Guerra dos Dez Días

De Desgalipedia
Guerra dos Dez Días
Guerra de Independencia Eslovena
Spopad za mejni prehod Rožna Dolina.jpg
Forzas eslovenas atacando tanques iugoslavos en Rožna Dolina o 28 de xuño.
Data: 27 de xuño - 6 de xullo de 1991
Lugar: Eslovenia
Resultado: A rexión iugoslava de Eslovenia consegue a súa independencia
Combatentes
Bandeira de Eslovenia.png Eslovenia
Forzas de Defensa Territorial de Eslovenia
Modelo:IUG
Exército popular iugoslavo

A Guerra dos Dez Días ou Guerra de Independencia Eslovena (en esloveno: Slovenska osamosvojitvena vojna) foi un breve conflito armado entre a rexión iugoslava de Eslovenia e Iugoslavia sucedido entre o 27 de xuño e o 6 de xullo de 1991, inmediatamente antes de que esta rexión declarase a súa independencia.

Historia[editar]

O inicio da revolta foi a declaración unilateral de independencia de Eslovenia. Os eslovenos, que sempre se sentiron excluídos e esquecidos, apostaban de que ninguén os decatasen separándose de Yugoslavia. O problema é que os serbios de Belgrado estiveron flagelando o mundo desde 1950 e só acumulan derrotas, incluído o Mundial, polo que cando souberon que Eslovenia decidiu separarse, mataron a algúns eslovenos para pasar o tempo.

O conflito foi breve, xa que o exército de Iugoslavia non quería malgastar recursos nesta campaña e xa estaba empezando as vacacións de verán. Isto foi así porque se estaba preparando para a Guerra de Independencia Croata (ou a segunda fase das guerras iugoslavas), onde a maioría étnica serbia en Iugoslavia tiña reivindicacións territoriais, a diferenza de Eslovenia, que era considerada "etnicamente esquecidos". Ademais, o exército federal, composto fundamentalmente por blindados, atopou moi difícil actuar nun terreo fortemente urbanizado, ao ser esta rexión a máis urbana, occidental e rica da federación chea de policías de tránsito dispostos a impoñer multas aos vehículos blindados serbios.

Debido ao reducido número de eslovenos, esta limpeza étnica foi cancelada en só 10 días (do 27 de xuño ao 6 de xullo de 1991).

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Guerra dos Dez Días.

Outros artigos[editar]