Godzilla

De Desgalipedia
Godzilla despertar.jpg

Godzilla é un personaxe do cine.

Traxectoria[editar]

Godzilla e amigos vendo ese artigo na Desgalipedia

Godzilla vivía feliz no triásico superior coa súa familia ata que unha nave espacial extraterrestre destruiu o seu edén e foise refuxiar nunha cova superkilométrica na que quedou a durmir durante milenios... ata que unha bomba nuclear o espertou e Godzilla saíu á superficie na costa do Xapón do século XX onde comezou a comer a miles de samurais e consumidores de hentai polo que ninguén declarou un nivel de alarma aceptable a ese monstro ata que xa foi demasiado tarde e se papou ao Presidente dos Estados Unidos de América e a civilización humana foise ao carallo.

Logo Godzilla convertiuse no deus do planeta Terra sendo adorado polos simios, que fundaron unha nova civilización baseada na masturbación en público polo que Godzilla se divertía moito contemplándoos e voltou a ser feliz. Excepto cando visitaba museos de ciencia natural e vía a seus veciños fosilizados, que se deprimía e se ía ao furancho mais achegado posible, onde morreu dunha inxesta masiva de Licor Café da casa.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Godzilla.

Outros monstros[editar]