Guerra fría

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Guerra Fría")
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Hammer and sickle.png Atención, Kamarada!

Este artigo foi aprobado polo Consello de Protección a moral da Familia Soviética como libre de contido subversivo.
Se vandalizar aquí a marcha revolucionaria, Stalin ha che mandar ao gulag

Cita1.pngA Guerra Fría é unha guerra que pasou no polo norte, entre Papá Noel e Rudolph (un dos principais líderes do exército dos renos).Cita2.png
Alumno da ESO explicando a guerra fría.
Cita1.pngO fin da guerra fría se deu co inicio do quecemento global.Cita2.png
Outro alumno sobre a guerra fría.

A Guerra fría foi un conflito semibélico que se deu na segunda metade do século XX que somos obrigados a estudar na ESO sobre dous bloques antagónicos ideoloxicamente nunha guerra sen conflito directo pero con conflitos indirectos no que os dous bandos prestaban axuda ós diferentes continxentes, e con guerras de influencia e económicas. Durou do 1948 co Golpe de Praga ata 1991 coa disolución da Unión Soviética e non entre o hemisferio Boreal e o hemisferio Austral (hai xente que pensa que a Guerra fría foi entre os Polo Norte e Polo Sur pero de ser así sería Guerra Conxelada).

Historia[editar]

Orixes[editar]

O exército vermello indo estender o comunismo en Europa.

Trala derrota do fascismo, Europa atopábase semidestruída e cunha forte presenza militar, no oeste, exércitos de democracias occidentais, e no leste o Exército Vermello da comunista Unión Soviética. Nestes últimos países, a URSS comezou a apoia-los partidos comunistas, que pronto acadaron o poder e así comezaban a nace-las democracias populares. Pola súa parte, o presidente Harry S. Truman pronunciaba a chamada doutrina Truman, defendendo que os Estados Unidos axudarían a calquera país que fixera fronte á "ameaza comunista". Baixo esta doutrina amparáronse numerosos réximes ditatoriais ó longo das seguintes décadas, como Franco.

Todo viu cando o Imperio Británico e o Imperio Francés quixeron foder ao Imperio Ruso en varios puntos do planeta Terra e o Pope Stalin decidiu amosar o seu poderío, polo que Occidente colleu medo e decidiu invadir o resto do planeta iniciando unha escalada de tensión, pero grazas ás películas postapocalípticas nunca se produxo a Terceira Guerra Mundial durante a Guerra Fría, e si se produxo non foi como as outras guerras mundiais anteriores e somos parvos por aceptar o que nos dí o History Channel.

Proceso da Guerra fría[editar]

Equipamento de espía de KGB moi usado durante a guerra fría.

Todo comezou nunha aldea do Courel, cando os rusos trouxeron a primeira nevera, isto chocaba contra as tradicións de usar as neveiras prehistóricas do lugar (pozas á sombra onde acumulaban neve) debido a que esas pozas neveiras eran dominadas polos capitalistas que comezaron unha propaganda contra das neveiras maquinais, isto saltou á política internacional xa que moitas neveiras viñan de Alemaña Oriental e iso non lles gustou aos espías e comezou unha guerra segreda entre as diversas axencias, sendo as principais a CIA e o KGB que comezaron a dominar o mundo e foder ao rival en tódalas partes do globo.

Primeiro foi en Europa, logo cada hemisferio comezou a servirse dun imperialismo encuberto para lograr negocios, sobre todo nos países descolonizados.

Caída do Bloque Comunista (1989-1991)[editar]

As consecuencias deste período foron:

Bandos[editar]

Países non alienados, desinteresados e os que xogaban a dúas bandas[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Guerra fría.

Outros artigos[editar]