Game of Thrones

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Game of Thrones (homónimos).


Game of Thrones
Formato Fantasía
Drama
Creado por Serie:
David Benioff
D. B. Weiss
Novelas:
George R. R. Martin
Intérpretes Ver lista de personaxes de Game of Thrones
País de orixe Bandeira Usa.png Estados Unidos
Lingua(s) Inglés
Temporadas 5
Episodios 50 (Lista de episodios)
Produción
Localización(s) Irlanda do Norte
Malta
Croacia
Islandia
Marrocos
Escocia
Estados Unidos
Duración 50-65 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixe HBO
Formato de imaxe 1080i (HDTV)
Primeira emisión 17 de abril de 2011
Derradeira emisión presente
Ligazóns externas
Páxina web

Xogo de Tontos é unha serie de televisión baseada na Canción de xeo e lume de Homero, nela cóntanos como se pelexan varios clans familiares por dominar o trono de ferro antes de que inventasen a democracia e deixaran de perder cartos e vida en guerras absurdas.

Argumento[editar]


Placa de aviso de Spoiler.jpg Aviso de Spoilers! Atención: Esta sección/ou artigo pode revelar detalles da trama e/ou
do argumento, de xeito que Luke Skywalker é fillo de Darth Vader.
Agora que eu dixe, pode continuar lendo...
Espectadora ao ver a voda vermella.

A serie está basada nunhas novelas do século XX (a serie radíase no XXI) pero contra a terceira tempada e vendo que o vago do escritor se mataba a pallas vendo as esceas da primeira tempada en vez de escribir a continuación dasaga os directivos decidirion que a serie iría por un lado e as novelas por outro, creando así unha paradoxa ficcionalespazotemporal que provocou o caos en Occidente a mediados do século XXI e o renacemento da Idade Media en todo o planeta Terra... pero con tecnoloxía da Idade Contemporánea.

O rei Juanka decide ir buscar a seu mellor amigo as terras do norte para que lle faga de primeiro ministro, alí na capital seu amigo descobre que aquelo é un niño de víboras e morre, súas fillas tentan sobrevivir mentres se desata a guerra civil no reino entre os candidatos ao trono de ferro e unha crise inmigratoria se desta no muro de Melilla mentres no sur a antiga dinastía destronada vai xuntando un exército para logo desentanderse do asunto da reconquista do trono.

Por si for pouco xorden unha nova relixión monoteísta e intolerante e a seguridade privada aumenta ante a desetabilización da pública.

Primeira tempada[editar]

Sexo violento.

A casa do rei Juanka necesita un novo primeiro ministro ou man do rei, asi que Juanke vai a Escocia a buscar a seu amigo xa que non confía en ninguén mais. Este acepta e vai a Lisboa, alí descobre un complot da familia da muller do rei, que este a palme e lle deixe o trono a seu fillo primoxénito psicópata pero en realidade este fillo é un incesto da raíña co seu irmán. Claro que se lia un culebrón e o que ti pensabas que era o protagonista da serie morre igual que Pero Pardo de Cela, mentres súas filla maior está prometida ao primoxénito do rei e a menor escapa para ir escoitar un concerto de Rammstein.

Mentres no Muro de Adriano incorpórase o fillo ilegal do que perdeu a cabeza acompañado polo irmán da raíña, un anano libidinoso e moi sabio. Mentres no estranxeiro a ex-familia real tenta conspira contra o reino casando a unha targarien con Atila, pero este morre debido a que a tragarien é moi quente na cama e colle un resfriado tras fodela e saír da cama que o mata.

Segunda tempada[editar]

Mais sexo!

Tras moito sexo e cervexa (isto xa parece Babilonia) desátase a guerra civil feudal, debido ás sospeitas de que a muller de Juanka é un pendón incestuoso e o primoxénito é ilegal os irmáns do finado rei Juanka peléxanse entre eles e o sobriño por ser rei. O anano libidinoso tenta voltar á capital pero é arrestado pola muller do que perdeu a cabeza e internado na cidade aérea de Vespin da que sae vivo tras un combate en vez dun xuízo, logo únese a uns famentos que se unen ao exército de seu irmán que pelexa contra o exército da familia do que perdeu a cabeza (que quería independizar Euskadi ou Invernalia).

Terceira tempada[editar]

Nesta tenpada xa hai menos sexo.

O 99% da familia do que perdeu a cabeza é masacrada pero a guerra civil feudal segue mentres a muller de Juanka tenta manter o seu poder entre conspiradores que aman aos Targarien e loitar contra seu cuñado Stannis que a ameaza desde o norte e frear aos da illa de ferro. Mentres no sur a Tragarien obtén un exército maior e territorio, pero debido a un choque cultural e que quere coller experiencia como raíña detense en Meireen onde se lle van unindo outros conspiradores con ela e seus dragóns alian parda alí por onde pasan, no Norte os salvaxes avanzan tras do muro empuxados polos camiñantes brancos e a garda da noite cada vez está botada a perder, inda por riba aparece por alí o exército de Stannis.

Cuarta temporada[editar]

A partires desta tempada xa case non hai tetas que ver.

John Nenve resucita grazas á maxia da vermella pero os problemas seguen no Muro onde tentan conter aos camiñantes brancos polo que o exército de Staniis fica nesa posición mentres os piratas da illa de ferro conquistan a costa e se unen aos Targarien, que desembracan no reino cun exército mercenario e se lle unen conspiradores, mentres na capital a raíña obriga a seu fillo a ser un rei tiranuelo e iso gusta moito e o pobo únese a el contra os invasores. Nesta tempada son todo mortes e nada de sexo polo que perdeu a tódolos fans e non se fixeron mais tempadas.

Quinta tempada[editar]

John Nenve dá acubillo aos carlistas e recibe o mando da garda civil negra pero os carlistas presionan para que os imigrantes ilegais norteños peleen con eles e como seu patriarca non quer e mátano. Mentres en Invernalia reúnense varias putas e en Lisboa tamén e resucitan a Inquisición española que acaba prendendo a Cersex Lannister a incestuosa que envía un asasino que mata a John Nenve e un axitador comunista a Mereen.

Sexta tempada[editar]

David o gnomo chega onda a Kaleesi e ten sexo con ela, e tan bó que decide mantelo de primeiro ministro, tras desfacerse da burguesía de Mereen colle as súas bombas voantes e vai a conquistar Poñente coa axuda do pirata John Espárragos. Mentres Cersex asasina aos inquisidores e queda de raíña ao suicidarse seu fillo.

Personaxes[editar]

  • Juanka: rei festeiro cun millón de fillos.
  • O Muro: por onde a garda civil negra non deixa pasar a calquera.
  • Nobreza: unha serie de familias que obtén o PIB do reino todo pra eles e mantén na pobreza ao resto da poboación, que ignorante de todo e sometida a través da violencia e da relixión non lles fai unha Revolución Francesa pero xa! Estes nobres son os que provocan de cando en vez guerras civís co fin de ocupar eles o trono. Antes estaban ben vixiados polos Targarien, xa que tiñan dragóns, pero abusaron tanto do poder que perderon o reino a mans de Juanka e seus coleguis e varios traidores.
  • O pobo: o resto de humanos que non viste armadura, viven de traballar, apesta e enche os templos do septón. Soen traballar para manter aos anteriores así como participar na guerra como carne de frecha, pero como a clase aristocrática ten o poder o pobo quere ser coma eles, fanáticos individualistas, e por iso nunca se une para facerlles unha revolución rusa coma Cthulhu manda!
  • Estranxeiros: aquí metemos tanto aos do norte de mais alá do muro (pobo do norte, pictos, escoceses, xigantes de xeo, camiñantes brancos, mudapeles, etc) como aos do sur (escravos, amigotes da Federación de Comercio, exiliados do reino e targariens conspiradores) tamén aos das illas de ferro, illas do diamante e os de Ons. Todos semellan ter a mesma cultura que os do reino (¿WTF?) excepto na escravitude sureña e pouco mais.
  • Putas: na primeira tempada hai moitas e logo van morrendo de diversaas ETS e outras fusiladas polos fanáticos do septón ou pola vermella, outras deixan de ser putas debido a que son vellas e ninguén lles paga aída que a guerra civil fai estragos no mercado xa que os soldados violan a tódalas mulleres e claro iso baixa tanto os prezos que xa non serve de moito ser puta.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Game of Thrones.

Outros artigos[editar]