Granxeiro último modelo

De Desgalipedia


Granxeiro último modelo
Formato ficción rural


Granxeiro último modelo era unha serie de televisión sobre urbanitas no campo. A serie era un plaxio remodelado doutra serie do mesmo estilo rural pailán ata que nos 60 as destruíron todas durante a "purga rural" xa que a mocedade quería temas mais candentes e reais.

Argumento[editar]

Placa de aviso de Spoiler.jpg Atención: Aviso de Spoilers
Esta sección/ou artigo pode revelar detalles da trama e/ou
do argumento, de xeito que Luke Skywalker é fillo de Darth Vader.
Agora que eu dixe, pode continuar lendo...

O avogado Oliver decide abandoar Nova York e irse a vivir coa súa glamourosa muller húngara aos Estados Unidos profundo, na aldea de Acres Verdes (Green Acres) comezará unha nova vida, pero cando chega alí descobre que a granxa que lle venderon é unha merda, as terras outra merda e o tractor unha merdísiiiiiiiiiiiiiiiiima! Nembargante os protagonistas decide quedar alí... que por qué? Porque é moi arrogante e crése superior aos paletos que o rodean, que rin del a cachón durante as seguintes 666 tempadas que durou a serie ata que a cancelaron, non como aquí na TVG que só están preocupados polos vellos e desprezan á xuventude.

Persoaxes[editar]

  • Oliver Wendell Douglas: tras varios intentos de plantar marihuana no balcón do seu loft decide marchar ao campo onde cultivar marihuana e peiote detrás dunha barreira de millo, o moi pailán porase a sachar co seu traxe e chaleco posto.
  • Lisa Douglas: princesa do Imperio Austrohúngaro que trala Segunda Guerra Mundial casou co primeiro aviador ianqui que foi a seu pais a liberalos do xugo nazi. Na capital vive moi ben pero cando seu marido decide ir ao campo ela non ten opción xa que viven nunha sociedade patriarcal e consumista e é obrigada a ir ao campo.
  • Señor Haney: o comerciante que lles vendeu a granxa, terras e tractor ao protagonista, é un porco pero moi astuto xa que consegue venderlle calquera trapallada ao protagonista, un urbanita aparvado.
  • Eb Dawson: rapaz do lugar que esnifa pegamento a falta de mellores drogas, por iso sempre anda acelerado e super saído, soe facerlle o amo a Lisa Douglas mentres seu home anda de parvo cunha enxeñeira agrónoma.
  • Fred e Doris Ziffel: os veciños do protagonista, teñen un porco que tratan como a un fillo, soen facer o amor 666 veces á semana xa que son adoradores de Satán pero van sempre a misa dos domingos para roubar ostias e logo blasfemar nelas.
  • Arnold: o porco dos Ziffel, soe entender o idioma inglés e está todo o día diante do televisor a modo de sátira contra a xuventude do país, que non ve que é unha sátira contra si mesmos.
  • Hank Kimball: o funcionario do ministerio de agricultura local, soe facer experimentos con plantas tropicais para aumentar os beneficios da facenda pública e mantén unha relación amor/odio co porco Arnold.
  • Sam Drucker: o tendeiro do drugstore local, fai alcol caseiro na parte de atrás.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Granxeiro último modelo.

Outras series[editar]