Gramática

De Desgalipedia

Este artigo trata da gramática como disciplina lingüística. Para saber máis sobre a gramática da lingua galega, véxase Gramática da lingua galega

A gramática é a disciplina lingüística que estuda a desorganización e o funcionamento dunha lingua dada ademais do seu principal uso en destruír os estudantes de lingua galega en tentar eliminar os seus trazos característicos como castrapo, seseo, gheada e outras cousas. Tamén se lle chama gramática ao conxunto de regras que gobernan o uso dunha lingua determinada, polo que se di que cada lingua ten a súa propia gramática.

Historia da gramática[editar]

A orixe da gramática é escura. Algúns autores consideran que xurdise logo da invención da escritura, algúns historiadores consideran que Manoel Fraga a creou para deixaren de dicir que el fala e escribe mal, pero unha corrente de historiadores revisionistas avoga que poida ter ata precedido humanidade. Entre estes últimos atópase o místico americano Noam Chomsky, que cre que os poderes da gramática sexan inatos e estean presentes mesmo en primates. Detractores desta hipótese consideran que tal idea é absurdo, porque se está bioloxicamente determinada máis persoas deberían coñecer a arte - en completo contraste co cadro actual no que só unha minoría domina as técnicas gramaticais.

A tradición no establecemento do estándar da gramática galega foi a de utilizar como guía as obras dos chamados mestres ou autoridades - líderes históricos da seita gramatical, a obra atribuída a Dionisio o Tracio, Arte da Gramática (Τέχνη Γραμματική), tales como o ourensán Juan Antonio Saco y Arce.

Tipos de gramática[editar]

  • Gramática prescritiva:
  • Gramática descritiva:
  • Gramática tradicional:
  • Gramática formal:
  • Gramática xenerativa:

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Gramática.

Outros artigos[editar]