Grovios

De Desgalipedia
Os Grovios e súa capital, Abóbriga

Os grovios eran unha tribo castrexa que habitaba no Baixo Miño (ambas beiras) e a Ría de Vigo, onde convivían cos Aelenos. En Cáceres atopouse un texto sobre un groviense desta zona do castro Verio.

Historia[editar]

Os Grovios viñeron do interior do planeta Terra, saíron á superficie no volcán da Illas Cíes e poboaron os arredores, tiveron dúas capitais, primeiro en A Guarda e logo en Tui, guiados por Turiaco conseguiron ser dos mais fortes e famosos, durante a Guerra Fría entre Roma e Cartago estiveron de parte dos púnicos polo que foron conquistads a sangue e lume por Xulio César, que os encuou duramente.

O Imperio Romano escravizounos e os puxo a sacar ouro do miño en Salvaterra mentres facían experimentos ilegais con eles en O Rosal. Cando caeu o Imperio grazas á decadencia propiciada polo Cristianismo os Grovios liberáronse dos romanos, fortificáronse no Monte Aloia e refundaron a súa república comunista, federándose co Reino Suevo.

Cutura[editar]

Debido a que non tiñan internet tiñan crenzas moi curiosas:

  • Profetizaban mirando pros paxaros (en vez de chamar a Rappel ou Aramís Fuster).
  • Seus druídas ían educarse a Irlanda (agora os cregos os mandan á capital provincial).
  • Vivían en vilas porta con porta pra non abusar da enerxía e así non depender do extranseiro(e nonf irmar acordos sumisos con potencias inimigas).
  • Respetaban o medio ambiente, pra que os urbanitas dos grandes oppidas non viñeran enfangarle os ríos decíanlles que eran deuses(como Navia, Deva...)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Grovios.

Outros artigos[editar]