Guerra Civil Galáctica

De Desgalipedia
Guerra Civil Galáctica
Death star explosion.gif
Data 19 BBY-19 ABY
Lugar na Galáxia (O Rly?)
Resultado Derrota do Imperio Galáctico e creación da Nova República Galáctica.
Cita1.pngHai moito tempo, nunha galaxia moi, moi lonxe...Cita2.png
Narrador sobre a Guerra das galaxias.

A Guerra das galaxias, ou Star Wars, é un argumento ficticio no que uns rebeldes se enfrontan a un goberno só porque este pon orde e progreso e iso lles fastidia e por iso crean a Guerra civil galáctica, pero debido a que foron os rebeldes os que gañaron lle puxeron de nome Guerra galáctica a este conflicto e quedaren eles de buenos!!

Orixe do conflito[editar]

Todo pasou cando o goberno de Darth Vader quixo facer unha ampliación da A666, e había un planeta enteiro no medio e medio do trazado, polo que anunciou con tempo e fixo as expropiacións precisas e destruíu o planeta para que a autovía galáctica puidese seguir seu camiño e levar a civilización mais alá da Galaxia Transilvania (onde sucede todo) e que todos os habitantes do Imperio Galáctico poidan visitar a capital, sita no planeta Transexual. Pero iso non gustou a uns bloqueiros e canfrautas que había nos arredores, polo que atacaron á Estrela da Morte con requisitorias, pancartadas e sentadas galácticas. Vader púxose algo estresado e enviou á policía, que se pasou un pouco á hora das detencións e barrer a todos con mangueirazos de protóns de carga negativa.

Debido a que os medios de comunicación contaron a verdade os canfrautas montaron en cólera porque non contaran a "súa verdade" e comezaron a organizarse en células terroristas seguindo modelos anarquistas para forzar ao Estado a medidas mais fortes e iniciar unha guerra co fin de destruir ao estado e crear a utopía anarquistoide.

Historia de Star Wars[editar]

Debido a que o emperador Palpatine está cerca da súa xubilación e que Darth Vader é moi ambicioso, este cae na trampa dos subversivos e comeza unha guerra, xa que o están mirando os imperios veciños e si ven que é débil poden aproveitarse deles, por outra banda a Federación de Planetas Unidos está á espreita e si pode sacar tallada comercial farao, polo que Darth Vader tentará destruir a seu inimigo interior canto antes, pero debido a varios escándalos sexuais debe facer unha purga entre o estado maior e se carga aos mellores raposos da estratexia polo que comeza mal a guerra.

Selfie cos rebeldes.

Os subversivos deciden bautizarse como "rebeldes" e forman unha alianza anarquista intergaláctica, co fin de ninguén pense que son os dun planeta que queren meter barullo para sacar privilexios. Asi conseguen que se unan mais persoas á súa cruzada do odio e cargan contra o sistema defensivo do imperio, as estrelas da morte, destruíndoas. Polo que fora pouco, convenceron aos fillos de Darth Vader de unirse á rebelión, para así desanimar o seu pai. Finalmente este cae morto a mans de seu fillo, e anos mais tarde cae a capital, o planeta Coruscant, onde a emperoratriz, un clon muller do emperador seguía rexindo os destiños da galaxia. Finalmente os subversivos gañan a guerra civil galáctica e forman unha nova república galáctica onde os mujaidin/guerreiros jedi seguen facendo de gardiáns da revolución.

Desgalería de imaxes da Guerra Civil Galáctica[editar]