Hermerico

De Desgalipedia
Hermerico
Rei do Reino Suevo de Galicia
Hermerico.jpg
Hermerico pensando que sería millor ter ficado en Baviera.
Reinado 409438
Nacemento Augsburgo Bandeira de Alemaña.png Alemaña
Falecemento no 441
Porto, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Sucesor Requila
Descendencia Requila

Hermerico foi o führer que giou ó seu pobo das frías e noxentas terras do que hoxe é Alemaña pra levalos á terra prometida (polos romanos) .

Vida, guerras, labregas cachondas e aristócratas prepotentes[editar]

Moedas feitas durante o seu reinado.

Hermerico nasceu en Augsburgo (cando aquilo non era aínda Alemaña) nunha granxa fronteiriza co Imperio Romano, seu pai era un tendeiro que vendía pescado seco, peles ámbar e escravos polacos ós romanos, grazas a este intercambio comercial os suevos estaban moi "romanizados" (ou sexan que eran uns snobs de moito aquel) e de vez en cando lle poñían unha vela a Wotan e outra a Xúpiter.

Un día viron como centos de refuxiados alamáns, burgundios e francos pasaban por diante deles sen para a mercarlles algo, nembargantes tentaban vender todo o que arrastraban consigo pra conseguir cartos e comida, viñan fuxindo dos Hunos e dos Outros liderados por Atila, aínda que algúns dos refuxiados advertiron ós pais de Hermerico que os seguintes serían eles o pequenoburgués do pai non fixo caso, mais Hermerico era precavido e foise facendo amigo do ferreiro da aldea, que sabía forxar espadas e manexalas, e así foise facendo un jedi, nistas estaban cando súa aldea foi asaltaa por unha patrulla de exploración huna que lles roubou todo os xamóns que tiñan pro inverno, ante semellante perspectiva o pai colleu medo e levou á súa familia cara o sur, sen saber moi ben cara onde, cruzaron a fronteira do Imperio Romano e na fronteira un suboficial reclutou a Hermerico á forza a cambio de deixalos pasar e de sinalarlles o camiño cara algunha cidade romana con murallas.

Buscar a terra prometida por Wotan.

Nas lexións romanas Hermerico aprendeu cousas que todo soldado debe saber pra gañar unha guerra: como desfilar, coidar ben da armadura pra que reluza e ligue por ti ás mozas, meter barriga pa dentro e peito pra fóra. Grazas a esta bagaxe bélica consegiu moitas veces salvar a vida mentres fodía con algunha escrava romana quente nos vicus e villae perdidos da Xermania mentres os Hunos facían das súas e os pobos xermánicos fuxían coma ratas cara o Imperio romano, finalmente Hermerico reuniu a varios guereiros coas súas familias e xunto con varios chamáns xuntáronse e comezaron a emigrar cara o sur, atravesando o río Rhin (aproveitando que estab xeado e o seu ouro xa esquilmado polos romanos).

Primeiro alcanzaron as terras onde hoxe lle chaman Baviera (Alemaña), alí establecéronse un tempo e lle chamaron a aquilo Suabia como era un bo lugar cedo colleron prestixio e outros pobos xermánicos lle copiaron o peiteado suevo (levar a melenaza de bárbaro atada nunha trenza-moño lateral que levara Ariovisto) mais como non deixaban de chegar refuxiados tiveron que voltar emigrar e como daquela non habóa ONG e as lexións romanas estaban cheas de romanos depravados, maricas e cristiáns pois ninguén os parou nin lles pediu a documentación, asi que tiveron que ir de aldea en aldea e de val en val matando e saqueando (xa se sabe que os labregos nunca dan as súas colleitas gratis nin ofrecen ás súas mulleres pra ser violadas en masa) pra pode seguir vivos, asociáronse con outros pobos xermánicos e atravesaron os Pirineos, chegaran á Península Ibérica, praias, sol, iberas en topless, etc.

Nembargantes en vez de coller cara Torremolinos foron cara o oeste (seguindo o camiño Xacobeo), mais os camiños estaban cheas de grandes latifudios e terratenenes pouco amables ós que houbo que convencer pra que se desprendesen de algo de cereais, carne, viño,etc durante dous anos tentaron chegar a Galicia (a terra prometida polo seu profeta Moicklés de parte do deus Wotan) e alá se achegaron os suevos e mailos vándalos asdingos (os outros vándalos foron mais ao sur e fundaron Vandalusía, dos que descenden hoxe en día os canis) aentándose na Galicia do Sur onde as terras son todas chairas e hai ríos farturentos mentres os galaicoromanos se tiñan que foder e voltar ocupar os castros e terras de montaña infértiles.

O Imperio Romano (occidental) atopábase nas últimas, grazas á filosofía grega e o cristianismo, asi que pactaron cos suevos pra que administrasen toda Galicia, os vándalos celáronse daquel trato preferente e coezaron unha guerra contra os suevos, que conseguiron derrotalos coa axuda romana no Courel. Hermerico e os seus agrupáronse na cidade de Braga, controlando a beira esquerda do río Douro até a ría de Vigo, o resto pertencía ós galaicorromanos, que defendían o seu pobre territorio desde os vellos castros de seus tataravós e cos castela tutiora.

Política[editar]

Debido a que eran poucos e andaban daquí pra alá arrastrando as súas carretas cangadas coa parenta, os fillos e a sogra, Hermerico tivo a idea de viviren todos xuntos sen mezclarse de momento coa poboación até que non fixeran un contrato social como Wotan manda; asi que algúns señores suevos locais adicábanse a saquear de vez en cando (por iso de non perder a práctica) tocándolle os suevos ós terratenentes galaicoromanos, tanto que enviaron unha embaixada a Roma pra que lles enviaran unhas cantas fragatas e portavións pra que os deixaran paz e cando voltaron conseguiron que Hermerico suxeitara ós seus baróns e funde un reino suevogalaico.

En política interna consegiu que seu fillo Requila fora aceptado como sucesor seu polo consello nacional suevo, instaurando así unha monarquía dinástica e fortalecendo así ó primeiro reino independente europeo medieval de razas mixtas.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Hermerico.

Outros artigos[editar]

Reino de Galiza/Bgalliciense.gif Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Requila
Hermerico
Precede a:
Requila
Rei dos Suevos