Guerra Civil Española zombie

De Desgalipedia
Guerra Civil Española zombie
GCEZ2.jpg
Data 2014
Lugar Hespaña
Resultado Fin da epidemia de zombies, izquierdistas, nacionalistas, periféricos, xitanos, moros,etc

A Guerra civil española zombie foi a animalada que montou o goberno pepeiro de Rajoy pra deter o andazo de Ébola en Españistán aínda que en realidade foi para deter aos de Podemos.

A Orixe[editar]

Todo comezou cando Rajoy se trouxo un par de lord siths ou curas infectados a España debido ao tradicional pailanismo e incompetencia do Reino de España o virus saltou do hospital á rúa, foise tomar un batido de chocolate e claro aproveitou pra manter relacións xenéticas con outras células e así expandeuse por todas partes creando españois zumbis que atacban a todo o mundo infectándoos.

Fases da guerra civil española zombie[editar]

Apocalipse zumbi[editar]

Guerracivilespañolazombi.jpg

Os madrileños foron os primeiros infectados pero grazas á FAES, sobres de Bárcenas e Federico Jiménez Losantos fixéronos pasar por perroflautas 15 emeros e destruíronos pero algúns fuxiron polo metro e chegaron ao extraradio e extendéronse grazas ao AVE. Rajoy enviou tropas especiais do KGB, perdón, da Garda civil e da policía nazional atrás deles e claro, tamén se infectaron fundando os soviets zumbis despiña e montouse o pifostio.

Batalla de Minas Asturies[editar]

Deuse na cornisa cantábrica, onde se reunían os infectados nas montañas e minas abandonadas polo que se enviou ao victo exército español limpar a zona, pero foron devorados todos e o perigo aumentou. Aproveitando as montañas os rebeldes zumbis sobreviviron na cova de Don Paio e desd ealí comezou a Reconquista zumbi de españa.

Batalla de Rocesvalles[editar]

Debido a que os infectados marcharon ás montañas Piurenaicas o goberno enviou un destacamento de arios, que de paso aproveitaron e masacraron á poboación catalanista.

Batalla de Tarifiya[editar]

Grazas a unha estratexia do xeneral von Ludendorffen conseguiron arrinconar grandes grupos de infectados no sur e os masacraron a todos baixo os plásticos en Andalucía de paso que reconquistaban a Junta os pepeiros e a convertían nun cortixo.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]