Guerreiros do espazo

De Desgalipedia
Saián
Rango fósil: Plistoceno – Actualidade
Unha raríssima exemplar feminina de Sayajin feminina xa como Súper Saián.
Unha raríssima exemplar feminina de Sayajin feminina xa como Súper Saián.
Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chordata
Clase: Mamadores de Tetas
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Tribo: Hominini
Xénero: 'Homosexual'
Especie: H. saián
Nome binomial
Homo saián
Súper Saián cosplay.jpg

Os Guerreiros do espazo ou Saiáns (サイヤ人 Saiyan?) son a raza de guerreiros pertencentes ó universo de Dragon Ball que habitaron o Planeta Vexeta antes da súa destrución a mans do vilán Freezer, quen os mantivo baixo o seu mando como actores do seu puticlub galáctico. Porén, o seu maior temor era que fóra certa a Lenda do Super Guerreiro. E cando se decatou de que Barduck (O pai de Son Goku) estaba incrementando o seu poder decidiu por seguridade, destruír o Planeta Vexeta. Aínda que se salvaron uns poucos do desastre, como Raditz, Paragus, Turles, Brolin, Nappa, o Príncipe Vexeta, o seu irmán Tarble e Son Goku (chamado Kakarotto), logo uns foron morrendo pouco a pouco a mans dos Guerreiros Z como Raditz (por Piccoro coa axuda de Goku), Nappa (derrotado por Goku e eliminado por Vexeta), Turles (a mans de Goku), Paragus (por unha explosión), Brolin (unha onda vital de Son Gohan, Son Goten e a alma de Goku), quedando unicamente Tarble, Vexeta e Kakarotto.

Esta raza era moi diferente a tódalas demais que ademais do rabo, tamén tiñan cerebro de mono e por iso eran uns primitivos que resolvían todo na base da porrada e tamén podían virar King Kongs cando miraban para lúa chea, xa que os seus poderes os definían como os guerreiros máis poderosos do universo e do universo inverso.

Historia[editar]

Placa de aviso de Spoiler.jpg Atención: Aviso de Spoilers
Esta sección/ou artigo pode revelar detalles da trama e/ou
do argumento, de xeito que Luke Skywalker é fillo de Darth Vader.
Agora que eu dixe, pode continuar lendo...

Todo comezou nun planeta chamado "Plant" nunha galaxia pertencente ó noso universo, cuxa gravidade era 10 veces maior que a gravidade da Terra. Neste planeta habitaban dúas clases de razas, os Tsuffles e os Guerreiros do espazo, que eran moi diferentes; os Tsuffles ocupaban máis da metade deste planeta, aínda que eran de menor tamaño que os Guerreiros, eran máis avanzados en filosofía e poesía. Os Guerreiros do espazo eran menos pero de maior tamaño e complexión; a súa característica principal era o seu rabo e todos eles tiñan un espírito loitador por natureza. Un día os Guerreiros do espazo guiados polo Rei Vexeta (o pai de Vexeta), decidiron atacar ós Tsuffles, que pelexaron coa axuda dun armamento moi avanzado. A maior vantaxe dos Guerreiros do espazo era que cada 8 anos aparecía a lúa chea no planeta e se a ollaban directamente sufrían unha gran transformación chamada Ōzaru que os transformaba en monos xigantes cun enorme poder. A guerra rematou co exterminio dos Tsuffles, e os Guerreiros ocuparon todo o planeta.

Logo decidiron nomear ó planeta "Vexeta" na honra do seu líder o "Rei Vexeta". Aínda que a súa tecnoloxía era primitiva comparada con certos países terceiro mundistas, lograron viaxar a través do espazo unindo forzas con habitantes de outros planetas. Estes proporcionábanlles os mellores armamentos, naves espaciais e cartos a cambio de que os Guerreiros do espazo lles entregaran os planetas conquistados.

Grazas a isto, os habitantes de Vexeta (o planeta) foron progresando rapidamente e o seu poder de combate foi aumentando cada vez máis. O seu sistema para conquistar planetas consistía en enviar ós bebés con menos poder a planetas con poboadores febles e, bebés con grandes poderes a aqueles planetas habitados por seres extremadamente fortes.

Aparencia e características[editar]

Outra fonte de enerxía dos saiáns é o consumo de grandes cantidades de bebidas enerxéticas.

Aparte dos seus rabos, os Guerreiros do espazo aseméllanse ós seres humanos, aínda que moito máis fortes, fermosos e sexies, ops, I did again!, pero necesitan comer máis vexetais como espinaca e grandes cantidades de bebidas enerxéticas para manter o seu poder. Todos teñen cabelo negro, o cal dende o momento en que medra por completo non lles cambia xamais. O seu punto feble é a súa cola de mono (aínda que poden eliminalo con adestramento).

Ōzaru[editar]

Artigo principal: Ōzaru.

Esta transformación dáse cando fitan cara un astro que reflicte a luz dunha estrela próxima (como a Lúa chea da Terra), porén non calquera astro lles sirve, xa que dito astro de luz debe producir unhas emisións chamadas raios Brutz. Estes raios teñen un número determinado de ondas Zenos, que cando superan os 17 000 000 de unidades provocan a transformación. Cando o cerebro recibe estas ondas Zenos, o seu corpo reacciona transformándose nun mono xigante, co que o poder do Guerreiro multiplícase por dez.

Súper Guerreiro[editar]

Artigo principal: Súper Guerreiro.
Goku Súper Saián.jpg
Non confundan, a pesar da aparencia Shadow non é un Súper Saián.

Neste estado o guerreiro libera todo o seu poder. A súa forza aumenta considerablemente, o pelo vólvese dourado e ponse de punta e os ollos toman unha cor azulada.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Guerreiros do espazo.

Outros artigos[editar]