Garda Civil

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Garda civil")
A garda civil no seu esplendor.

A Garda civil, tamén coñecida como Benemérita é unha seita relixiosa escindida do xudaísmo que loita e vela pra que Españistán non se saia do rego marcado por Deus e o Rei.

Foi fundada por Sabela I de Castela pra que os carromatos dos arrieiros pagasen todos os impostos posibles e así ela poder invadir o Novo Mundo coa faltriqueira ben pertrechada, pero debido a que se convertiron no brazo armado contra hipotéticos e imposibles inimigos interiores(masóns, anarquistas, demócratas liberais, rojos) colleu mal nome.

Historia

Garda Civil natureza.jpg
Civilguards.jpg

A Garda civil foi fundada no século romántico para eliminar os moitos mendigos violentos que infestaban os camiños, para que Madrid controlase esta policía organizouna estilo prusiano.

Dirante séculos a guardia civil fixo isto.

Durante o século XX seguiu cumprindo seu papel de brazo armado da burguesía. Na restauración borbónica estiveron á orde dos caciques pra poder abrir as urnas electorais a gusto, na IIª República Española aumentou seu número pra que as perigosas masas de ignorantes liberais non se visen arrastradas polas ordas marxistas que trataban de democratizar Españistán para así convertila en España, asi que na Guerra Civil Española dividíronse entre leais e revoltosos ao igual que o resto de españolistas asi que os gardas civís republicanos foron depurados mediante o test de Voigt-Kampf e devolvéronos á garda civil ou á policia nazional seguindo vixiando a persoas que querían democracia e non ao rei Franco. De paso absorbeu a axencias de seguridade rivais (os carabineiros, a garda urbá, a garda de asalto republicana).

Durante a Transición e democracia borbónica foron usados como instrumento de espionaxe e multadores, cada vez que se cansaban os beneméritos de conxelacións de soldo, de que non lles deixen sindicarse e que manden sobre eles os militares fan folga de brazos caídos.

Gardas civís famosos

Desgalería de imaxes da Garda Civil

Sabías que...

A que escribiu seus honorables estatutos.
  • ... Antes parecían os nazgul? Co capote ata o chan e o tricornio e bigote reglamentarios... uhhh
  • ... Déronlle matarile a Curro Jiménez.
  • ... Participaron na Revolución galega de 1846 no Exército de Libertazón de Galicia?
  • ... a garda civil submarina creouse en Sevilla? Claro, como alí hay tanto mar...
  • ... varios gobernos estiveron a punto de suprimilos? Porque antes de chegaren ao poder os gardas dábanlles de ostias ou fusilaban a seus camaradas e logo unha vez no poder xa non facían nada (caso da Vicalvarada, o PSOE nos 80, etc)
  • ... foron suprimidos por Alberto Núñez Feijóo ao integralos coa Policía Nazional? Seguindo súa obesesión unificadora co gallo de que así gastarían menos e compartirían información entre axencias e conseguiron acabar cos putos de Resistencia galega.
  • ... o primeiro director non militar foi Luís Roldán, un mangante e terrorista estatal? Pra unha vez que cambiaban arreóh!
  • ... Participaron en dous golpdes de Estado (Golpe de Pavía na Iª República apañola en 1875 e 23F en 1981) e unha revolución (a de 1846).

Véxase tamén

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Garda Civil.

Ligazóns externas