Guerra da Independencia española

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Banderaespaña.png Este artículo contiene una alta dosis de humor español que probablemente
no entiendas si no provienes de la Península Ibérica o de las colonias restantes)


Si no eres de esta casta tierra, probablemente pierdas el tiempo leyendo esto.


Guerra da Independencia española
El Tres de Mayo, by Francisco de Goya, from Prado.jpg
Data 1808 a 1814
Lugar Península Ibérica.
Resultado O Imperio británico gañou a guerra.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Frente Sur das Guerras napoleónicas.Cita2.png
Google sobre Guerra da Independencia española

A Guerra de Independencia española é o nome que recibe a malleira que o pobo español (axudando ó exército inglés) lle meteu ó exército francés en España pra liberar a Fernando VII do seu costume de ir de putas en Francia e que Napoleón Bonaparte deixara de cobrarnos impostos sen obra pública a cambio, desde 1808 até 1814.

Aínda que o termo "Guerra de Independencia" é falso, xa que Napoleón non quería convertir a España nunha provincia do seu imperio, pero si cambiar a dinastía reinante dos Borbóns pola súa propia.

Antecedentes[editar]

Simbolo da España afrancesada.

Trala Guerra das laranxas a monarquía borbónica española abandoara o reino baixo a órbita do imperio napoleónico, como o parvo de Fernando VII deu un golpe de estado contra seu pai (motín de Aranxuez) Napoleón Bonaparte decidiu que os reis españois eran demasiado parvos e que os españois se merecían un rei mais moderno, como por exemplo seu irmán Xosé Bonaparte.

Asi que fixo firmar unha renuncia ós reis de España e enviou a seu irmán á Península Ibérica, sendo moi ben recibido polas elites do reino, excepto polo pobo que non lle gostaba ter un rei extranseiro e pouco católico (porque xa se sabe que se o rei non é católico Deus baixará e destruirá a España).

A guerra contra o francés[editar]

Debido a que os reis españois esixiran ó seus vasalos que obdecesen ó rei frachute formouse unha Xunta masónica que, desde Asturias, conspirou pola liberdade de España, enviando unha embaixada a Inglaterra pra conseguir hooligans e armas, e ordeou a guerra contra o gabacho. En cada reino das Españas fórmanse Xuntas masónicas e revolucionarias que se erguen contra o invasor, Inglaterra envía un exército de Hooligans celtarras e xunto ó exército español comezaa matar imperialistas gabachos.

Napoleón ó ver iso emigra cara España co seu exército persoal de metrosexuais e comezan a sodomizar a españois e británicos, éstes fuxen polo porto de A Coruña.

A guerra de Guerrillas[editar]

Unha "Alarma" ou patrulla de guerrilleiros galegos espiando o camiño real desde o alto dos cotos.

As Españas fican sen exército e cos aliados fuxidos, inventan uha nova forma de facer a guerra (copiada dos castrexos) a guerra de guerrillas, mentres as Xuntas masónicas organizan a loita das guerrillas, ao tempo que os cregos lles dan un golpe de man e quedan co poder das Xuntas revolucionarias e cambian o ideal da liberdade nacional polo da volta de Fernando VII como rei de España.

Os franceses retiráronse de Vigo en barco que probablemente afundiu na Costa da Morte.

As guerrillas organízanse alí onde se xuntan os veciños coas súas escopetas e chuzos e atacan a pequenas escoltas, correos, patrullas, etc sempre dende lonxe e en pasos de difícil acceso (montañas, barrancos, costas, cotos, pontes...) os gabachos caen coma moscas xusto cando Napoleón mais os necesita, xa que tenta invadir Rusia; mais os ingleses voltan enviar un exército, pero desta vez de irlandeses xunto ós portugueses comezan a corer a balazos ós franchutes e Naboleón negocia unha saída con Fernando VII pra que volte a España e a manteña neutral contra él.

Finalmente Fernando VII volta a España, pero baixo a órbita napoleónica e manténdose neutral na guerra europea contra él e fodendo ós españois que loitaran pola súa volta.

A Guerra de Independencia en Galicia[editar]

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


O levantamento iníciase na cidade de A Coruña o 30 de maio de 1808 grazas á acción de varios conxurados (Sinforiano López, frei Cristóbal Conde, arcebispo de Compostela Múzquiz, Arturo Pérez-reverte e varios suboficiais do rexemento de artillería de Navarra estacionados na cidade).

O día 29 chegara un mensaxeiro da Xunta do Reino de León pra ver qué carallo facían as autoridades en Galicia, este mensaxeiro foi illado do pobo pra que éste non vira que no resto do Reino das Españas se estaban erguendo contra o francés, mais os conspiradores andiveron exaltando ánimos e pirolas e así conseguiron liberar ó mensaxeiro, de catarse de que non estaban sós na súa loita antiimperialista e ao día seguinte organizaron unha manifa coas mulleres e nenos á cabeza e tomaron o pazo da Capitanía xeral e as armas do exército, formándose ao día seguinte a Xunta do reino de Galicia. O 31 fixérons eos ritos masónicos-patrióticos da xura de amor á Galiza e organiouse a resistencia enviando mensaxeiros ás demaias cidades de Galicia (Lugo, Betanzos, Ourense, Tui e Compostela) pra xuntárense na Xunta, constituíndose ésta o día 5 de Xuño de 1808.

O levantamento de toda Galiza e a Xunta do reino de Galicia[editar]

Guerrilleiros galegos na Guerra de Independencia española.

En canto chegaron os mensaxeiros ás demais cidades en todas se constituíron Xuntas locais, organizáronse corpos paramilitares de voluntarios con requisa de armas e a persecución e autos de fe aos bonapartistas. Mais o plan do arcebispo de Compostela de adiantarse a todos e construir unha Xunta de Galicia presidida e controlada por él foi botado abaixo polo resto de conspiradores e o concello de Santiago de Compostela chamoulle a atención sobre as súas pretensións autoritarias e enviou un representante (o Conde de Ximonde) á Xunta da Coruña pra representar á Compostela e a súa provincia na Xunta de Galicia feita na Coruña; asi que o arcebispo de Compostela nunca recoñeceu á autoridade da Xunta de Galicia e montou a súa propia, de carácter absolutista. Nas demais cidades os concellos enviaron seus delegados sindicais á Xunta de Galicia na Coruña e formaron as Xuntas locais.

Debido a que o rei español estaba preso e le dera baixo coaación o poder a Napoleón Bonaparte e éste nomeraa como rei a seu irmán, Pepe Botella, a Xunta de Galicia fixo unha rolda prensa a través do facebook, twitter e tuenti decindo que o poder amanaba de Deus si, peeero que non pasaba directamente ao rei senón que antes pasaba polo pobo e como non había rei o pobo organizaba unha Xunta e mandaba coma se fose o rei, e pra que non houbera problemas o capitán xerenal de Galicia (un delegado do Rei) non sequera chegou a presidila como os españolistas querían, senón que foi administrada por sete persoas, os 7 delegados de cada cidade provincial de Galicia (Tui (co seu representante D. Manuel María Avalle),Betanzos (D. Xosé Quiroga e Guindós, señor de Herves), Santiago de Compostela (O presidente da Xunta o Conde Ximonde D. Pedro García de Cisneros), Mondoñedo (D. Ramón Pardo Montenegro), Lugo, Ourense (D. Benito María Sotelo de Novoa) e A Coruña (D. Francisco Somoza de Montsoríu).

Esta Xunta foi presionada pola Igrexa católica e seus secuaces ata que conseguiron meter a catro cregos elexidos por Deus e María putísima pero non polo pobo. As xuntas dos reinos (Galicia, Asturias, León...) proclamáronse soberanas e chulas, organizaron seus propios exércitos e gobernaron sen dependencia de ninguén os seus territorios pedindo créditos a Inglaterra e como ningunha das Xuntas de cada reino quería dar o brazo a torcer respecto de dar o poder a unhas Cortes (reunión de todas as Xuntas con delegados según dereito de voto) Rexencia (solución absolutista na que o poder quedaría pra uns poucos que mandarían en todas as Españas ata que as liberasen) ou conformar unha Xunta Central, á que finalmente todas as xuntas deron o seu apoio (incluso a Xunta de Asturias que quería protagonizar todo), mais antesa Xunta de Galicia puido firmar un Tratado coa Xunta de Castela e León reunidos en Lugo (este tratado sería denunciado por outros políticos da Xunta Central como un intento de Galicia de "separatismo") mentres a Xunta do arcebispo de Santiago andaba conspirando con outras xuntas dos outros reinos pra foder á Xunta de Galicia xunto cos paspáns da Real Audiencia (Adiencia nacional) que tamén quería ter poder na Xunta do Reino, así xunto con localismos, absolutistas e fillos de puta a Xunta foi adiante pra limpar Galiza de imperialistas.

O primeiro que fixo a Xunta de Galicia foi un exército galego, trasladando dez mil soldados, ao mando do xeneral Ballesta, que estaban ocupando Porto (trala Guerra das Laranxas) ás portas de Galicia pra taponar ó exército franchute, e repatriar 9 mil soldados galegos que España tiña en Dinamarca, así como inventar o servizo militar obrigatorio pra ter 40 mil soldados de toda Galicia (ao final quedaron en 32.768 dos que 22.728 foron ó exército de Galicia en Castela e León e os 10.000 restantes ficaron no país), mais os mil espartanos do batallón literario. Mais este exército foi mandado ao final non pola Xunta de Galicia, senón pola Xunta Central que o sumous a outros exércitos (leoneses, asturiáns, biscaínos... e andiveron de derrota en derrota. así aínda que o exército desaparecu de Galicia non os impostos pra mantelo.

Debido a que Naboleón entrara na Península Ibérica e andivera derrotando ó exército da Xunta Central e entrou en Madrid recolocando ó rei Pepe Botela (que despois sería reposto polos españolistas polo rei Joseph Fernandus Bottle) e a moral estaba polos chans e xa algúns falaban de golpe de estado anarquista ou como mínimo de insumisión fiscal a Xunta de Galicia decidiu invirtir en I+D e creou varios xornais (Diario de Santiago, Diario de A Coruña, Gazeta de A Coruña, Telégrafo político-Literario de A Coruña, O conciso galego, etc) pra ter da súa parte á opinión pública galega, así como folletos e enviar testemuñas de Xehová con revistas patrióticas (Atalaia!) a cada recuncho da Galicia profunda.

A entrada do francés en Galicia[editar]

Vázquez Varela presenza a toma francesa do Concello de Vigo.

Debido á blitzkrieg de Napoleón, que consegue derrotar ó exército da Xunta Central e ó exércio inglés, éste decide fuxir e roubar pol camiño todo o que lle fai falta e tomar un iate nos portos de Vigo e A Coruña pra fuxir co rabo entre as pernas cara a puta Britannia, así os gabachos entran en Galicia perseguindo a Sir John Moore e a ocupan, aínda que a Napoleón Galicia lle importara unha merda e non pensaba sequera ir visitar a Prisciliano en Compostela tivo que enviar ó seu exército perseguindo ós británicos. Así o exército gabacho ao mando de Soult (que ocuparía toda Galicia e logo invadir polo Norte Portugal) e Ney (que o auxiliaría militarmente e administraría a rexión galega).

En 26 días coupan toda Galicia. Os gabachos ocupan Lugo o 9 de xaneiro de 1809, o 11 cae Betanzos (que os franceses salvan de ser destruída polo exército inglés nunha política de "terra queimada") o 17 Compostela, o 19 A Coruña (trala liorta entre ingleses e franceses da Batalla de Elviña) o día 20 Ourense, o 24 Mondoñedo, o 26 Ferrol (segunda praza forta galega en importancia trala Coru) a Pontevedra chegan o 21 pero non a dan ocupado ata o día 26. O 4 de febreiro cae aterceira praza forte, Vigo e despois Tui. A Xunta de Galicia desapareceu sen deixar rastro e deixando orfo ó pobo do cal vivían.

O mariscal Ney comeza a administrar Galicia, este goberno interino que logo sería sustituído polo do rei Xosé obedecía a Naboleón Bonaparte. A administración napoleónica de Ney mantivo o resto da administración absolutista con camnios, colocando senados de notables en cada cidade que gobernaría nas cidades e a provincia (gobernador provincial) presidido por un afrancesado (como un tatarabó dos donos do banco pastor). Creou a policía, pra perseguir abertzales españolistas e demais fans de Fernando VII, orde púdica, impostos, etc; así como o corpo de intendencia (que cobraba impostos, impoñer contribucións e asegurar que os galegos entregasen comida, bebida e brazos ó exército de ocupación). Por si fora pouco Napoelón e seu irmñan o rei Xosé pelexaban por facer de España dúas cousas diferentes (o emperador quería un reino satélite e Xosé un reino independnete de Napoleón) polo que os administradores de cada ún andaban á gresca etocándose os collóns mutuamnete.

Ata que consegiu chegar a Galicia o enviado do rei Xosé, D. José Mazarredo, que dividiu en prefecturas a Galicia: Alto Miño (antigas provincias de Mondoñedo e Lugo) Baixo Miño (Ourense e Tui e parte da de Santiago) Sil (Ourense con parte do Sur de Lugo) e Tambre (provincias de Betanzos, A Coruña e Santiago) aparte de facer pagar ó exército todoo que roubara e desfixera, así como montar orxías, camas redondas, garantir a liberdade e perdoar ós que se arrepentiran de estar na ETA españolista, así como ir sempre a misa (pra que os curas deixaran de decir que os franceses eran anticatílicos). Mais o que parecía ser un simple cambio de dinastía no reino das Españas viuse abaixo coa revolta do pobo contra os franceses e comezaron a matarse uns a outros seguindo a lei da guerra.

A guerra de guerrillas en Galicia, a guerra contra o francés[editar]

Con toda Galicia ocupada, as máximas autoridades galegas fuxidas a Cádiz e o pobo só e ante todo un exército imperialista, os paisanos comezaron a roubarlles alimentos e gando pro exército de ocupación, mais os abusos que sedan por parte dos soldados, asi que decidiron aproveitar as expericmnias anteriores e comezar a usar o plan B.

O plan B era a guerra de guerrillas (hoxe denomidada terrorista), aproveitando a expericnia previa en gardar a costa e a fronteira de posibles perigos através de milicias de voluntarios e comandos de montunos, comezaron a atacar ós gabachos que ían sós ou pillalos por sorpresa darlles un par de tiros e fuxir polo monte arriba que en 6 mese botaron fora ós gabachos.

Entre os ataques estaban o de cortar pontes e camiños con barricadas, matar mensaxeiros, atacar convoios, impedir o abastecemento, emboscadas, chaleques-bomba, minas trampa, ataque con morteiros caseiros, tiros na nuca polo día na rúa, carros bomba, ataque a hospitais militares... ademais de axudar ó exército regular (Batalla de Ponte Sampaio, reconquista de Vigo...) xa que o exército español andaba de romería por Galicia sen facer ren.

O comportamento dos galegos ante o francés fixo que éste se esquecera da súa misión civilizadora e comezara tamén a matar galegos, roubar e queimar igrexas, coventos, pontes destruídas (tanto polos franceses como polos paisanos) roubo de gando, fusilamentos, etc. A primeira acción terrorista contra o francés foi a dos paisanos de Quiroga, Larouco, A Pobra de Trives e Valdeorras(provincia de Ourense) ao perseguir un escuadrón de cabalería que andivera facendo matanzas indiscriminadas a principios de Xaneiro de 1809. Como Soult tiña que invadir Portugal vai cara Tui pero alí os guerrilleiros de ambos lados do río llo impiden e decide cruzar pola raia seca, indo cara Ourense e Verín, sendo molestado por todo o camiño polos paisanos (batallas de ponte de As Achas, Pazos de Arenteiro, Ribadavia, etc).

As mulleres tamén participaron na guerra contra o francés.

O marqués de la Romana aproveita que medio exército franchute entrou en Portugal e organiza a reconquista de Vigo e o bloqueo do exército francés na Coruña, así se ergueron as guerrillas terroristas talibáns en Arousa, Trasdeza, Caldas, Cuntis, etc pra cortar o paso ós gabachos e recoller as armas singlesas pola costa, conseguendo liberar Vigo o 28 de marzo e Tui despois. No Noroeste galego tentouse facer o mesmo pero os talibáns fracasaron, mentres en Mondoñedo os asturianos tomaban Ribadeo e atacaban Mondoñedo perdendo Ribadeo, xa que os asturiáns pensaban que a guerra de guerrillas era de cobardes iso de non presentarse en campo aberto e por iso fracasaron.

Cachamuiña e o abade de Valadares.

Monforte de Lemos convírtese en factoría bélica soviética mais os gabachos a atacan e un corpo do exército español que a debía defender fuxe ás montañas deixando sós ós paisanos, acéndose unha masacre de 500 monfortinos e veciños da comarca. Soul tras conquistar Porto e saber que o inglés o vai atacar por atacar él á súa colonia ibérica (xunto con Xibraltar) decide voltar a Galicia, producíndosea batalla de Ponte Sampaio na que o gabacho tentaba reconquistar Tui e Vigo. Polo que se toiveron que retirar aproveitando pra soltar vinganzas os gabachos e a súa rabia, como o xeneral Loison asañándose con Castro Caldelas na súa fuxida de Galicia o 2 de xullo de 1809.

A muller na guerra de independencia[editar]

A maioría das vítimas galegas da guerra de independencia proveu do pobo, que formou as guerrillas, aparecendo as mulleres nelas (aínda que non nos documentos como soldados) e participaron nela como mensaxeiras, organizadoras, preparación de armas, xantares e loitando contra o inimigo. Estiveron nas masacres de Xinzo de Limia, Viveiro, Amoeiro, Matalobos, Vilagarcía, A Estrada, Tui, Ribadavia (onde se ten constancia documental de dúas guerrilleiras). Unha vez acabada a guerra en Galicia voltaron ós seus fogares a traballar a terra sen recibiren ningunha condecoración nin premio.

Trala guerra...[editar]

Unha vez expulsados os franceses de Galicia, éstes seguiron coa guerra no resto da Península Ibérica, mais os labregos das guerrillas non pasaron do Padornelo, xa que eles só loitaran cando os gabachos lles ían tocar os collóns á porta da casa, ademais os militares despois ben que trataron de sacarlles mérito na liberación nacional (escurecendo as súas actuacións guerrilleiras e dando mais importancia á batalla de Ponte Sampaio que á reconquista de Vigo, xa que eles non estiveron na conquista da cidade).

Tras desfacerse do problema napoleónico xurdeu outro... en Cádiz as Cortes xerais dos reinos das Españas estaban reunindo xente pra facer unha Constitución e modernizar o Estado español, cousa á que se opuñan o absolutistas (fidalgos, bispos, cregos, maioría dos curas, paletos, etc) e trataron de montar un golpe de estado en Galicia.

O 30 de decembro de 1810 o capitán xeneral de Galicia Mahy publicaba que varias persoas trataban de atentar contra a Nación reunida en Cortes de Cádiz, que se estaban reunindo persoas absolutistas pra tentar captar a bispos, avogados e sobre todo, militares e capitáns de alarmas, pra dar un golpe de estado e destruir as iodeas liberais e así poder seguir vivindo plácidamente de rentas per secula seculorum. Os conspiradores, tentaron manipular ós capitáns das guerrillas ou alarmas, que se sentían estafados e esquecidos polo goberno de que foran eles os heroes de liberación nacional e non recibiron nin un triste patacón ou medalla, a pesares de seren imprescindibles da defensa do reino antes e despois de 1809 (en 1810 temeuse que os franceses voltaran a Galicia a invadila e voltaron ocupar os montes faro) aemais moitos que antes fuxiran tentaban agora ser nomeados polos guerrilleiros como capitáns seus, nacendo as faccións entre elas. Mentres o arcebispo de Compostela Múzquiz recibía información confidencial de Cádiz e tentaban reunir e propagar mentiras contra o liberalismo e facer xurdir un exército absolutista en Galicia, usando a unha terceira persoa, Baltasar Casqueiro, pra contactar cos guerrilleiros e que estes voltasen facer o traballo suxo, este contacto logrou movilizar varias alarmas de treidores absolutistas nas zonas de Ferrol-Mondoñedo-betanzos e Cotobade, Montes, Caldevergazo, Trasdeza, Orcellón, Laxinde, Amoeiro, Melón e xeve.

Mais o capitán xeral Mahy consegiu desmantelara tras varias denuncias e apresar ós traidores á naçón.

Consecuencias[editar]

Un dos canóns de pao usados durante a guerra.
  • España dividuse en dúas: unha facha (absolutista) e outra progre (liberal).
  • Xurdiu o nacionalismo periférico en Galicia.
  • Enormes pérdidas económicas (gastos do exército) patrimonio (bombardeos, queima de documentación e igrexas, roubo de tesouros) infraestructuras (camiños bombardeados, pontes destruídas)
  • As Xuntas de cada reino supoñen unha estocada ó corazón do absolutismo.
  • Cortes en Cádiz escriben e proclaman a primeira Constitución.
  • Fernando VII deu marcha atrás a todas as reformas sociopolíticas en canto regresou (derrogación da Constitución e das Xuntas, nomea un goberno islamista aprobación da sharia, volta ó veo, da Inquisición española e da lapidación de mulleres que sabían ler).
  • Reutilización política da guerra de Independencia: ten unha primeira fase entre liberais (que din que foi o pobo español que quería liberarse dos franceses pra ter unha Constitución e librarse do absolutismo) e absolutistas (que din que os españois se botaron ó monte pra defender á relixión e ó REI) durante a Restauración borbónica logran sintetizar ambas propagandas e se explica a guerra como algo esencial da historia de ESPAÑA desde os visigodos ate aquel momento nun proceso ininterrompido de lexitimidade monárquica centralista e de asimilación cultural festexando por todo o alto o 2 de maio e á guerra se lle chama Guerra de Independencia española (antes chamábaselle guerra contra o francés) senon ese nome falso xa que Napoleón non quería convertir España nunha provincia do imperio francés, senón só cambiar de dinastía reinante.

Heroes da Guerra contra o francés[editar]

Os protagonistas da Reconquista de Vigo: o tenente Almeida, o abade de Valadares, o alcalde Vázquez Varela, o capitán Cachamuíña cunha bandeira galega, unha muller viguesa e o mariñeiro Carolo cun machado na man.
  • Sinforiano López Alia:liberal madrileño que traballaba de guarnicioneiro(arreos militares) e que conspirou pra erguer os rexementos establecidos na Coruña contra as autoridades españolas que se redenran ante o francés sen opoñer resistencia algunha.
  • Xoán Rosendo Arias Enríquez, alias "o párroco de Valadares". con 51 anos ergue unha alarma contra os gabachos e reconquista Vigo.
  • Xoán Ramón de Barcia: rianxés médico, participou e mandou en alarmas, absolutista antiliberal, condecorado.
  • Frei francisco Carrascón: monxe de Melón (Ourense) nomeado polo concello de Ribadavia como capitán da alarma do Ribeiro co que acosou ós gabachos, aínda que non puido impedira masacre de Ribadavia o 18 de febreiro de 1809.
  • Xoaquín Casanova: xefe de alarma de Trives, formaba parte da gran alarma que mandaba o abade de Casoio, Xoaquín Quiroga Uría.
  • Felipe Concha: crego de Tui, xefe da alarma de Sobroso ou "Tiradores do Miño", condecorado.
  • Melchor Díaz de la Rocha: elexido polos paisanos de Covelas, Balboa, Sante, Cedofeita, etc pra ser capitán de guerrillas, morto en 1839 sen que lle recoñeceran seus méritos de guerra.
  • Ambrosio Eiras Gutiérrez: xunto a Ignacio Manuel Herbón e Manuel Núñez ergueron unha alarma en Pedrafita do Cebreiro e Torreiros de Neira, illando ós franceses do contacto co exército imperialista no resto da península.
  • Xoán Antonio e Ricardo Gago: irmáns de Marín, ex-corsarios, mandaron na alarma do Morrazo, participando na reconquista de Vigo e prestaron embarcacións na batalla de Ponte Sampaio.
  • Gregorio García Cordero: caudillo da alarma de Cotobade e Montes (comandantes dela Luis Caamaño) e Caldevergazo (comandante Mateo Tenorio), asegurou a liña de abastecemento de armas entre o porto de Marín, onde descarbagan os ingleses, e Pontevedra; estivo entre os conspiradores absolutistas de 1810.
  • Bernardo González del Valle (alias "cachamuíña"): militar que particiou na cohesión de estratexias entre alarmas e puntos a batir, asaltante na reconquista de Vigo e gobernador dela, trala guerra segiu no exército.
  • Pedro Lapido Anqueira: avogado e párroco de Morquintián (Muxía), elexido capitán da alarma da zona.
  • Xoán Domingo Pizpiero: párroco de Ézaro (Dumbría) segundo comandante da alarma de Muxía elexido polo anterior.
  • Gregorio Martínez: xefe guerrilleiro do Deza e Trasdeza, interviu na defensa de Ponte Ledesma.
  • Xosé Xoaquín: xefe da alarma de Lobeira (Ourense), particiou na reconquista de Tui e na batlla de Ponte Sampaio.
  • Caietano Parada Pérez de Limia: alcalde de Fragoso (Vigo) que colaborou na loita xunto cos seus fillos.
  • Pablo Morillo: militar zamorano, participou coas gueriilas do sur de Pontevedra e na reconquista de Vigo.
  • Xosé Ramón Quiroga e Uría: abade de Casoio (Carballeda de Valdeorras) xeneral da gran alarma de Valdeorras.
  • Xosé Vicente Piñeiro: fidalgo de San Clodio (Ortigueira) e xefe da súa alarma.
  • Cosme Rodríguez Seoane: alcalde de Tui, informador entre alarmas, marqués de La Romana e Xunta Central, condecorado.
  • Frei Pedro Romero: franciscano espía e enlace cos barcos ingleses que traían armas pros guerrilleiros.
  • Alonso Soto Varela: xefe da alarma de Forcarei (Pontevedra), o patriota da Millarada.
  • Manuel Taboada Cotón: enlace e coordinador de alarmas.
  • Joaquín Tenreiro Montenegro: fidalgo asociado ao focial portugués Almeida de Sousa percorrendo media Galicia pra erguela contra os franceses coa propaganda, demsaiado ambicioso esixiu o mando supremo das forzas que cercaban Vigo, trala guerra e tendo poderosos padriños na Xunta Central de Madrid convenceua todos de que fora él quen liberou Vigo sendo nomeado Conde de Vigo, protestando todo o mundo de semellante esaxeración, mais como era un campión do absolutismo Fernando VII deixouno estar.
  • Mauricio Troncoso e Soutomaior, alias "Abade de Couto": xefe da alarma do batallón de Mourentán, primeiro organizador do cerco de Tui, paricipou na reconquista de Compostela e en Ponte Sampaio, codecorado.
  • Benito Varela Pérez: caudillo de Penaflor (Pontevedra).
  • Xosé Varela e Montero: creago liberal,caudillo da alarma de Valdeorras.
  • frei Andrés de Villagelíu: franciscano de Sta Marta de Fragoso (Vigo) guerrilleiro e logo enviado a Inglaterra pra conseguir apoio pro movemento de libertaçom nazonal, tralo seu éxito foi enviado por Pablo Morillo á Xunta Central como enlace, trala guerra seus superiores o colocaron de párroco en Abavides, Trasmiras, Ourense.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Guerra da Independencia española.

Outros artigos[editar]