Heavy metal

De Desgalipedia
Heavy metal
Orixes do estilo: Rock psicodélico, blues
Orixes culturais: Finais dos anos 60, United Kingdon Flag.png Reino Unido e Bandeira Usa.png Estados Unidos
Instrumentos típicos: Guitarra - Baixo - Batería
Popularidade:

{{#if:|Derivados: bgcolor="black" colspan=2Subxéneroscolspan="2" valign="top">Metal extremo (black metal  · death metal  · doom metal  · thrash metal)  · glam metal  · gothic metal  · groove metal  · power metal  · progressive metal  · speed metalbgcolor="black" Xéneros de fusiónsmetal alternativo · avant-garde metal  · metal cristiano  · crust punk  · drone metal  · folk metal  · funk metal · grindcore  · industrial metal  · metalcore  · nu metal  · post-metal  · rap metal  · sludge metal  · stoner rock  · metal sinfónico  · viking metal

O Heavy Metal é a música do Demo, ou sexa Deus, creada e ofrendada aos humanos para que pidan loitar contra as tebras, dragóns, Darth Vader, Sarah Palin, o Papa, o Gran Muftí, o Gran Rabino e teu pai!!!.

O Heavy metal trátase dunha música só apta para algúns inicados e bravos guerreiras do metal, foi traído a este mundo por Lucifer para que a humanidade se puidera salvar pero logo veu Richard Nixon e logrou comercializalo a base de prostituilo, afortuinademnete sobreviviu na sacristía do Judas Priest de onde voltou nos anos 90 ata que viñeron os rapeiros e o mangonearon menos mal que os góticos estaban aí para coidar del!

Historia[editar]

Antecedentes[editar]

Todo comezou no Reino Unido cando uns mozos fartos de non ligar nin con rockers nin con mods decidiron crear un estilo musical a partir do rock e así ligarse ás mulleres mais bravas do lugar, mediante a sustitución das baterías por sarténs de aceiro e as guitarras xitanas por guitarras electrificadas conseguiron que só os tios duros e os sensibles fosen os únicos en tratar de tocar esta música dos deuses e así entrar no Walhalla tras perder a virxindade sen necesidada de mercarse unha chupa de coiro ou deixarse flequillo e mercar traxe.

Os inicios[editar]

Esta música saltou logo cara os chapóns dos Estados Unidos de América, que fartos do rock ionqui e dos hippies bonrollistas comezaron a invocar ao Demo para conseguir ligar coas bruxas ou súas compañeiras de instituto. Outros preferirion invocar ao Aleister Crowley e así ensinoulles a tocar metal, nacendo os Led Zeppelin, mentres na Alemaña opresora capitalista varios hippies borrachos de viño crearon a Deep Purple por suxerencia do deus Baco e das viñas do Rhin. A música de ambos grupos convertiuse no faimerir das cortes europeas da música e non tiveron moityo éxito nas Academias, ata que comezaron a ter mais groupies que Elvis Presley.

Entón si que foron tidos en conta e comezaron a deixalos soar nas emisoras de radio ata que o Vaticano, a URSS, a Igrexa Anglicana, a Igrexa Mormona e outros sindicatos de ciencia fantástica comezaron a querer destruilos e só se podía escoitar nas radios pirata mentres eran amados por tódolos adolescentes do mundo.

Ata que veu os 80 e Margaret Thatcher obrigounos a cambiar, así surxiu o glam rock e outras paranoias só aptas para comerciales conseguindo que as nais comezasen tamén a ir a concvertos de rock, excepto en España, onde A Movida tiña a todo o mundo coa cabeza cocida pola heroína e houbo que agardar ata os noventa para que xurdise bo heavy metal, aínda así Barón Rojo e outros sobreviviron neste periodo de catacumbas.

O Metal actual[editar]

A finais do século XX creáronse miles de subxéneros do heavy metal, pero como tiñan que competir contra os pastilleros e os salseros non tiveron tanta aclamación entre o público, iso si xurdiu o Rock Bravú e salvounos a todos do efecto 200 conseguindo pasar ao século XXI.

Inimigos do heavy metal[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Heavy metal.

Outros artigos[editar]