HTML

De Desgalipedia
Cita1.pngo incrible que sería se todos no mundo puidesen acceder a pornografía ilimitada na comodidade da túa casa ou o laboratorio da túa universidade. Ninguén máis estaría obrigado a tomar clases aburridas sen Pascal, Java, Basic e outras linguas que non ofrecían nada interesante para as persoas.Cita2.png
Tim Berners-Lee no baño

A Linguaxe de Etiquetaxe de HiperTexto (HTML) é unha linguaxe de marcas deseñada que os computadores usan para falar uns cos outros para que os humanos non os poidas entender para crear páxinas web con hipertexto e calquera outra información que se queira para seren vistas cun navegador web.

Historia[editar]

O HTML foi desenvolvido orixinalmente por Tim Berners-Lee estaba cagando no baño da universidade, cando traballaba e procuraba un medio de intercambio de información que facilitase acceder grandes cantidades de pornografía sen límites facilmente referenciábeis. O protocolo que creou converteuse na WWW e popularizouse co navegador Mosaic. Durante a década de 1990, floreceu co medre explosivo da Rede con moitos accesos a sitios pornográficos por día. Durante este tempo, a HTML expandiuse a moitos ámbitos.

As primeiras versións de HTML definíronse con regras sintácticas moi laxas, escritas no baño da universidade, que axudaron á súa adopción por parte dos non iniciados coa publicación na rede. Os navegadores de internet normalmente deducían o significado en certas seccións e amosaban a páxina web. Co tempo, a tendencia dos normativas oficiais foi a de crear unha sintaxe da linguaxe cada vez máis estrita, a pesar de que os navegadores continúan amosando páxinas que aínda están moi afastadas do HTML válido.

Características[editar]

O HTML permite:

  • Publicar documentos en liña con títulos, texto, tabelas*, listas, fotos etc.
  • Recuperar información en liña a través de vínculos de hipertexto con só facer clic cun botón.
  • Deseñar formularios para levar a cabo transaccións en servidores remotos, para usar na procura de información, para facer reservas, pedir produtos etc.
  • Incluír follas de cálculo, vídeo clips, sons e outras aplicacións directamente nos documentos.

Definicións:

  • Non se mostra ningún problema de compatibilidade cando se executa en diferentes navegadores.
  • Totalmente estandarizado, non presentando posibilidade de equivocarse en ningún aspecto.
  • Non necesita que teña probas para asegurarse de que está listo para a súa publicación.
  • Non é contradictorio nin redundante. Totalmente estable.
  • Non permite creacións de eventos cíclicos infinitos que eliminarían un servidor.

Exemplo[editar]

<html>
      <head>
                  <title>redtube.com</title>
      </head>
      <body>
                <p>oh yes, oh yes, ooooh yes</p>
      </body>
</html>

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: HTML.

Outros artigos[editar]