Guerra Temporal

De Desgalipedia
Guerra Temporal
Timewar.jpg
Data 2016 - 3034
Lugar Universo enteiro.
Resultado Aínda non comezou pero estamos perdendo agora, porén Chuck Norris lidera un equipo de ataque para sabotar ós editores no seu cuartel xeral.

A Guerra temporal foi/é/será un conflito interdimensional entre distintos gobernos, especies humanas e cuxos movementos parten de distintas liñas temporais.

A maioría dos que tentaban mudar o pasado para alterar o pasado sóense nomear co nome de Editores e os que tentan manter o equilibrio temporal Normalizadores.

Orixe do conflito[editar]

Os dos Estados Unidos Profundos tentaron voltar ao pasado a matar a Lincoln antes de ser presidente.

Todo veu debido á idiosincrasia do xénero humano e os distintos puntos de vista entre este universo e o Universo inverso.

Algúns historiadores novatos con ganas de fama afirman que a guerra debeuse en realidade ás ganas que tiñan os heteros falócratas de seguir dominando o mundo e ante o trunfo de novas ideas tentaron mudar o seu presente mediante o viaxe temporal para eliminar a tódolos filósofos, artistas, activistas e demais progres do século XVIII-XX.

Frente pasado[editar]

Outros tentaron que a Revolución Francesa se fixera universal.

En Boimorto situouse unha das primeiras portas espazotemporais coas que comezou o envío de continxentes cara o pasado, enviando reximentos ben pertrechados para alterar o curso da Primeira Guerra Mundial, enviar asasinos a Hitler ou ciruxían plástico a Jean Paul Sartre.

Frente futuro[editar]

Algúns foron tan desleixados e deixáronse ver e mesmo retratar.

Debido a que algúns estrategras aínda non aceran grazas aos sasinos enviados ó pasado, comezouse a usar nenos para a guerra coma se fosen estados africanos, que tiveron a grandísima idea de seguir coa guerra no futuro por incontrolado que fose, así clonáronse dinosauros, repoboouse Galicia profunda e creáronse demais paradoxos temporais co fin de destruir ou frear ó inimigo.

Estancamento da guerra[editar]

Debido ás novas tecnoloxías xa non fixo falla usar portais e demais tecnoloxía obsoleta cool, ao usar polímero e meter as máquinas temporais dentro dos corpos dos propios combatentes (elexidos pola ONU para semellante operación) provocando unha guerra de guerrillas a base de pequenas accións que grazas á teoría do caos ocasionaban múltiples fracturas temporais e liñas paralelas de acción que engudellaron aínda mais o tema.

Pero grazas á economía os diversos Estados belixerantes entraron en crise e algúns en recesión, polo que tiveron/teñen/terán que abandoar a guerra por momentos pero facendo que se estanquen seus efectivos en pequenas escaramuzas sen sentido.

Fin da guerra[editar]

Grazas á presión e que todos estaban fartos de guerrear e xa non sabían quen era quen decidiuse por fin á guerra a comezos do ano 6666 D C. Xuntouse toda a tecnoloxía de viaxe no tempo e destruiuse en alta mar nalgún lugar ignoto e a moita profundidade (según Antón Rebollido ao lado das ruínas do Titanic).

Desgalería de imaxes na Guerra Temporal[editar]