Henrique IX do Reino Unido

De Desgalipedia
Crystalball-new.gif Este artigo ou sección refírese ou está relacionado cun evento futuro.
A información deste artigo pode cambiar frecuentemente. Por favor, non agregues datos especulativos
e recorda colocar referencias a fontes fiables para dar máis detalles.
Harry the Best
Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
HenryIXofUK.jpg
O rei Henrique expulsando aos hunos.
Nome completo Charles Dexter Ward Hohenzollern von Windsor
Nacemento 15 de setembro de 1984
Londres, United Kingdon Flag.png Reino Unido
Casa Real Casa de Windsor

Escudo de Henrique IX do Reino Unido
Escudo de Henrique IX do Reino Unido


Henry Charles Albert David von Windsor et Diana foi o rei británico que gañou a Terceira Guerra Mundial.

Traxectoria[editar]

Harry the Nazi no The Sun.jpg

Henry naceu en 1984 no seo da familia real britániKKa fillo de Diana de Gales e do futuro Carlos III do Reino Unido (coñecido daquela como Carlos de Orellas Galesas). Henry estudou nos mesmos colexios que seu irmán maior, educado en Eton (onde David Cameron fumaba marihuana) e Hogwarts, onde estivo á sombra do archifamoso Harry Potter.

A principios do século XXI fíxose famoso polos seus costumes de machote que si a súa nai o vira dálle un patatús! Tras rematar a ESO foise ao exército, academia de Samndhurst onde coñeceu a Afonso XII de España cando conspiraba contra a Primeira República española. No exército entrou no rexemento de cabalería ao mando do Captain Blackadder e chegou a subtenente, participou na guerra de Afganistán e despois foise a Lesoto buscar fósiles do Fragasauro anano.

Reinado de ouro[editar]

Durante o reinado do seu pai puxérono a servir copas en buffets das ONGs a ver si os xornalistas o trataban ben e se esquecían do seu pasado de botellón e vida propia de machotes e nada afeminados ingleses gays, esta operación de cambio de imaxe foi bautizada como "Operation Highpenish" e logrou certo cambio na opinión pública. Coa morte de seu pai pasou a ser o cuarto na liña de sucesión ao trono, que foi ocupado durante un día polo seu irmán maior o príncipe Descoñecido, xa que morreu ao pouco nun accidente de avión con toda a súa familia nunha explosión inexplicable e que os teóricos da conspiración fixeron que provocase a Terceira Guerra Mundial e os ingleses elexiron a Harry como rei xa que era o único que quedaba da familia real británica auténticamente machote.

O rei Harry levou a Inglaterra polo bo camiño en man de ferro, contraatacou aos inimigos e grazas a meter aos inimigos internos en vereda logrou alvar a Britannia da aniquilación. O resto do seu reinado foi en pez e abundancia grazas ao neocolonialismo e que prenderon a tempo ao protagonista de V de Vendetta.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Monarca do Reino Unido United Kingdon Flag.png

Segue a:
Carlos de Inglaterra
Henrique IX do Reino Unido
Precede a:
Segunda República Inglesa
Windsor.