Galifornia

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


As míticas patinadoras do paseo de Samil.

A Galifornia é un Estado da URCI (Unión de Repúblicas Celto-Ibéricas, o que antes era Portugal, Andorra, España e Xibraltar). Lugar por antonomasia dos surfers, tías cachondas, alpinismo e a maior industria do cine carpetovetónico (con grandes estilachos como O Galploitation) así como un dos lugares do planeta Terra mais viciosos.

Historia[editar]

Galifornia foi fundada milenios atrás por varios indios do Imperio Celta que vendían mexos facéndoa a pasar por cervexa, pero como chovía tanto arredor ninguén lles ía ao chiringo, polo que decididos a atraer clientela comezaron a contar contos sobre meigas, Santa Compaña e lobishomes para ver si así viña Friker Jiménez ou Antón Rebollido cos seus amigos frikis, pero iso atrouxo á Inquisición española a conquistar a zona, as décadas entre 1939 e 1970 foron moi decadentes e de aquí só se sacaba ouro, carne e man de obra barata para o mercado do porno español.

Todo iso cambiou cando a finais dos 70 Paqui decidiu que tamén había que invertir algo no lugar onde nacera, así que enviou varias mandas de xabaríns e perdices aquí para que houbese algo que cazar nas súas vacacións. Nunha destas xeiras, Timothy Leary (que ái convencer ao ditador de que abandoase o nacionalcatolicismo polo Elesedismo) perdéndose entre Vigo-Ourense rematou vagando polo concello de Melón onde descubriu unha seita naturista nas súas pozas, ao publicarse esta existencia atrouxo a miles de jipis, rockeiros e nerds sesenteiros a este cuadrante NO da Península Ibérica que revolucionaron a cultura sacándoaa do mainstream católiceuropeo e inventando grandes cousas como internet, o star system, etc...

Lugares populares de Galifornia[editar]

  • Illas Cíes.
  • Negueira de Muñiz: onde mora unha das comunas jipis mais lonxevas da historia.
  • Praia das Catedrais en Ribadeo.
  • Rías Baixas: onde ir ver aos actores famosos de turno coas súas bodegas de Napa.
  • Cidade da Cultura de Galicia: onde ir consumir cultura hipster de paso que te torras ao sol.
  • Allariz: a vila antimainstream da Galicia.
  • Lugo: sobre todo no Arde Lucus, que pechan toda a muralla e se inunda dentro con auga para facer unha naumaquía.
  • Ourense: onde podes encherte de Chi facendo "ofuro" nas pozas de Outariz.
  • Costa da Morte: onde facer alpinismo-surf mentres pillas percebes!!!
  • Portomarín: a vila que fuxiu da antiga aldea no fondo do val debido a que algúns chamaran a Cthulhu, que seica vive nas vacacións aló embaixo....

Inventos de Galifornia[editar]

O Cartel de Hollywood nun outeiro de Galifornia.
  • Queimada: aprendes a manexar o lume e fas espiritismo!
  • Licor Café: curas do resfriado e vas preparado para seguir de festa/deporte mais horas!!
  • Polbo á feira: enche o bandullo de algo brando para logo non sufrir cagarría cando estés no alto das ondas do mar de Vigo, e ai! se viñera meu amigo!!
  • Urbanismo rural galego: toda casa debe ter rouseo arredor, e cantos menos veciños mellor!

Economía[editar]

  • Balnearios onde ir desetresarse.
  • Destrución de tódalas actividades industriais, e si hai algunha fábrica á que se lle achegan casas deixar que sigan construindo ata que expulsen á factoría.
  • Pozas da Galicia profunda onde ir bañarse en bólas agora que xa nons e usan de regadío e están tapadas pola vexetación, cero voyeurs!