Heroe

De Desgalipedia

Un Heroe (fem. heroína) é unha persoa que leva a cabo fazañas extraordinarias, salva a humanidade, pon orde, fai construccións incribles, etc. Soen ser de pai descoñecido, morto ou como os antergos de certas tribos que eran aoprincipio animais ou mesmo un obxecto.

Tipos de Heroe[editar]

  • Heroe clásico: mais ben heroe grecorromano, soe ser un home musculado que viste minisaia branca e pelexa contra monstros enormes e discute cos deuses do Cipote Olímpico. Normalmente soen ser fillos dun deus e dunha mortal, durante a súa infancia sofren intentos de asasinato por parte dalgún parente e cando chegana a adulto teñen que marchar da casa pra ir a outro país onde facer masacres e, a poder, voltar cun rico botín ou cunha muller, que iniciará outra traxedia á súa vez (Elenea de Troia, Xasón...). A maior parte das veces este tipo de heroe morre de mala forma e con el moitos mais (Edipo, Teseo, Eneas, Hércules, etc) a pesares diso nas películas de Hollywood non o poñen ou só fan aparecer a heroes que rematan ben, coma Ulises.
  • Heroe mesopotámico: persoas que arrostran grandes perigos co fin de cumplir o seu obexctivo (Gilgamesh, Marduk, Utnapishtim). Algúns conségueno e a maioría só consegue unha parte e ramatan en casa onde morren tras moitos anos de paz burguesa.
  • Heroe fenicio: como Melkart, ó que os gregos lle copiaron as aventuras pra facelo pasar por grego e crearon a Hércules.
  • Heroe indio: como Indra, que pon orde no caos e crea o cosmos.
  • Heroe celta: o nacemento e as fazañas que van acometer están preditas, e aínda así o teñen e seu nacemento supón a morte ou desgracia pra algún parente (avó, pai, nai). Súa nai deberá pasar por probas antes de poder parir, asi que o nacemento está rodeado de misterios e incluso a veces é retardado agardando o momento favorable máxico, e cando nace algún tenta matalo. Así mentres medra fai cousas extraordinarias, recibe un nome difícil ou élle outorado en circunstancias particulares. Manexando as armas e cando se lle pon nome e súa iniciación é levada a cabo por mulleres, druidesas, meigas, guereiras, deusas, coas que remata tendo sexo. Posteriormente combate ocntra un monstro tricéfalo ou tres seres malvados.

Os combates do heroe celta son del só contra todos, as axudas serán en forma de agasalllos e cando logran súa meta o heroe recibea gloria. Rexenérase ou marcha ao alén, ás Illas do Oeste, á terra dos benaventurados e morrerñá dun xeito extraordinario ou fique durmido agardando tempos en que seu pobo estea en perigo (Rei Artur, William Wallace, Robert Bruce, Lugh, Cormac mac Airt, Cúchulainn, Ossian, Mael Duin, Peredur, Kinan Meyryadawc, Ogier, Urien de Rheged, Owein, Tristán, Conan Meriadec,Enori, Guignier, Tegau Euvron, Breogán, Zás, Vercinxetórix, Veleda, Eponina, Erec, Cliges, Lancelot, Yvain, Galaad, Amadís de Gaula).

  • Heroes contemporáneos: aquí a cousa ponse mais tensa, porque a opinión pública está dividida en canto a opinións sobre eles, mentres unha parte os ve coma asasinos ou ditadores outros veos como heroes (tal é o caso de Osama Bin Laden, considerado pola maioría da xente coma un terrorista e por unha minoría planetaria coma un heroe, xa que era rico e pudio ficar a quedar de pijo pero preferiu meterse na guerra e andar arrastrándose por ahí, din seus fans). Así entre eles temos a:
    • Heroes de carne e óso:
      • Espartaco: heroe antiromano, libertador de escravos.
      • Atila: pros occidentais é un vilán, mais pros tártaros, mongois e trucomanos é un heroe.
      • O Cid: heroe de Castela por ser moi profesional no campo de batalla.
      • Xoana de Arco: abertzale gabacha, foi asasinada pola Inquisición católica e logo elevada a santa pola Igrexa católica (WTF?).
      • Gustav Vasa: independizou Suecia de Dinamarca, porque xa estaba farto de ser confundido cun lordomani.
      • José de San Martín: nacionalista periférico español que independizou o Perú de Madrid.
      • Davy Crokett: abertzale texano que loitou contra o México imperialista que os querían conquistar.
      • Mohandas Gandhi: nacionalista indio heroe da independencia.
      • Lenin: o heroe da clase obreira.
      • Nelson Mandela: heroe pra todo o mundo...excepto pros que o encarcelaron unhas cantas décadas.
      • Dalai Lama: un heroe nacional pra algúns tibetanos e un ditador teocrático pra outros tibetanos e os chineses.
    • Heroes ficticios:
      • Gilgamesh: o primeiro heroe dos humanos.
      • Aquiles: que andivo masacrando troianos na guerra de troia por mandato de Homero Simpson.
      • Beowulf: heroe da idade de ferro europea, que andaa espadazos entre os megalitos abandoados.
      • Coronero de Caeliobriga: heroe galaico da sacra Desgalipedia.
      • Zas_(heroe): un heroe da Galicia castrexa en Xurenzás, (Boborás).
      • Ponthus: cabaleiro suevo.
      • Amadís de Gaula
      • Esfandiar: heroe persa.
      • Xesús de Nazareth.
      • Kintaro: heroe nipón, seica inventou o hentai.
      • Sigfrido: heroe alemán.
      • Robin Hood: heroe inglés que redistribuía a riqueza.
      • Guillerme Tell: heroe suizo, inventor do chocolate Milka.
      • Ilya Mulomets: heroe eslavo.
      • Stenka Razin: heroe popular ruso.
      • Son Goku.
      • Superman: un extraterrestre que fai inmigración ilegale ao final remata sendo estdaounidense, ata que no ano 2012 dixo que xa non quería ser ianqui.
      • James Bond: heroe inglés que espía e mata con glamour incrible.
      • Thor: un deus desvirtuado pola industria do entretemnto nun superheroe WASP sen nada de divindade.
      • Homearaña: ao igual que Hulk trátase dun inocente que sofre un accidente e se transforma nalguén con superpoderes e os usa pra loitar contra o mal.

Heroes galegos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Heroe.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Estereotipos fundamentais
Fat man.jpg
Afroamericanos | Norteamericanos | Armenios | Australianos | Beatniks | Bronies | Negros | Louras | Preas | Canadenses | Cristiáns | Comunistas | Elfos | Emos | Persoas moi feos | Fascistas | Feministas | Xitanos | Estranxeiros | Franceses | Frísios | Gays | Alemáns | Pantasmas | Gnomos | Heroes | hindús | Hippies | Hipsters | Hispánicos | Idiotas | Indios | Irlandeses | Italianos | [[Xaponés | Testemuñas de Xehová | Xudeus | Lesbianas | Homes | Metrosexual | Ananos | catedrais | Musulmáns | Nazis | Nerds | Neoiorquinos | Pagáns | Pervertidos | Piratas | Polacos | preggos | Pobres | Políticos | Campónios | Ricos | Romenos | Rusos | Satanistas | Escoceses | Adolescentes | Terroristas | Ladróns | Transexuais | Trolls | Tourettes | Trekkies | Vexetarianos | Wiccanos | Wiggers | Wookiees | Mulleres | Sionistas | Zombie