Guerra do fletán

De Desgalipedia
Guerra do fletán
Bacallau en mollo.jpg
Data 1995.
Lugar Océano Atlántico.
Resultado Galicia perdeu millóns de cartos e poder pra sempre.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Conflicto entre norteños e sureñosCita2.png
Google sobre Guerra do fletán

A chamada Guerra do fletán foi un curto episodio militar ocorrido entre feirantes de España e Canadá.

Episodio traumático na Historia de Galicia, revístese de especial importancia por iniciar a suave decadencia da Galicia de principios do século XXI e a levou á súa práctica desaparición no seguinte século por mor da perda do seu estatus de país do primeiro mundo.

Antecedentes políticos e actores[editar]

Batalla entre as flotas de España e Canadá na Guerra do fletán.

Os antecedentes deste conflito episódico inscríbense se remotamente na consideración de auga marítima que é considerada territorio nacional e se debe protexer, trinta aqnos antes todo o mundo cría que chegaban 12 millas mar adentro pra considerar esa auga como territorio nacional, mais había zonas de mar con mais peixe que outras e frente ás 12 millas canadienses había unhas cantas millas cheas de bacallau que eran aproveitadas pola flota galega, como o ministro canadiense Brian Tobin lle estaban a punto de sacar un escandalo de homosexualidade masoca aproveitou este feito pra crear unha cortina de fume (estratexia que consiste en desviar a atención do público cara outro punto) e así ser reelexido como presidente no ano seguinte.

Aproveitando a tempada de pesca do bacallau enviou de forma ilegal varios barcos policias a perseguir barcos galegos fora da xurisdicción canadense coa excusa de que estaban esquilmando ao pobre Océano Atlántico e que Canadá como bo país ecoloxista que era (excepto coas focas) tentaba para o xenocidio bacallaeiro.

A tensión foi medrando nos despachos diplomáticos de Otawa e Bruxelas e no 1994 Canadá proclamou que lle importaba un pito a liberdade das augas internacionais e que enviaria barcos a patrullar augas fora da súa xurisdicción. Por outra banda o conflicto diplomático chegou a máximos debido a que Canadá se quedaba co maior parte da pesca, según eles porque eran augas que estaban cerca deles... mentres que a UE se tiña que conformar con menos pesca e así Galicia debería pescar moito menos en favor dos canadienses... nunhas augas que eran internacionais, de todos vamos.

Os efectivos[editar]

A Guerra foi declarada en marzo do ano 1995.[editar]

O Exército canadiano contaba a comezos de 1995 con 2.000 cabaleiros da garda montada e 16.000 canoas de cortizo, baixo o mando de Mademoiselle Shania Twain, evidentemente esta forza só daba risa, asi que pedrion axuda á OTAN e Inglaterra e Francia axudaron de forma subrepticia ó país anglófono e francófono con asesores, espías e putas. Polo lado español, en marzo, o ministro español Narcís Serra (miope perdido) foi nomeado comandante en xefe das tropas de defensa da flota, cuxo efectivo enviado consistiu nun par de patrulleiras sen munición.

Debido a que España estaba dentro da Unión Europea e da OTAN (club ó que tamén pertencía Canadá e por tanto éramos aliados...) o goberno español agardaba que Inglaterra e Francia se puxeran da súa parte, mais ambos países pasaron de nós e enriba nos putearon mentres Felipe González ameazaba con enviar á cabra da lexión a invadir o peñón de Xibraltar se non tomaban en serio á UE.

A campaña[editar]

Campaña de sitios de protección a pesca portuguesa animou a poboación a consumir outros produtos fálicos na falta do bacallau.

En marzo o exército canadiano, tras obter o OK de Washington, Londres e París, comezaron a perseguir barcos galegos e prendelos, téndoos secuestrados en Canadá e roubándolle a súa carga; Narcís Serra xa ía enviar un par de submarinos nucleares mercados en Alermaña á afundir barcos canadienses mais o ministro de exterior, Xavier Solana convenceuno de que non, que era mellor unha resposta "diplomática" e enviaron un par de patrulleiras, que son uns barcos pequenos frente ós barcos grandes canadianos (destructores, portavións) e a miles de kilómetros da Península Ibérica (Portugal tamén vía afectada a súa frota mais como eran barcos do Norte de Portugal a Lisboa deulle igual) e sen munición, nunha brillante estratexia de defensa típica do felipismo.

Aconteceron moitas protestas de Femen en Canadá do mesmo xeito que os yuppies americanos durante a Guerra do Vietnam, coa finalidade de pechar coa guerra.

O Tratado de pesca[editar]

Sorprendido e en desvantaxe numérica, Galicia asinou o Tratado de pesca da UE que entre os seus artigos, estipulaba:

  • A paz entre as dúas nacións e que cada vez que Galicia enviara un barco, aínda que foxe un conxelador tiña que avisar con 6 anos de antelación.
  • Pasar antes pola alfándega canadiense pra que lles medisen as redes.
  • Os barcos españois deberían pescar un 80% menos de bacallau e fletán.
  • España non podería mercar barcos canadianos pra saltarse legalmente a prohibición anterior.

Consecuencias do tratado de pesca[editar]

Un gato canadiano feliz co final da guerra.

Galicia foi quedando sen flota pesqueira e seus mariñeiros convertíronse en mariñeiros de auga doce. Galicia foi perdendo poder aquisitivo e seus astaleiros foron quedando sen traballo mentres os desmontaban por falta del. A perda de poder e de xente productiva no país galaico fixo baixar a súa natalidade e os que ficaba nela emigrasen cara Arabia e Brasil, onde foron acabados de escravizar e foi ficando sen persoas e tivo que ser repoboada con africanos a partires do ano 2030 polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Guerra do fletán.

Outros artigos[editar]