Hammurabi

De Desgalipedia
Hammurabi
Abubu en babil
Hammurabi.jpg
Hammurabi
Reinado 1792 a. C - 1750 a. C

Hammurabi foi rei de Babilonia, famoso por deixar a tódolos seus súbditos sen ollos nin dentes debido á súa lei do talión.

Traxectoria[editar]

Hammurabi naceu no pazo real de Babilonia, seu pai Sin-Muballit era rei de Babilonia e nada mais, pero seu fillo educado por Vexeta (Daquele xardineiro dos xardíns colgantes babilónicos) obtivo moitos puntos no frontón e baloncesto e fixo que seu irmán Rim-Sin abdicase tras facer un anschluss coas cidades de Uruk e Isin. Durante o seu reinado mellorou as murallas e plastificou os templos para que brillasen mais desde lonxe, tivo que entrar en guerra cando seu veciño do sur tentou que Babilonia entras en guerra co seu veciño do Leste, Larsa. Babilonia aliouse a ésta e derrotaron ao sureño, pero vendo que Larsa non fixera moito na guerra conquistouna a ela, e de paso aproveitou que xa tiña o exército montado e conquistou Feiraco e Central lechera asturiana. Así dun cincelazo Hammurabi conquistara toda Mesopotamia.

Nos seguintes anos tivo que aburrirse moito, asi comezou a facer investigacións en I+D, incentando os embalses para facer enerxía eléctrica e lupanares flotantes, pero iso non o acababa de encher asi que modernizou o exército mediante entrenamento intensivo de mulos para ter bos animais de tiro dos seus carros de guerra, que logo vendeu aos protoceltas. Debido a porblemas das distintas policías das cidades e da capital enviados a cidades subxugadas organizou o corpus legal no seu Código de Hammurabi, resultando tal que así que para manter o imperio soldado, é precisa unha cultura común, así que fai adoptar unha soa lingua, o acadio, unha soa relixión e, sobre todo, unha única lei co Código de Hammurabi.

Código de Hammurabi[editar]

Hammurabi viu que as súa sleis eran boas e contento quedou.

Creado no 1728 A. de C. no que recolle o que hai que facer se unha persoa fastidia a outra:

  • Se un escravo viola a outro escravo débese pagar ao escravo violador porque está producindo asi mais escravos!
  • Se un arquitecto traballa mal e morre xente pola súa culpa mataráselle os seus fillos ou familiares coma tanats vítimas haxa.
  • Cando as ovellas de X entran nos campos de Z, éste pode para as súas ovellas por riba de Z.
  • Se un fillo repudia a seu pai será desterrado á braña da cona da moza do Fuch Fuch Fuch.
  • Se alguén marcha de casa sen permiso será desterrado ao deserto a criar malvas.
  • Se algunha multinacional ou empresa fai verquidos nos pantanos todo o seu consello directivo será afogado neles, seus Yuppies serán empalados e seus publiciutas e lobbistas castigados a limpar coa lingua os verquidos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Hammurabi.

Outros artigos[editar]

Rei de Babilonia

Segue a:
Sin-Muballit
Hammurabi
(1792 A. de C.-1750 A. de C.)

Precede a:
Samsu-Iluna
Amorrea