Guerras Fórmicas

De Desgalipedia
Guerras Fórmicas
Data
Lugar
Resultado

As Guerras Fórmicas foron unha serie de conflitos emocionais entre seres humanos e seres insectores.

Orixe[editar]

Así comezou o xogo de Ender.

Os insectores ou fórmicos, son unha raza alieníxena que vagan polo espacio exterior co fin de atopar novos planetas onde poderen vivir en paz e amor co Universo, debido a peculiaridaes propias da súa raza só poden vivir en certos planetas polo que finalmente baten co Sistema Solar, serie de planetas ocupados por humanos, unha raza de mamíferos depredadores que aínda non saíron do seu sistema estelar pero que en breves convertiranse nunha ameaza de proporcións mastodónticas, polo que os insectores se ven na obriga de ter que reducir seu número e mesmo destruilos debido a seu carácter destrutor.

Acontecimentos[editar]

Primeira Guerra Fórmica[editar]

Os insectores chegan á beira do planetoide Plutón, alí chocan coa nave Mikilovepluto, onde se decatan da perversidade do home e que aínda non deu o salto ao hiperespacio debido á súa miserenta civilización, polo que o alto mando fórmico tenta conter a ameaza humana mediante un ataque preventivo, mais debido a que os eres humanos son auténticas bestas consiguen destruir esta avanzadilla de exploración insectora.

Segunda guerra fórmica[editar]

Os humanos estableceron un goberno totalitario convertindo a súa precaria civilización nun cuartel, onde mesmo convirten en máquinas de matar aos nenos (como o neno Ender) coa excusa de que virá unha expedición de insectores a matar moitos humanos. Debido a que esta mentira non se cumpre o goberno da terra aproveita os restos insectores e parte da súa tecnoloxía que se conservou da anteror guerra para clonalos e compor un exército insector que lanzan sobre o sistema solar co fin de crear unha cortina de fume para que a xente deixe de protestar polas inxustizas da Clase Superior.

Terceira guerra fórmica[editar]

Tras varias geurras civís entre os humanos polo dominio do sistema solar (a guerra das ligas, a guerra das bragas, a guerra dos suxeitadores, etc) o goberno da neohexemonía crea outro exército de insectores para así facer cambios na Constitución da Liga Internacional e ter todo o poder baixo unha soa clase de raza humana.

Consecuencias das Guerras Fórmicas[editar]

Debido ós enormes gastos provocados pola industria armamentística miles de persoas morreron de fame e enfermidades curables, polo que se aproveitou para vender seus corpos como hamburguesas e destruiuse toda a gastronomía non ianqui. A pornografía e o aborto foi prohibido debido a que o seme non podía ser malgastado e había que producir fillos para envialos á morte e así manter o statu quo.