como Cañita Brava, Luixy Toledo, Tito Superstar, etc.

    • Filatélico: friki que conserva grandes cantidades de selos de correos pra legalos ós seus descendentes (por vía secundaria) e dentro de mil anos seren multimillonarios.
    • Roleiros: persoas que xogan ó rol e despois andan matando xente... ou iso dici miña avoa, como moito andan disfrazados en certos montes facendo o que lles manda uns dados e un manual.
    • Cosplayer: persoa que en vez de gastar os cartos en droja e ir de botellón vai a congresos de comics xaponeses a disfrazarse dalgún persoaxe deses cómics.

Comportamento friki[editar]

Esta friki vai ser que non é do país...

Atención! se teu fillo ou parente familiar ten algún destes costumes é que ten a enfermidade friki e deberá chamar ao 062 de inmediato pra que a garda civil o meta nun sanatorio e non infecte a outros seres humanos reprimidos:

  • Vestir coma os corvos, todo de negro sempre. Se fai iso ou ben é Filipe II ou pior aínda! un cura! si se mezcla cun cura xevi o mellor é que chame ós da televisión pra que o leven a unha cela de alta vixilancia.
  • Andar dobrados, con chepa. De tantas horas no ordeñador vendo porno, series de TV ou escribindo na frikipedia. Grazas a que os móviles teñen internet agora xa non hai tanta chepa e podes ver a xente zombificada paseando polas rúas mirandio pro teléfono sen chamar a ninguén.
  • Gastar os cartos en chorradas pra nenos pequenos (maquetas de naves espaciais, cómics, estatuas de polivinilo tamaño natural de Palpatine ou Alien, xogos de mesa asurrrdos)
  • Ir moi sucios debido a que gastan o tempo en chats de fans, buscar trapos de cosplay, escribir chorradas aquí...
  • Non facer deporte e así teren ideas moi raras raras raras.
  • Iren a sitios que meten medo, como museos, salas de concertos, tendas de cómics... en vez de iren ó bar a tomar cañas vendo fuchibol.
  • Non teren amigos de carne e óso, e se os teñen son mais raros aínda.
  • Non falar de fútbol nin de coches/deporte.
  • Quere ter filllos como clonación barata e así dominar o mundo! MUAHAHAHA
  • Facer chistes que só entende él.

Bioloxía[editar]

[email protected] habitan nas bibliotecas.

Os frikis pasan gran parte do tempo de ocio e están improductivos (a nivel capitalista que non consumista ou intelectuá) o maior tempo posible, aínda que estén activos a nivel neuronal súa actividade ten punto álxido durante a noite pero cun baixísimo de socialización, comida e defecación.

Organización de grupos[editar]

A maior parte do tempo soen estar sós, pero pra non rematar suicidándose ou pra que os malotes dos instituto non os extingan soen xuntarse entre eles en asociacións pequenas de tres ou catro, aínda que o nivel de crosserismo é moi alto; o grupo soe consistir en varios suxeitos de ambos sexos sen líder claro. Cando xorden perigos cada un soe buscarse a vida como pode a non ser que sexa un grupo organizado entón fan piña e sacan os sables luz que en vez de seren de plástico son de uranio) pra repeler intrusos no seu territorio, aínda que a maior defensa é a de levar aparatos inútiles que só lles serven a eles e así nunca lles rouban ou senón non ducharse en varios días pra que o cheiro afaste calquera perigo.

Dieta[editar]

Debido a que a frikeza soe darse en adolescentes a dieta está marcada polas nais destes suxeitos, cando alcanzan a independencia teñen que acudir a internet e ver tutoriales pra facerse de comer (pero nunca verían un programa de cociña! que mainstream por Niarlathotep!) aínda que soen caer no costume de comer só pasta e demais platos de cociñamento rápido pra non perder tempo diane dun aparello que non sexa un ordenador.

Algúns exploradores atrevidos nembargantes afirman ter visto ó friki comer trapalladas como gominolase mesmo ir a restaurantes xaponeses a probar o sushi, mais por todos é sabido que ao final rematan por chamar a pizzamobil pra que lles leve o papeo.

Reproducción e ciclo vital[editar]

A maioría dos frikis teñen que esperar ós 21-26 anos pra teren relacións sexuais (excepto as mulleres frikis que sempre o conseguen antes con algún chulo que despois pasa delas) e cando o conseguen soen ser tras varios litros de alcol inxerido ou falar de como lle gustaria ser o prota de Cincuenta sombras de Grey pra poderen acceder á cópula.

O seu ciclo vital é moi rápido e teñen unha esperanza de vida moi curta debido ó seu comportamento antideportiano e ó consumo de radiación provinte do ordenador, soen pasar da nenez á adolescencia sen enteirarse de nada, na adolescencia soen facer o amor consigo mesmos ata que van á universidade e se atopan compañeiras frikis (un friki nunca lle mete a língua a outra compañeira de grupo frikil) que acceden a levalo a un botellón pra pasar a dulto e así poder chingar e medrar. Durante todas estas fases o frikis ou ben foi un delgaducho ou ben un bocoi, mais na fase vinteaneira sufre cambios metafísicos que o levan a mudar a súa fisionomía, a uns pra mal e outros pra ben; dándose casos dalgúns que mesmo van ao ximnasio!!

Evolución[editar]

O fósil mais antigo atopado de friki provén do paleolítico das covas prehistóricas de fai 3,5 millóns de anos cando xurdiu o pensamento friki-máxico relixioso, pensándose que foron os frikis os que inventaron a relixión que fixo que este grupo subhumano se separase do resto da especie aló fai 5 millóns de anos e acometendo o nacemento das grandes civilizacións de Sumer, a Atlántida, as Quimbambas e Ianquilandia. Apareceu por primeira vez en Europa grazas ós megaliteiros dando lugar despois a druidas, Pontífices, Augures, cregos, curas, santos e masters.

Distribución e hábitat[editar]

O hábitat [email protected] frikis alcanza actualmente certas partes de todos os continentes, sendo mais numerosos en socieades industriais que alienan ós seus súbditos facéndos caer no frikismo: en América a maior parte concéntranse no Norte, en Europa na parte Noroeste, en Asia na Surleste, África no sur e Oceanía nas illas de Australia e Nova Zelanda.

Na Península Ibérica o hábitat deste grupos soe estar concentrado nas cidades con individuos crossover nas vilas e aldeas, teñen maior visibilidade en cidades como Madrid, Valencia, Barcelona (meta dos frikis españois), Lisboa, Logroño (onde teñen a súa festa no Fricoño), Ponferrada, Porto, A Coruña e Bilbao.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Friqui.

Outros artigos[editar]