Google+

De Desgalipedia

Google+, pronunciado e escrito ás veces como Google Plus, tamén abreviado como G+ en quimica, é un servizo de rede social operado pola compañía estadounidense Google. Trátase do substituto doutras redes sociais fracasadas da mesma empresa no seu plan de derrotar a Microsoft e dominar o mundo como Google Buzz (copia de Twitter), Orkut e mais Google Wave (ninguén sabe para que serve ese lixo).

Historia[editar]

O nome Google+ non é casualidade. Despois de que Google perdeu un electrón para o ametal Facebook, decidiu facer unha sinxela homenaxe creando unha rede social que ten a mestura de todo o bo e o peor mellor das outras redes, excepto persoas. Xustamente por ese motivo, Google perdía moitos cartos cos seus servidores conectados ata que pechou un contrato de patrocinio co programa Luar poñendo unha ligazón para o programa na parte de arriba das buscas de Google.

Utilización[editar]

Google plus índice.png

O Google+ ten un fermoso fondo branco sen nada, moi parecido co seu Stream (lese se Feed de Novas), totalmente branco e sen nada.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Google+.

Outras redes sociais[editar]