Guía Friqui de Galicia

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.
Portada da Guía chapona de Galicia.

Galiza/Galicia/Galice/Galizia é un país moi tradicional e con miles de historias por todas partes. Nación dominada pola choiva e un clima tropical. Poucas persoas saben onde está Galicia, moitos pensan que en Polonia e a maioría da xente pensan que lle están falar da nación de Astérix e Obélix. Por iso, para paliar esta malvada ignorancia a Desgalipedia tráelles a maravillosa, GUÍA FRIKI DE GALICIAAAAA!!!

Situación e xeografía[editar]

Galicia atópase no cú do Mundo, tirando a man esquerda e logo baixando cara o inferno, razón pola cal se parece moito a Mordor. A súa xeografía está plagada de enormes chairas, desertos e apenas ningunha montaña, asi que ríos aínda hai menos e as nubes corren veloces cara o veciño Reino Mesetario. Galicia está dividida en dúas rexións xeográficas:

  • Galicia costeira: Formada polas provincias de Provincia de Vigo e A Coruña, ambas capitais da Galicia loitan pola soberanía friqui.
  • Galicia interior: Separada da Galicia costeira pola profunda fosa maciza galaica e miles de volcáns, aquí aínda viven sen intenet e adoran ás vacas.
  • Galicia profunda: lugar ignoto e apenas poboado, onde hai lobishomes e sacrificos humanoso en torno a varios deuses primixeniso así como aldeas baixo o control dunha Deusa.

Cultura e historia[editar]

Galicia existe desde tempo inmemorial, xa que a maioría da poboación ou ten alzheimer ou lle gusta aprender a historia doutras nacións, polo que descoñecemos a historia deste lugar.

A cultura galega está empapada de polisantismo e vudú, asi como de cregos satanistas. A relixión plásmase a base de festas gastronómicas onde simbolizan á Deusa en símbolos cárniso e marisqueiros, símbolos de vida e morte á vez. A sociedade galega base a súa economía en plantarlle lume aos montes, a matanza do porco, traficar con drogas e marisco e enchufar aos parentes no seu autogoberno. A pesares diso a maioría dos galegos prefiren emigrar porque lles gusta ver mundo e teñen sangue dos xudeus.

Monumentos e lugares frikis de Galicia[editar]

A pesar de ser Argentina unha provincia galega, non sae na Guía Friqui de Galicia.

A continuación fornecemos aos frikis nacionais cunha listaxe breve dos lugares frikis de Galicia:

As súas rexións[editar]

As rexións de Galicia van segundo as 7 provincias do Reino de Galicia

Provincia de Betanzos[editar]

Provincia de Santiago DC[editar]

Provincia da Coruña[editar]

  • Oleiros: a primeira república socialista marxista dos traballadores e funcionarios.
  • Carballo: capital friki de Bergantiños
  • Culleredo: onde está a base aérea segreda, a área 51 española.

Provincia de Lugo[editar]

Lugo está moi ben protexido.

Lugo é o mais grande de Galicia, rexión onde adoran á vaca, de xeogafía siberiana e clima tropical, polas súas chairas pastorean os sátiros os grandes rabaños de Ents. Por aquí pasan dúas liñas do Camiño de Santiago, que serven para adecentar nas festividades da matanza caníbal dos garrulos lisérxicos.

Provincia de Ourense[editar]

Provincia de Mondoñedo[editar]

Provincia de Tui[editar]

Gastronomía e razas galaicas[editar]

A gastronomía deste lugar é maiormente herbívora, por iso toda Galicia é verde e cada vez os humanos deixan mais terreo ao reino vexetal para así poder papalo logo.

As razas galegas son varias:

  • Humanos: divididos entre oe reinos de Ourensáns, vigueses, coruñeses, lucenses e priscilianenses. viven na superficie da terra e son miserables.
  • Mouros: viven baixo terra e son ricos.
  • Ents: cada vez son mais e habitan toda Ggalicia, na Galicia costeira reinan os ents australianos e na interior os ents romanos.

Lugares e cousas frikis que facer en Galicia[editar]

Provincia da Coruña[editar]

  • Compostela: A Ferradura (onde ir facer misas negras), Casco vello (onde ir de festuki)
  • A Coruña: Museos frikis, como a Casa do Home (onde ver parir en directo todos os días), castelo de San Antón (onde teñen o galeón de Breogán). Ir de festa rachada desde Azcárraga ata o Orzán.
    • Festas: festa de María Pita, festival do Noroeste, Noite de san Xoán.
    • Eventos: Expotaku, Viñetas desde o Atlántico.
  • Betanzos: Ver todos os templos dos góticos, Parque masónico do Pasatempo, facer botellón nas escaleiras da praza da deusa Diana.
    • Museos: Museo das Mariñas (museo sobre a Historia interrexional e onde fan o Anuario brigantino), Museo da estampa Contemporánea (aquí Pablo Picasso estampou ostias)
    • Festas: Romería dos exorcizados, San Roque de Betanzos (coa romería fluvial dos caneiros e a solta do globo nuclear), Festas do viño e a tortilleira.
  • Ferrol: Meterse nos túneles segredos da Armada (aquí está a Área 51 de Galicia). Ir de botellón polo Cantón e a praza de armas e como non ir a Esteiro a civilizarse nos seus bares.
  • Vimianzo: o maior xogo de rol en vivo no Asalto ao castelo de Vimianzo!

Provincia de Lugo[editar]

Entre as movidas alternativas da provinia de Lugo destaca o Agrogay de Monterroso.

  • Chantada: rally de Chantada con curvas criminais.
  • Mondoñedo:
  • Monforte de Lemos: Xevis e frikis saen polos búnkers da zona aristocrática como a rúa Condesa draculalba, como o Cherokee, Cork e tódolos bares do centro que siguen abertos ás tantas.
    • Festas: Virxe catalá, patronais ananassan Mateo, Estación.
    • Eventos: Feira merdieval, Festas do Río, Entroido, festiJazz e verán cultural onde os culturetas tentan lavar o cerebro aos pailáns da bisbarra.
  • Lugo: Pubs, pub Diablo (onde ir escoitar Heavy metal), Pub Garçón (Onde está de camareira Louise Brooks), muralla dos Romanos para que non se colapsen as súas orxías durante o Arde Lvcvs (festa histórica con pijus Magníficus e Coronero de Coeliobriga), Cafetería da Politécnica, Barrio do Miño, discoteca hermo.
    • Festas lucenses: Festas universitarias de Enfermaría (neste curso o porcentaxe de carallos é inversamente proporcional ao de mulleres), Festa da Carballeira (menos mal que hai festa aquí en Outono!), festa do San froilán (entrañable festa familiar enxebre) e Arde Lucus.
    • Eventos: Mercado merdieval, semana do cine infantil, dia da gaita galega, subida ao Monte Mondigo, semana náutica no SeaQuest DSV, torneo de tenis e bambas, xornadas de cultura galeguista, concurso de redacción de "diadema de Moñes".
  • Festas: San Xoán, Noite Meiga.
  • Viveiro: Festuki pola DékadaFestas: Semana Pecadora, San Roco, Romaría do Naseiro, festas da virxe de Neptuno
    • Evento: Resurrection fest
  • Vilalba: Para saír aquí hai que ir pola Troco (a ver quen consegue xogar ao trompicallo)
    • Festas: festa dos Xoses, feira do Queixo de San Costa do Simón, Feira do capado de Vilablanca.
    • Eventos: FIV (festival popi lugués).

Provincia de Ourense[editar]

Travolta perdido en Ourense.gif
    • Festas: Festa do boi.
  • Celanova: A festa toda vai polo centro de Celanova (Pub Patapaf, Pub Meigallo) e senón ás discotecas da Manchica.
  • O Carballiño: Aquí a festa semanal vai desde a Paulino, a Maxims, o Musk, Isis Pharia, etc.
    • Festas: Festa do Polbo (onde paparon ao pulpo Paul)
    • Eventos: a Xociviga (Xornadas de Cine e video de Galicia).
  • Ourense: A festa toda vai polo casco vello onde frikis malotes jebis malotes se mesturan todos en alegre camaradería entre a praza dos Ramóns e a catedral.
    • Festas: As festas de barrio, como a do Corpus e Couto son polo verán, aparte de que tamén no verán está o FAX.
    • Eventos: festival de Cine Independente de Ourense, Xornadas de Banda Deseñada, Festival de Teatro universitario, Fito. Hai dúas supertendas de cómics, Octavo Pasajero e Sindicato do Cómic.
  • O Barco de Valdeorras: A marcha en Valdeorras pasa polas florestas cheas de ninfas pepeiras e logo vai pola discoteca Seven.
    • Festas: Entroido, romería virxe da barca.
    • Eventos: Silfest, Festival Pulpo Pop, Bacofesta (en A Rúa)
  • Verín: Aquí sáese polo casco vello, ollo cos portugas que van coa recortada, así o domingo podes ir pola beira do Támega a ver si aparece Mobi Dick o senón polo Mercadona a ver si hai zumbis enfronte. Os xevis van ao Aquelarre en Laza, popeiros e modernos van a The Garage, o Cool, e o Gandainas, e os malotes e portugas a Superclub, Casa dos Sueñosna rúa Espido!!! (que porno todo iso)
    • Festas: O Entroido e a Virxe María, festa do chourizo, San Lázaro, Maios (en honor ao deus Bandua). Batucada de verán con entroido no verán e festa do viño.
    • Festas: Entroido, Festa do Esquecemento.
  • Monterrei: aquí facíase outro xogo de rol en vivo, Irmandiños, a Revolta pero a Feijóo non lle gustaba e sacárono para tentar poñer outro hotel de narcos.

Provincia de Pontevedra[editar]

  • A Cañiza: Aquí saen á discoteca kanalla mentres papan xamón para poder beber ben xa que o frío de aquí é siberiano.
  • A Guarda: Onde está o mellor marisco e mais barato das Rías Baixas,co seu castelo do XVII e unha cidade Galaica aló arriba desde onde ver se Portugal nos invade e senón invadilo nós grazas ao ferriFestas:festa do monte
  • Caldas de Reis: Aquí incluso hai Cine no Avenida
  • Catoira: Aquí vaise apasear polo mirador da estrada vella a ver se hai suicidas(pra es están na súa esquina unah spompas fúnebres) ou ir ver os muíños do vento e ir con Estilo á cafetería. aínda que a maioría da poboación vai á illa de Bexo a facer orxías satanistas.Festas: Romería Vikinga, Festa da solla catoirense.
  • Lalín: A festa semanal vai polos pubs da rúa B ou senón a quen teñan contratado para o Lalín Arena ou ao Monserra,senón podes ir ao botellón hippie no paseo fluvial do rego das cabirtas alí na rotonda selváticaFestas:feira do cocido musulmán(ou non)Eventos: o ANIRMAU
  • Ponteareas:aquí a festa nocturna está concentrada en torno á estrada nacional arredor da estación de bus, así dun lado yés media rúa chea de pubs dun lado e un pouco mais abaixo pubs e discotecas para tódolos gustos.Se tés sorte Julio Iglesias invítate á súa mansión playboy no Castelo de Sobroso!Festas:Corpus Alfombrae e a festa da Picaraña, festa do Pote,Eventos:Rock in rio Tea,festival de Jazz, e a festa da Picarañaaaaa.
  • Pontevedra: A maioría da xente deste lugar son frikis e estudiantes de belas Artes(os malotes bakalas e gitans van a Porriño ou Vigo de festa) e a festa vai por todo o casco vello para os modernukis está a sala karma onde van os razzmatazzeros.
  • O Porriño: Aquí vai toda a poboación de malotes e señores maiores á Queen/la Reina, esta discoteca e outrso galpóns do lugar atraen a moita mais xente debido á atracción causada polos rapazas quentes.
  • Vigo: Ir de festuki a Viños(casco vello onde Rosalía de Castro vendía o libro vermello de Mao aos jebis) e os modernos a Churruca, afortunadamente os pijos van ao Areal e club náutico a pillar frío(tranquilos as tías van igualmente ensinando chacho). Os lugares frikis por excelencia son ir facer xogos de rol soviético ao castro, pasar polo bar de Catro a Catro a consumir Estrella Galicia, ir comikear a Norma Comics ou Sousa Cómics ou Mazinger e facer Senderrol(senderismo e rol!)Comics.Festas:Reconquista(cando se expulsou a Napoleón Bonaparte)Festas de barrios(festa de Bembivre, Coia, Bouzas...todas no verán)Featas universitarias(San Teleco,San PasKKual) Eventos:Vigotaku, Exponipón de balaídos.
  • Salceda de Caselas:Aquí a festa rivaliza contra O Porrito e Tonecholandia, menos mal que nos queda sala Tuenti.Festas:Festa do cristo Xabarín!!
  • Vilagarcía de Arousa:Non todo vai ser andar na fariña aquí podes ir a ver que hai no Multicines ou pasar pola Fexdega ou no Auditorio Municipal Festas:Festa da Auga,
  • Tui:Aquí a xeografía manda na división ideolóxica da poboación, os malotes bakalas e portugas van a Metropol e Anubis(ao principio de Tui) e os jebis, frikis, culturetas e punks ao casco vello.Festas:San Telmo, Rebordáns festa,etcEventos: Festival de Documentais de Tui ou PlayDoc, semana do teatro afeccionado,Transgalaica(a ver quen logra sobrevivir subindo o Monte Aloia).

Calendario festivaleiro de Galicia[editar]

Que ben se está cando se está ben.

Entre os Festivais de galicia que existen agora a principios do século XXI hai unha enorme oferta friki:

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]