Gigurros

De Desgalipedia
.

Os Gigurros eran unha tribo castrexa dos astures galaicos. Entre as súas cidades destaca Calubriga.

Historia[editar]

Mapa das trebas galaicas.

Os Gigurros eran troianos fuxidos da desfeita de Troia, foron seguindo a Eneas, pero éste despistounos porque quería ser o único machote que fundase o Imperio Romano polo que estes troianos remataron saíndo da rexión mediterránea e decidiron seguir ao primeiro barco que viron. O que resultou ser un barco micénico, ao que seguiron sen saber pola ruta do estaño, deixaron seus barcos desfeitos en Oia e subiron polo río Miño arriba ata que deron cunhas teras que estiveran habitadas por pobos mais débiles ca eles, establecéndose finalmente en Valdeorras.