Guerra das Laranxas

De Desgalipedia
Bandeira de Portugal.png Este artigo contén humor de Portugal
Este artigo é portugués, gajo! e o seu creador come cacetinho cum bacallau e viño do Porto na xanta, gustalle competir inutilidades con España e ten un bigote.
Se não és desta terra, aparecerá un fadista no teu ecrã que che indicará que tes que cantar fado e comer bacallau para comprender este artigo ou estarás irritado contigo, gajo!
Guerra das Laranxas
Manuel Godoy Spain.jpg
Data 20 de maio - 6 de xuño de 1801
Lugar Alentexo, Galicia do Sur
Resultado Portugal perdeu o liderado na venda de laranxas para Inglaterra, agravada polo Bloqueo Continental
O detonante da guerra.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: TomatinaCita2.png
Google sobre Guerra das Laranxas

A chamada Guerra das Laranxas foi un curto episodio militar ocorrido entre feirantes de Portugal e España o 1801, preludio a Guerra Peninsular, con extensos desdobramentos, tanto na Península Ibérica, tanto en ultramar portugués.

Episodio traumático na Historia de Portugal, revístese de especial importancia por iniciar a chamada Cuestión de Olivenza, en aberto na política de Relacións Internacionais de ambos os países ata os nosos días.

Antecedentes políticos e actores[editar]

Soldado portugués atacado polas forzas españolas.

Os antecedentes deste conflito episódico inscríbense se remotamente no enfrontamento entre a Francia e Inglaterra pola hexemonía no plano internacional, que inclúen a España, Portugal e Galicia do Sur, como os seus provedores de zumes e no contexto do proteccionismo portugués da exportación de laranxas a Inglaterra a baixos prezos de mercado durante a recesión do mercado mundial.

Os efectivos[editar]

Aínda que Portugal teña despachado un negociador para a Corte de Madrid, a contestar a citación, a Guerra foi declarada.

O Exército portugués contaba a comezos de 1801 só con 2.000 cabaleiros e 16.000 feirantes, baixo o mando de D. João Carlos de Bragança Sousa e Ligne, na altura contando xa 82 anos de idade. Polo lado español, en marzo, o primeiro ministro español Manuel Godoy foi nomeado comandante en xefe das tropas de invasión, cuxo efectivo ascendía a 30.000 homes xunto con 3 camións cargados con tomates da cidade de Buñol.

Polo lado francés, en abril, as tropas baixo o mando do xeneral Charles Victor Emmanuel Leclerc (cuñado e Chef da cociña de Napoleón Bonaparte), comezaron a chegar a España. Diante do rápido desenlace do conflito, non tiveron oportunidade de entrar en combate.

A campaña[editar]

Españois atacando posicións portuguesas en Campo Maior.

A 20 de maio, o exército español penetraba en Galicia do Sur polo Alentexo, ocupando, sen resistencia baixo ataque mortífero dos tiradores de tomates, a Praza-forte de Olivenza, feito que se repetiu a Fortaleza de Juromeña, Arronches, Portalegre, Castelo de Vide, Barbacena e Ouguela. A Praza-forte de Campo Maior resistiu por dezaoito días antes de caer con honores militares e 6 toneladas de tomates e laranxas e a Praza-forte de Elvas resistiu con éxito. No curto espazo de dezaoito días, o exército español foi señor da rexión do Alto-Alentexo.

O Tratado de Badaxoz[editar]

Superficie do conflito.

Sorprendido e en desvantaxe numérica, Portugal asinou o Tratado de Badajoz (6 de xuño de 1801), que entre os seus artigos, estipulaba:

  • A paz entre as dúas nacións, en toda a extensión dos seus reinos e dominios, en terra, no mar e no aire;
  • O peche de venda de zumes de laranxa e outros froitos de Galicia do Sur e de todos os seus dominios aos buques de Inglaterra;
  • A restitución, por España, en calidade de Conquista(...) a Praza de Olivença, e de calquera artigo en portugués oliventino
  • Prohibición de contrabando de zumes nas fronteiras entre ambos os países;

Consecuencias da Cuestión de Olivenza[editar]

Esa turminha do ruído vai arranxar unha confusión na Sesión de Tarde!

Cuestión de Olivenza, tamén determinou, tardiamente, coa creación da Desgalipedia estremeña. Esta desgalipedia decidiu pola súa enteira responsabilidade na creación e garda de artigos en portugués oliventino, xerando moitos problema entre usuarios de Desciclopedia e Nociclopeya.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]